Calendario
Info da proba

Teo

24/04/2016 10:00 - 13:00
Regulamento Carreira Pedestre
BATALLA DE CACHEIRAS 2016


Data: domingo 24 de abril
Lugar: Alto de montouto (punto geodésico)
Inscrición: INSCRIPCIÓNS ADULTOS e ESCOLARES
PRAZO: O MÉRCORES 20 DE ABRIL ÁS 23.59
AUTOBUSES PROBA ABSOLUTA: !!!

------------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Concellaría de Deportes do Concello de Teo organiza o domingo 24 de abril de
2016 a partir das 10:45 horas a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2016 - Concello
de Teo.
A edición 2016 recupera a tradición de conmemorar os acontecementos sucedidos o 23
de abril de 1846, xa que na súa proba absoluta discorrerá polos camiños por onde as
tropas do xeneral de La Concha avanzaron para enfrontarse ó exercito sublevado
liderado polo xeneral Solís. Camiños cheos de historia, de cultura, de paisaxe e
arquitectura popular que atravesan as parroquias de Bamonde, Oza e Cacheiras no
Concello de Teo. Unha ruta lineal que comeza ó pé da reitoral de Bamonde e remata
no cumio de Montouto.
As probas estarán baixo control técnico da Federación Galega de Atletismo e seguirán o
seguinte:

REGULAMENTO

1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación
conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación
Galega de Atletismo.

2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
PITUFOS: atletas nadas/os nos anos 2011 e posteriores
PREBENXAMÍN: atletas nadas/os nos anos 2009 e 2010
BENXAMÍN: atletas nadas/os nos anos 2007 e 2008
ALEVÍN: atletas nadas/os nos anos 2005 e 2006
INFANTIL: atletas nadas/os nos anos 2003 e 2004
CADETE: atletas nadas/os nos anos 2001 e 2002
XUVENIL: atletas nadas/os entre 1999 e 2000
JÚNIOR/PROMESA: atletas nadas/os entre 1994 e 1998
SÉNIOR: atletas nadas/os en 1993 e ata veteranos
VETERANA/O A: atletas nadas/os entre 1971 e 1981
VETERANA/O B: atletas nadas/os entre 1961 e 1970
VETERANA/O C: atletas nadas/os en 1960 e anteriores


3. DISTANCIAS E HORARIOS:
A saída da proba ABSOLUTA será desde Bamonde e terá a meta no miradoiro de
Montouto (punto xeodésico). Todas as probas escolares levaranse a cabo no lugar de meta
da proba absoluta (alto de Montouto).
O horario e distancias das probas serán os seguintes:

HORA CATEGORÍA DISTANCIA

10.45 h JÚNIOR/PROMESA/
SÉNIOR e VETERANO
9 km aprox.
12.15 h PITUFOS 150 m aprox.
12.20 h PREBENXAMÍN 430 m aprox. (1 volta P)
12.35 h BENXAMÍN 860 m aprox. (2 voltas P)
12.50 h ALEVÍN 860 m aprox. (2 voltas P)
13:15 h INFANTIL – CADETE – XUVENIL 1620 m aprox. (1 volta P + 1 volta G)
13.30 h ENTREGA DE PREMIOS

4. INSCRICIÓNS
 ADULTOS: (júnior/promesa, sénior e veteranos) ata o mércores 20 de abril ás
23:59 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición). Deberán
encher os campos no formulario da inscrición da proba.
Todos as persoas participantes que disputen a proba absoluta deberán
correr cun CHIP colocado na súa zapatilla, o cal deberán entregar unha vez
crucen a liña de meta.
 ESCOLARES (de pitufo a xuvenil) ata o mércores 20 de abril ás 23:59 horas
no formulario de inscrición en liña presente na web www.emesports.es.
RECOMÉNDASE A TODAS AS PERSOAS INSCRITAS QUE COMPROBEN A
LISTAXE DE PARTICIPANTES EN www.emesports.es ANTES DE QUE REMATE O
PRAZO DE INSCRIPCIÓN.
Todos/as aqueles/as participantes que non saian nas listaxes da páxina web non
poderán participar o día da carreira.
Os dorsais recolleranse a partir das 9.00 horas e ata ás 10.00 horas no alto de
Montouto (punto xeodésico) para a categoría de adultos. Para o resto de categorías
(escolares) establecerase un límite de 30 minutos antes de cada proba programada
no horario de competición.
Os atletas adultos serán trasladados en autobús ata o punto de saída. Os
autobuses comezarán o traslado de atletas ás 09.15 horas.
Non se aceptarán as inscricións fóra de prazo, con datos incompletos ou sen todos os
datos obrigatorios. As inscricións de escolares deberán facer constar os seguintes datos
na inscrición: nome e apelidos, data de nacemento completa, localidade de
procedencia, club ou centro escolar e número de licenza federativa ou seguro
escolar (se o ten), teléfono de contacto ou correo electrónico.
> O prezo da inscrición (a proba absoluta estará controlada a través dun chip)
será o seguinte:
- CATEGORÍAS ESCOLARES (de pitufo a xuvenil): GRATUÍTA
- CATEGORÍA ADULTOS (de júnior/promesa a veteranos): 5,00 €
A pre-inscrición non se completará se non se fai o pago no momento de inscribirse
na web www.emesports.es.
Para calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó
teléfono: 981 815 700 (Departamento de Deportes).
O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATARÁ O MÉRCORES 20 DE ABRIL ÁS 23.59
HORAS. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN
O DÍA DA PROBA.
Para optar ó premio ó mellor club federado da proba absoluta deberán anotarse os atletas
individualmente na web www.emesports.es e remitir un correo á dirección
FGAsantiago@gmail.com indicando os datos do club e a listaxe de atletas inscritos.
Para o premio ó centro escolar que achegue máis participantes ás probas, deberán realizar
a inscrición do mesmo xeito, inscribindo os atletas individualmente na web
www.emesports.es e remitindo un correo electrónico á dirección indicada
(FGAsantiago@gmail.com).

5. PREMIOS E AGASALLOS
Haberá premios para:
› Os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas (en mulleres e homes).
› As 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (JÚNIOR/
PROMESA, SÉNIOR e VETERANOS/AS A/B/C).
› O/A participante máis novo/a e o/a máis veterano/a que logre concluír a proba
polos seus propios medios e sen axudas externas.
› O primeiro equipo federado clasificado na clasificación final.
› O centro escolar que achegue máis participantes que logren concluír a proba.
› O/A primeiro/a clasificado/a empadroado/a Teo en cada categoría (deberán indicar
a localidade na inscrición).
› Agasallos para todos os participantes.
› Bebida para todos os participantes.
Os premios non serán acumulativos, excepto os premios ás e ós atletas locais.
A clasificación por clubs da proba absoluta será establecida a través dos 6 primeiros
corredores en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que
menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 6º
compoñente (imprescindible facer a inscrición como club).

6. Todo atleta que entre na liña de meta sen o seu dorsal ou sen que estea debidamente
colocado na zona do peito e en toda a súa extensión será automaticamente
descualificado.

7. As reclamacións sobre os resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz
árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación destes.
Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co Regulamento
da RFEA e FGA en vigor para probas en ruta.

8. Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no Polideportivo Municipal dos Tilos
(a 500 metros da zona de meta).
Mais información nas webs:
› www.concellodeteo.com
› www.fgatletismo.es/santiago
› www.atletismogalego.org
› www.emesports.es
› www.correrengalicia.org

PLANO DA PROBA ABSOLUTA A CONTINUACIÓN
TRACK DA RUTA : http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=12925492