Calendario
Info da proba

Entroido - Vigo

07/02/2016 10:30
Regulamento
“II CARREIRA do ENTROIDO Concello de Vigo”


Data: domingo, 7 de febreiro de 2016.
Hora: a partir das 10:30 h.
Lugar: Praza Porta do Sol Vigo
Distancia: de 60 m a 10 km
Organiza: Concello de Vigo e Agrupación de Centros Deportivos e Culturais
Inscrición: finaliza o mércores 3 de febreiro ás 24:00 en https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/703/ii-carreira-do-entroido-concello-de-vigo

RECOLLIDA DORSAIS: Sábado 6 de 17:00 a 20:00 e Domingo 7 de 9:30 a 11:00


REGULAMENTO (Completo na web championchipnorte)

Art. 1: O Concello de Vigo organiza o 7 de febreiro de 2016, a “II Carreira do Entroido” con saída e chegada na Porta do Sol. Evento que, enmarcado dentro da programación do Entroido de Vigo, terá un carácter sobre todo festivo, polo que se anima a todo o mundo a vir disfrazado.

Art.2: Poderán participar na mesma, atletas federados e non federados; dándose unha clasificación conxunta dos mesmos.

Art. 3: DISTANCIAS e HORARIOS

SAÍDA CARREIRA ANOS/ IDADES DISTANCIA
10:30 Cadete 2001, 2002 2400 m aprox.
10:50 Infantil 2003 , 2004 1600 m aprox.
11:05 Alevín 2005 , 2006 600 m aprox.
11:15 Benxamín 2007, 2008 250 m aprox.
11:30 Pequerrechos 2009, 2010, 2011 , 2012 60 m aprox.
11:45 Absoluta 2000 e anteriores 5 km e 10 kms

Art. 4: PREMIOS

- Premio especial ó chegar a meta para todos aqueles que corran disfrazados.

- Na carreira de 10 kms premios en metálico para os 3 primeros clasificados absolutos en ambos sexos: 1º Clasificado/a 300 €, 2º Clasificado/a 200 €, 3º Clasificado/a 100 €. E trofeos para os tres primeiros de cada categoria.

- Na carrerira de 5 kms premio económico de 150 € ó mellor grupo/conxunto de máis de 5 persoas (que inscribíndose como tal) corran disfrazados. Para determinar cal de tódolos grupos é o mellor a organización disporá dun xurado a pé de rúa, que valorará a orixinalidade, sintonía do grupo e graza.

- Nas carreiras de menores premio ós 3 primeiros clasificados de cada categoría, excepto na categoría pecherrechos que levarán todos medalla.

Art. 6: INSCRICIÓNS

O prazo de inscrición remata o mércores 3 de febreiro ás 24:00 horas. Tódalas inscricións realizaranse a través da web championchipnorte.com
A inscrición en calquera das carreiras É GRATUÍTA.

Art. 7: RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS

Sábado 6 de 17:00 a 20:00 na Sede da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo Teléfono: 886 13 96 70 Rúa do Ecuador, 34 C.P. 36203 Vigo, Pontevedra

Domingo 7 de 9:30 a 11:00 nas inmediacións saída