Calendario
Info da proba

Meaño - Rías Baixas

24/07/2016 10:00 - 12:30
Regulamento I Carreira Popular "Ruta do Viño Rías Baixas"

Saída / chegada: Praza da Feira, Meaño.
Día: Domingo 24 de xullo de 2016.
Hora: 10:00 da mañá.
Distancia: 8 km.
Organiza: Asociación Ruta do Viño Rías Baixas
Custe: 3 € (circuíto 8K) resto de categorías gratis.
Inscrición: www.carreraspopulares.com
Prazo: ata as 23:59 do 21 de xullo de 2016.

/ Máis información da Carreira Ruta do Viño de Meaño neste tema do foro

REGULAMENTO I CARREIRA POPULAR “RUTA DO VIÑO RIAS BAIXAS”

Art. 1. A CARREIRA.
A Asociación Ruta do Viño Rías Baixas, en colaboración co Concello de Meaño, organiza a primeira edición da Carreira Popular “Ruta do Viño Rías Baixas”. A proba celebrarase o día 24 de xullo de 2016 a partir das 10:00h sobre un percorrido de 8 quilómetros para os participantes absolutos (maiores de 18 anos) e sobre distancias de entre 0,9 e 2,7 quilómetros para categorías menores.

Art. 2. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN.
Poderán participar tódalas persoas que o desexen, estean federadas ou non, sen distinción de sexo o nacionalidade. Establécese un cota de 300 corredores para a carreira absoluta e de 150 para as carreiras de menores. O prezo de inscrición será de 3 € para a carreira absoluta e gratuíto para tódalas carreiras de menores, realizarase a través da plataforma www.carreraspopulares.com/ticketrun ata as 23:59h do xoves 21 de xullo de 2016.
Excepcionalmente poderase realizar a inscrición nas oficinas da Ruta do Viño Rías Baixas, situadas en Cambados, para aqueles que precisen acceso a internet ou atopen algunha dificultade no proceso de inscrición.

O dorsal deberá recollerse na Praza do Concello de Meaño entre as 8:30 e as 9:30 do domingo 24 de xullo, día da competición. Debido a que o dorsal e o chip son persoais e intransferibles, deberán ser recollidos por aquela persoa que vaia a disputar a proba.
Os participantes comprométense a:
-Aceptar estritamente tódolos artigos do presente regulamento.
-Aceptar as posibles modificacións da proba ás que a organización se vexa obrigada por causas alleas a súa vontade.

A inscrición da carreira é persoal e intransferible. Non se admitirán devolucións, baixo ningunhacausa, do importe da inscrición.

A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido o compromiso que a continuaciónse expón: "Manifesto que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidera derivarse, tal como perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias e o perigo de lesión, á organización, patrocinadores, empregados e demais organizadores".

A organización reservase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións do evento que quedan expostos no presente regulamento. En caso de dubida ou de xurdir algunha situación non contemplada no mesmo, estarase ó que dispoña a organización.

O servizo médico da competición e os xuíces árbitros están facultados para retirar da carreira:
- A calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
- A todo atleta que non realice o percorrido completo.
- A todo atleta que non teña dorsal ou non o leve visible, dobre ou o manipule.
- A todo atleta que manifeste un comportamento no deportivo ou se reitere en protestas ante a Organización, ó marxe do estipulado no apartado de reclamacións.

Art. 3. PERCORRIDO.
CIRCUITO DE 8K.
O circuíto de 8km discorre por un percorrido que destaca pola singularidade dos seus viñedos, fincas e casas no Concello de Meaño. Principalmente o chan será asfalto (95%), aínda que atravesaremos camiños de terra (5%). A saída está situada na Rúa Campo da Feria á altura da casa do Concello para xirar inmediatamente á esquerda pola Rúa do Salnés, subindo dirección norte ata a Cuvela e a súa prolongación San Amaro ata o túnel que pasa por baixo da autovía (AG-41). Xirase á dereita e continúase, na curva á esquerda, ata a Bodega Paco & Lola para despois entrar na PO-303 xirando á esquerda para entrar na Bodega Valdamor camiño a O Castro, que se toma á esquerda. Logo continúase por Ganón e xiramos á esquerda dirección a Bodegas Pablo Padín, baixamos por Lugar de Ameiró ata a carreteira que linda co bosque, onde xiramos á dereita deixándoo a nosa esquerda e bordeándoo ata un sendeiro que se toma á esquerda antes de Morouzos. Unavez recuperase o asfalto báixase dirección Bodegas Attis e continúase á autovía, xirando á dereita, ata chegar á ponte que a cruza por Morouzos. Pasada a ponte xirase á dereita por Paradela ata o primeiro camiño á esquerda que continúa entre viñedos ata volver a coller Paradela, continuando por A Canle e a recta de meta na Rúa Desiderio Dóvalo e prolongación na Rúa Campo da Feira.
CIRCUITO DE 900m (Carreiras de menores).
Círculo formado por Rúa Campo da Feira, As Covas, A Canle e Rúa Desiderio Dóvalo (xírase sempre a dereitas ou en sentido das agullas o reloxo).

Art. 4. PREMIOS, CATEGORÍAS E HORARIOS.
Tódolos corredores inscritos na carreira absoluta serán obsequiados cunha botella de viño dunha adega socia da Ruta do Viño Rías Baixas. Os menores recibirán un regalo conmemorativo. Os/as tres primeiros/as clasificados de cada categoría recibirán unha medalla que deberán recoller cando sexan chamados ó podio.

Ás 10:00 dará comezo a carreira de 8 quilómetros para tódolos participantes maiores de idade. Estarán englobados nunha única categoría, Categoría Absoluta (maiores de 18 anos a 24 de xullo de 2016) masculina e feminina.

A partir das 11:00 daremos comezo ás categorías menores, con catro categorías diferenciadas:
Categoría A (cumpren 15, 16 ou 17 anos no 2016, máis os que cumpren 18 a partir do 24 de xullo) masculino e feminino, 2.700m (3 voltas)
Categoría B (cumpren 12, 13 ou 14 anos no 2016) masculino e feminino, 1.800m (2 voltas)
Categoría C (cumpren 9, 10 ou 11 anos no 2016) masculino e feminino, 1.800m (2 voltas)
Categoría D (cumpren 6, 7 ou 8 anos no 2016) masculino e feminino, 900m (1 volta)
Chupetines (cumpren 5 anos ou menos no 2016), sen carácter competitivo e con regalo especial para tódolos participantes. Os pais ou acompañantes poderán axudar ós máis pequenos.

A organización poderá solicitar documentación, onde conste a data de nacemento dos participantes. A non aportación da mesma, poderá ser motivo de descalificación.

Art. 5. CONTROL DA CARREIRA.
O tempo de carreira só será rexistrado se o participante leva posto correctamente o dorsal-chip. O chip irá adherido na parte traseira do dorsal, que deberá poñerse no peito e NON noutro lugar (por exemplo, ás costas). Tampouco se debe desprender o chip do dorsal.

O percorrido estará sinalizado por diferentes ítems e a seguridade estará cuberta por voluntarios da organización, Protección Civil e Policía Municipal. Todos eles irán identificados por chalecos reflectores, ou por os seus propios uniformes, e deberás atender as súas indicacións en caso de ser requirido por motivos de seguridade.

Art. 6. SEGUROS.
A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes de esta carreira antes, durante e despois da proba. Si ben durante o transcurso do evento estará dispoñible unha ambulancia medicalizada, e tódolos participantes estarán cubertos por unha póliza de responsabilidade civil e outra de accidentes.

Art. 7. CARÁCTER POPULAR.
Dado o carácter eminentemente popular e festivo da proba, a organización espera de tódolos participantes o seu mellor espírito deportivo.

Art. 8. CESIÓN DE DATOS PERSOAIS E IMAXE.
Tódolos participantes, polo feito de formalizar a inscrición aceptan o presente Regulamento e dan o seu consentimento para que a Asociación Ruta Do Viño Rías Baixas por sí mesma ou mediante terceiras entidades, traten informaticamente e con finalidade exclusivamente deportiva, promocional ou comercial, os seus datos de carácter persoal, así como a súa imaxe dentro da proba mediante fotografías, vídeos, etc.

De acordo co que establece a Lei orgánica 15/1999 do 13 de decembro, da protección de datos de carácter persoal, o participante poderá exercer o seu dereito de acceso a estes ficheiros co obxecto de rectificar ou cancelar de forma parcial ou total o seu contido. Para exercitar este dereito deberá solicitalo por correo electrónico a info@rutadelvinoriasbaixas.com

Art. 9. DISPOSICIÓN FINAL.
O descoñecemento de este regulamento, non exime do seu cumprimento.