Calendario
Info da proba

Pascua Padrón

26/03/2016 10:45 - 14:30
Regulamento XXXVII CARREIRA POPULAR PASCUA DE PADRON
A Concellería de Deportes de Padrón organiza o sábado 26 de marzo de 2016 a partir das 10:45 horas, a XXXVII edición da súa Carreira de Pascua que se disputará na proba absoluta sobre unha distancia de 13,3 km. As probas levaranse a cabo na localidade de Padrón e estarán baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago) . As probas estarán suxeitas o seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

2. CATEGORIAS DE PARTICIPACION:
PITUFOS: atletas nados no 2012 e posteriores*
PREBENXAMÍN: atletas nados nos anos 2009, 2010 e 2011*
BENXAMÍN: atletas nados nos anos 2007 e 2008
ALEVÍN: atletas nados nos anos 2005 e 2006
INFANTIL: atletas nados nos anos 2003 e 2004
CADETE: atletas nados nos anos 2001 e 2002
XUVENIL: atletas nados entre 1999 e 2000
JUNIOR/PROMESA atletas nados entre 1994 e 1998
SENIOR: atletas nados en 1993 e ata veteráns
VETERÁN A MASCULINO: atletas nados entre 1971 e 1981
VETERANA A FEMENINO: atletas nados entre 1971 e 1981
VETERÁN B MASCULINO: atletas nados entre 1961 e 1970
VETERANA B FEMENINO: atletas nadas en 1970 e anteriores
VETERÁN C MASCULINO: atletas nados en 1960 e anteriores
* As categorías Pitufo e Prebenxamín non son categorías federadas
3. DISTANCIAS E HORARIOS:
A SAÍDA DAS PROBAS ESTARÁ SITUADA NA PRAZA DE MACÍAS na localidade de Padrón. Os horarios das probas e distancias resúmense no seguinte cadro:
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10:45 h PITUFOS 100 m aprox.
11:00 h PREBENXAMÍN 450 m aprox.
11:07 h BENXAMÍN 700 m aprox.
11:15 h ALEVIN – INFANTIL 2000 m aprox.
11:30 h CADETE – XUVENIL 3500 m aprox.
12:00 h JUNIOR-PROMESA / SENIOR
e VETERÁN 13,3 km aprox.
13:15 h ENTREGA DE PREMIOS (PRAZA DE MACÍAS)


O percorrido da proba absoluta estará indicado, controlado e sinalizado cada kilómetro. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ao longo do percorrido.

4. INSCRICIONS
 ADULTOS: ata o mércores 23 de marzo ás 23:59 horas na web www.emesports.es (forma única de inscrición).
 PROBAS ESCOLARES (ata xuvenil incluido): ata o mércores 23 de marzo ás 22:00 horas na web www.emesports.es,
Información tamén nas webs www.carreirasgalegas.com, www.fgatletismo.es/santiago e www.atletismogalego.org.
Teléfono de información: 627 008 584 en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Non se aceptarán inscricións fora do prazo establecido, con datos incompletos ou sin todos os datos obrigatórios.
> O PREZO da inscrición (a proba absoluta estará controlada a través dun CHIP) será o seguinte:
- CATEGORÍAS ESCOLARES (de pitufo a xuvenil): GRATUITA
- CATEGORÍA ADULTOS (de junior/promesa a veteranos): 6,00 €
A pre-inscricion non se completará se non se fai o pago no momento de inscribirse na web
www.emesports.es. Calqueira dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono: 627 36 61 34. Calqueira dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse ó teléfono 627 008 584 en horario de 9 a 14 horas.

5. RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS
Realizarase o día da proba nunha carpa situada no PASEO DO ESPOLON a partir das 09.45 horas e ata media hora antes do inicio de cada proba.
CONTROL CON CHIP: A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba.
TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SUA PROBA. AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARÁN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO.
DESCUALIFICACIÓNS: Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona anterior do corpo ou que incumpra as normas establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será descalificado a criterio do Xuiz Árbitro da Competición.
TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS O XUÍZ ÁRBITRO DA COMPETICIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.

6. TROFEOS, PREMIOS e AGASALLOS
Entregarase un agasallo conmemorativo do evento a cada participante.
› PROBAS ESCOLARES:
- Trofeos aos 3 primeiros/as corredores/as de cada categoría establecida por idade e
sexo.
- Medallas ata fin de existencias.
› PROBA ABSOLUTA
- Trofeo aos 3 primeros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo.
- Trofeo aos tres primeiros equipos masculinos e femeninos clasificados na clasificación final.
› TROFEO ESPECIAL DE PASCUA aos 3 primeiros/as clasificados/as da proba absoluta.

› PREMIOS ESPECIAIS
- Trofeo ao 1º/1ª corredor/a local.
- TROFEO PARTICIPACION o colexio/clube con máis corredores inscritos que logren finalizar as probas.
- Trofeo Superveterán o corredor de maior idade que logre finalizar a proba.
- Trofeo Superveterana á corredora de maior idade que logre finalizar a proba.
- Trofeo Benxamín ( trofeo ao corredor/a de menor idade)
OS PREMIOS NON SERAN ACUMULATIVOS (agás os dos corredores/as locais).

PREMIOS EN METÁLICO A CLUBES
Categoría masculina
› 1º Equipo Clasificado: 200 €
› 2º Equipo Clasificado: 150 €
› 3º Equipo Clasificado: 100 €
Categoría feminina
› 1º Equipo Clasificado: 200 €
› 2º Equipo Clasificado: 150 €
3º Equipo Clasificado: 100 €

A clasificación por clubes na categoría masculina será establecida a través dos 10 primeiros corredores en cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 10º compoñente.

A clasificación por clubes na categoría feminina será establecida a través das 6 primeiras corredoras en cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique a súa 6ª compoñente.
Os clubes poderán ser masculinos ou femeninos, pero non poderán ser mixtos.


Os premios serán aboados a través de transferencia bancaria, para o cal os atletas e equipos gañadores terán que facilitar os datos bancarios e persoais (fotocopia do DNI) unha vez finalizada a carreira.
SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN METÁLICO, que terán que remitir o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente ó correo FGAsantiago@gmail.com no prazo de inscrición da proba absoluta. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo. Os atletas deberán estar previamente inscritos individualmente na web www.emesports.es.


ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios realizarase ó finalizar a derradeira proba (13:15 h aprox.) na Praza de Macías. Poderase solicitar o DNI se a organización o estima oportuno para a recollida dos premios.
En caso de mal tempo a entrega de premios realizarase no pavillón polideportivo do GRUPO ESCOLAR (Pavillón novo) informando deste feito con antelación.
TODOS OS ATLETAS SERÁN CONVIDADOS A CHOCOLATE
E CHURROS O FINALIZAR AS PROBAS

A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non exime do seu obrigado cumprimento. A organización reservase o dereiro a modificar o mesmo de cara a garantir o correcto desenvolvemento da proba
Haberá Servicio de Duchas nos Polideportivos do Souto (só para homes) e do Grupo Escolar (para homes e mulleres). O horario de apertura de ambos será de 11:00 h a 14:00 h.

Poderán consultar os resultados oficiais e toda a información relativa ás probas nas webs:
- www.emesports.es
- www.carreirasgalegas.com
- www.fgatletismo.es/santiago/
- www.atletismogalego.org
- www.correrengalicia.org