Calendario
Info da proba

Arteixo

17/01/2016 11:00 - 12:00
Regulamento Arteixo - “Móllate polos Refuxiados Sirios”

Artigo 1. ORGANIZACIÓN

Persoal do Concello de Arteixo, co patrocinio do Concello de Arteixo, organiza o vindeiro 17 de xaneiro de 2016 a I Carreira – Andaina Solidaria “Móllate polos refuxiados sirios” en Arteixo.


Artigo 2. SAÍDA E CHEGADA

A saída única darase o domingo 17 de xaneiro ás 11.00 h na Avenida de Arsenio Iglesias de Arteixo. A proba disputarase sobre un percorrido de 5 Km aproximadamente na contorna do Paseo Fluvial e Val de Loureda, con saída e chegada no Pazo dos Deportes


Artigo 3. SEGUROS

Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil


Artigo 4. PREZO INCRICIÓNS, PRAZO E RETIRADA DE DORSAIS

O prezo da inscrición será de 4 €, que se donarán integramente á ONG Proactiva Open Arms. Ao tratarse dunha proba solidaria, haberá a opción dun donativo voluntario.

As inscricións e pagos realizaranse a través da plataforma online da web www.championchipnorte.com.

Data límite de inscrición: xoves 14 de xaneiro

Debido ao carácter benéfico da proba, habilitarase dorsal cero para atender os donativos que se realicen sen dereito á participación na proba, estando operativa ata uns días posteriores á celebración da proba.

Os dorsais poranse á disposición dos participantes na Piscina Municipal de Arteixo durante a víspera da proba en horario de 11.30 a 14.30 h e 17.00 a 20.00 h. Tamén se entregarán o mesmo día ata as 10.30 h. A organización poderá esixir o DNI e/ou xustificante de pago para a retirada de dorsais. A cronometraxe será manual.


Artigo 5. CATEGORÍAS, PREMIOS E DISTANCIAS

Establécese unha única categoría sobre unha distancia aproximada de 5 Km, podendo participar calquera persoa de calquera idade.

Entregarase un obsequio a todas as persoas inscritas e que rematen a proba ata fin de existencias, donado polo Concello de Arteixo. Dado o carácter solidario, a organización non asegura que todas as persoas participantes reciban dito obsequio.


Artigo 6. REQUISITOS

Poderá participar calquera persoa que o desexe sen importar condición, sexo ou nacionalidade e sen límite de idade, facendo constar coa inscrición que non padece ningunha enfermidade que lle incapacite para a práctica da actividade deportiva.


Artigo 7. LIMITACIÓNS

Toda persoa que participe sen estar inscrita ou sen amosar visible o dorsal no peito, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar do avituallamento nin obsequio. Así mesmo non estará amparada pola póliza de seguro contratada e quedará terminantemente prohibida a súa entrada en liña de meta.


Artigo 8. AVITUALLAMENTO

O percorrido estará sinalizado pola organización e haberá un único avituallamento á chegada en meta, constando unicamente de un botellín de auga


Artigo 9. SERVIZOS MÉDICOS

Os servizos sanitarios e ambulancias, coordinados polo equipo médico, estarán ubicados na zona de saída / meta e pechando a proba.


Artigo 10. VEHÍCULOS

Os únicos vehículos que poderán seguir a carreira, serán os autorizados pola organización e e estarán debidamente sinalizados.


Artigo 11. ACEPTACIÓN DE REGULAMENTO

Todos os participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan o presente regulamento e, en caso de surxir algunha dúbida, a organización terá a potestade de resolvela como crea conveniente.


Artigo 12. CONSIDERACIÓNS

Toda a recadación obtida cos dereitos de inscrición abonarase integramente á ONG Proactiva Open Arms. Trátase dunha ONG composta por socorristas que se dedican a rescatar ás persoas refuxiadas na illa de Lesbos na costa de Grecia. Son auténticos heroes que arriscan as súas vidas altruístamente lanzándose ao mar. Estas persoas decidiron empregar a súa experiencia como vixiantes da praia para sacar do mar con vida ás vítimas de conflitos. Pero para continuar coa súa labor, necesitan apoios de máis persoas e recursos.

Traballadoras e traballadores do Concello de Arteixo mobilízanse por esta causa. Unha grande colaboración en equipo que se fixo fóra do horario de traballo e na que se puxo solidariedade e dedicación.

As inscricións pagadas, así como os dorsais, son persoais e intransferibles, debendo ir colocados no peito sen manipular nin dobrar. O importe da inscrición non será retornable nin transferible, salvo suspensión da proba. Non serán admitidos pola organización corredores que non estean inscritos ou participen sen dorsal, impedindo que teñan acceso á proba en defensa dos dereitos dos regulamentariamente inscritos. Do mesmo xeito, non se permitirá o acceso a vehículos non autorizados pola seguridade das persoas participantes.

A organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a se mesmo ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así como das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.

A organización resérvase o dereito de admisión de aquelas persoas inhabilitadas ou imputadas por causas que afecten ao espírito deportivo da proba (doping, violencia...)

Dado o carácter deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espírito e comportamento deportivo de todos os participantes. A organización resérvase o dereito de modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellasen, avisando na medida do posible. O non recollido no mesmo resolverase segundo o criterio da mesma, sendo as súas decisións inapelables. A participación leva a total aceptación do regulamento desta proba.

Facilitarase servizo de duchas e aseos, que estarán situadas no Pazo dos Deportes

Os resultados publicaranse nas webs do Concello de Arteixo, así como nas distintas webs de ámbito deportivo que así o estimen oportuno


Artigo 13. PROTECCIÓN DE DATOS

Ao inscribirse na proba, as persoas participantes dan o seu consentimento e de acordo cos intereses deportivos, de promoción, distribución e explotación para todo o mundo (reprodución de imaxes, fotografías da proba, publicación de listaxes de clasificación...) mediante calquer dispositivo (internet, publicidade, etc) e sen límite temporal. As persoas inscritas ceden de xeito expreso á organización o dereito a reproducir o nome e apelidos, o posto obtido na clasificación xeral (se existe)

A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o considera, debendo comunicalo na web.