Calendario
Info da proba

Boimorto

03/09/2016 20:30
Regulamento X Canicross Popular de Boimorto (e Carreira)

Hora: 20:30
Distancia: 3.000 metros aproximadamente
Lugar: Boimorto
Organiza: Concello de Boimorto

REGULAMENTO DA PROBA DE CANICROSS
“Concello de Boimorto”

* PRESENTACIÓN
O Canicross é unha modalidade deportiva do Mushing que é un deporte que depende da Federación de Deportes de Inverno. Consiste en correr cun can atado á cintura mediante unha liña de amarre que une o arnés de tiro do can ó cinto de tiro do corredor.
O entorno é privilexiado pola diversidade de paisaxes: regatos, carballeiras,… ademais do interés etnográfico que presenta o percorrido.

* REGULAMENTO
A proba rexerase polo Regulamento de Canicross da FGDI, publicada en www.fgdi.es . Será responsabilidade do corredor coñecelo e a inscrición na proba implica a aceptación do mesmo.
Poderán participar corredores federados ou non pola FGDI, habendo unha soa clasificación conxunta.
Os aspectos máis importantes para poder participar son:
Tódolos cans cumprirán obrigatoriamente:
Ter 12 meses como mínimo e 10 anos como máximo.
Pasar o Control Veterinario.
Ter Cartilla de Vacinación ó día selada por Veterinario colexiado.
Ter o Microchip implantado.
Ter Póliza de R.C. que cubra a práctica deportiva e competición. Si non a teñen terán que contratala para ese día
Os cans que no estén en condicións de saúde adecuadas para a súa participación a criterio do veterinario da proba, non serán admitidos.
O corredor que participe con un can que non sexa da súa propiedade terá que presentar unha autorización por escrito do propietario ou que éste o autorice en persoa.
Unha vez iniciada a proba, non poderá cambiarse ningún can.
 Os participantes irán equipados obrigatoriamente co seguinte material:
o O can levará arnés de tiro sen ningún elemento de ningún material.
o Corredor e can irán unidos por unha línea de tiro con amortiguador que non será inferior a 2m nin superior os 2’5m en extensión e recoméndase non levar ningún elemento de ningún material para unirse ó arnés de tiro do can.
o O corredor levará un cinto de 7 cm de ancho como mínimo onde enganchar a línea de tiro mediante un sistema de apertura rápida.
Se non se dispón do material: É responsabilidade do corredor ter o material para ese día.
Se non se dispón da Póliza de R.C.: Pódese contratar unha póliza contactando co organizador.

O día da proba será obrigatorio presentar a Cartilla de Vacinación e o xustificante da compañía aseguradora da Póliza de R.C. do can.

A inscrición finaliza o Xoves 1 de Setembro de 2016 ás 23:59 horas

* CATEGORÍAS (homes e mulleres)

Cadete: 12-13 anos Xuvenil: 14-17 anos Senior: 18-39 anos
Master 40: 40-49 anos Master 50: 50 anos ou máis



* HORARIO
19:30 Entrega Dorsais e Control Veterinario.
20:00 Reunión Informativa (obrigatoria para todo participante).
20:30 X Canicross Boimorto.
21:15 Entrega de Trofeos.

* NORMAS DA CARREIRA
 Os corredor correrá sempre por detrás do can permitíndose como máximo facelo á altura das patas traseiras.
 AMONESTACIÓN: Non implica penalización de tempo:
- Non correr por detrás do can a 1ª vez.
- Non levar o dorsal visible, tomala salida sen dorsal o perdelo en carreira. A amonestación é independente das consecuencias organizativas de non ver o dorsal, non estando obrigada a organización a tomar o crono dun deportista sen dorsal se non ten forma de identificalo.
- Non facilitar ou dificultar un adiantamento.
- Pouco control do deportista sobre o seu can na saída.
- Non asistir á reunión informativa previa á carreira.
- Non pasar o control do parque cerrado cando exista.
- Levar o can solto no lugar de concentración, antes ou despois da carreira.
- Non levar a línea de tiro recollida na saída os metros que indique o organizador.
- Axudar a un equipo marcándolle o paso.
- 14.2.10 Outros supostos que considere o Delegado Técnico, e se anunciaran na reunión informativa.
- 14.2.11 darase 1 AVISO por unha infracción da normativa de carreiras sempre que:
- Esto non lle dé ninguna vantaxe ou non cause perxuizo os outros participantes, ou
- Non se considere un perxuizo para o deporte, a proba ou outro competidor, ou
- Non teña consecuencias para ningún participante e sexa a primeira vez.
 PENALIZACIÓN: Penalizarase engadindo 60 segundos ó tempo do corredor:
- Non correr por detrás do can a 2ª vez ou a 1ª se é en directo perxuizo doutro participante.
- Empuxar o can desde atrás ou tirar del, a 1ª vez.
- Recibir 2 avisos por infraccións que non sexan directamente sancionables con penalización ou descalificación.
- Outros supostos que considere o Delegado Técnico, e se anunciarán na reunión informativa.
 DESCUALIFICACIÓN:
- Non correr por detrás do can, a 3ª vez.
- Empuxar o can desde atrás ou tirar de el, a 2ª vez.
- Maltratar o can, propio ou alleo, ou agredir a outro deportista ou membro da organización.
- Manifesta agresividade do can ou falta grave de control sobre o can que poña en perigo a outros equipos, público ou organizadores.
- Non finalizar o percorrido, facelo sen pasar por todos os puntos de control ou acortando camiño saíndo fóra do circuito señalizado.
- Recibir axuda externa fóra dos espacios autorizados.
- Ensuciar ou degradar o itinerario.
- Danar intencionadamente equipos ou material da organización.
- Non prestar auxilio a outro equipo en caso de accidente de este.
- Deixar ir, soltar ou perder o can durante a carreira, aínda que se recupere con posterioridade.
- Non pasar ou non superar o control veterinario ou de material.
- Non cumprir os requisitos de inscrición que se establezan (Licencias, Seguro de Responsabilidad Civil do can, Seguro Accidentes Deportivo do deportista, vacunas específicas, prezo de inscrición…).
- Negarse o deportista a dar mostras para pasar un test de dopaxe ou presentar mostras doutras persoas ou doutros cans diferentes dos escollidos para pasar o test de dopaxe.
- Cando un veterinario diagnostica unha enfermidade contaxiosa a un can.
- Aceptar ser transportado nun vehículo, agás no caso de ter perdido o can.
- Recibir 3 avisos por infracciones que non sexan directamente sancionables coa descualificación.
- Se o deportista, intencionadamente ou por neglixencia, infrinxe a normativa das carreiras e esto dalle vantaxe ou causa inconvintes aos seus contrincantes.
- Calqueira outro suposto contemplado na normativa de carreiras da IFSS.

* PERCORRIDO
A proba seguirá un percorrido de aproximadamente 3100m sinalizados.


* TROFEOS
Haberá Trofeo para os 3 primeiros/as de cada categoría constituída, entendéndose por categoría constiuída aquela na que hai mínimo de 4 participantes. Daráselle trofeo ós tres primeiros da xeral, pero os premios non serán acumulativos.


* INSCRICIÓN E CONTROL VETERINARIO

As Inscricións e o Formulario de Control Veterinario estarán na web www.championchipnorte.com O Formulario unha vez cuberto deberase remitir á conta de correo: carreiradeboimorto@hotmail.com. O prezo da inscrición será de 5 €uros para os propietarios do chip amarelo e 6 €uros para os non propietarios.
A organización fará entrega dun agasallo conmemorativo a todo aquel que remate a proba.
Nota: aqueles corredores que corran o