Calendario
Info da proba

Portomarín

27/03/2016 11:00
Regulamento II Carreira popular "Festa da auga ardente" de Portomarín

Data: 27 de Marzo.
Hora: Escolares: 11:00h, Absoluta: 12:30h.
Lugar: Inmediaci'ons da Praza Condes dePortomarín, Lugo.
Distancia: Dende 100m ata 7,8km.
Organiza: Concello de Portomarín.
Inscrición: en ChampionChipNorte.

Foro da carreira.


II CARREIRA POPULAR FESTA DA AUGARDENTE DE PORTOMARÍN
“a carón do río”
Ven á II Carreira Popular de Portomarín e goza dun percorrido
único, a beleza da nosa vila, a igrexa de San Xoan (igrexa-fortaleza
do século XII), a igrexa de San Pedro tamén do século XII e unhas
fermosas paisaxes a carón do río Miño. No corazón do Camiño
Francés, parada obrigada dos peregrinos a Compostela. E a todo esto
engadirlle a Festa da Augardente.
Para descubrilo achégate a correr por Portomarín o 27 de
marzo. Non faltes!
Data: domingo, 27 de marzo de 2016
- Hora:
- Categorías escolares: 11:00h
- Categoría absoluta: 12:30h
Lugar: Portomarín, Lugo
Distancia: dende 100 a 7,800 m (distancia aproximada).
Organiza: Concello de Portomarín.
REGULAMENTO DA PROBA:
- Poderán participar na proba todos aqueles que o desexen.
- A saida e a meta estará situada nas inmediacións da Praza Condes
fenosa, a carón da igrexa.
- Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o
uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará
a descalificación dos atletas acompañados.
- O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a
corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel, en ningún
caso se permitirá correr sen dorsal.
- Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de
cronometraxe subministrado pola organización excepto para os
propietarios do chip amarelo que poden utilizar o seu.
- Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación
tanto do seu nome coma da súa imaxe nas clasificacións da proba,
nos medios de comunicación e na internet.
- A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos
danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas
ocasionen os participantes nas carreiras.
- A organización disporá dos seguros pertinentes segundo a normativa
vixente
- A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre
calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste
regulamento.
- Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán
reclamacións.
- O percorrido estará sinalado cada quilómetro.
- A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
Cabreiroá agasalla a cada atleta cunha camiseta, polo que na
inscripción debe facerse constar a talla, garántese a talla @s
inscritos antes do venres 18 de marzo.
CARREIRAS CATEGORÍAS DE MENORES
Disputaranse a partires das 11:00 da mañá nos arredores da
Praza Condes Fenosa de Portomarín.
Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas)
coas distancias (aproximadas) correspondentes:
Categoría Chupete: nad@s en 2011 e posteriores – 100 metros
Categoría A: nad@s entre 2010 e 2008– 500 metros
Categoría B: nad@s entre 2007 e 2005 – 800 metros
Categoría C: nad@s entre 2000 e 2004 - 1.500 metros
CARREIRA ABSOLUTA
Disputarase a partires das 12:30 da mañá con saída da Praza
Condes Fenosa de Portomarín e un percorrido de 7,8 quilómetros
(aproximadamente).
Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas):
Categoría D: nad@s entre 1999 e 1991.
Categoría E: nad@s entre 1990 e 1981.
Categoría F: nad@s entre 1980 e 1971.
Categoría G: nad@s entre 1970 e 1961.
Categoría H: nad@s entre 1960 e anteriores.
INSCRICIÓNS:
- CATEGORÍAS DE MENORES:
Inscrición gratuita on-line na páxina: www.championchipnorte.com
Tamén se poden realizar por correo electrónico enviando os datos ó
enderezo infoportomarin@concellodeportomarin.es, ou de xeito
presencial na casa do Concello de Portomarín ou no número de
teléfono 982545070.
O prazo de inscrición remata o martes 22 de marzo ás 24:00
horas.
Para poder inscribirse serán obrigatorios os seguintes datos:
- Nome
- Apelidos
- Data de nacemento
- Sexo
- Clube (se pertence a algún)
- Localidade
- Teléfono de contacto
- Enderezo electrónico de contacto
A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non
cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo
participar na proba.
- CATEGORÍA ABSOLUTA:
Inscricións on-line na páxina: www.championchipnorte.com
Inscripción 2€ @s atletas que posean o chip amarelo, dos que
1€ que será doado a una entidade benéfica.
Os atletas que non posean o chip amarelo deben aboar 3€ en
concepto de alquiler do chip no momento de inscribirse na web.
O prazo de inscrición remata o martes 22 de marzo ás 24:00
horas.
A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen
non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non
deixalo participar na proba.
PERCORRIDO
A saída e a meta estarán na Avenida de Lugo (ó carón da Praza
Condes de Fenosa ) e discurrirá por varias rúas da vila, para logo
dirixirnos ó Monte do Cristo, cun percorrido por camiños de terra
entre pinos e a carón do río Miño, iste ano co recorrido en sentido
contrario o do ano pasado. Voltamos a vila e acadaremos a meta
despois dun percorrido ó redor de 7,8 quilómetros.
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da
proba (27 de marzo) nos soportáis da Casa do Concello a partir das
10:00 horas.
PREMIOS
- CATEGORÍAS DE MENORES: Tódolos participantes recibirán
unha medalla conmemorativa. Haberá agasallos para os tres
primeiros atletas (masculinos e femininos) de cada categoría.
- CATEGORÍA ABSOLUTA: Tódolos participantes recibirán un
agasallo e os 3 primeiros atletas (masculinos e femininos) da
clasificación absoluta levarán:
1º/1ª Clasificad@: cesta de productos típicos da comarca.
2º/2ª Clasificad@: lote de productos típicos da comarca.
3º/3ª Clasificad@: lote de productos típicos da comarca.
Tamén, haberá agasallos para os 3 primeir@s clasificados de cada
categoría e premios especiales para o primeir@ corredor@ local.
Considerase como local @ atleta empadroad@ en Portomarín.
Avituallamento no medio do percorrido e o final da proba para
tod@s @s atletas .
Haberá unha zona habilitada pola organización para degustación
de balde de produtos da zona ó rematar a entrega de premios, no
pavillón de deportes na Praza Condes Fenosa.
PREMIO ESPECIAL o equipo con maior número inscritos na
carreira.
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
- Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos
corredores as duchas do albergue municipal e do pavillón.
- Guardarroupa: Os atletas que queiran poderán dispor de servizo
de guardarroupa no pavillón.
- Aparcadoiros: disporase dunha zona de estacionamento ubicada
na esplanada do campo de fúbol .
- Albergue : disporase de albergue gratuito para os atletas e
familiares que desexen vir o sábado (aforo máximo en literas 85
prazas) , debe comunicarse chamando o teléfono do Concello
antes do día 24 de marzo.
INFORMACIÓN E RESULTADOS
Os resultados da carreira popular estarán dispoñibles na páxina
web oficial da proba www.championchipnorte.com