Calendario
Info da proba

Trail de San Isidro [A POBRA DO CARAMIÑAL]

21/02/2016 11:00 - 13:15
Regulamento Día: 21 de Febreiro de 2016
Hora: 11:00 h.
Saída e chegada: Igrexa de San Isidro de Postmarcos (Autovía do Barbanza - Saida 31 - Dirección San Isidro)
Información: Arousa Natureza e Ocio
Inscricións: www.arousa.com e www.galitiming.com
Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto@arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Distancia: 13 km.
Desnivel+: 523 m.
Custe inscrición: 8€
Data límite inscrición: 17 de Febreiro
-----------------------------------------------
PRESENTACIÓN

O Trail de San Isidro, nace nun entorno espectacular, cheo de sendas e camiños perdidos, e de regatos que inevitablemente teremos que cruzar sin evitar empaparnos. Paisaxes e crestas que nos permitirán contemplar o val de San Isidro, baixar a carón do río Pedras, e descubrir pontes e capelas ocultas no medio da frondosa vexetación.

Esta proba presenta un trazado de 13 km. de distancia e máis de 520 metros de desnivel positivo e 1040 metros de desnivel acumulado. O que ven a dicir que será unha proba intensa, cun trazado de puro trail, ainda que con tramos perfectamente disputables polos corredores para que podan poñerse a proba e desafiar a outros atletas.O perfil da proba será en forma de cuña, cun cumio en alto na metade do percorrido; ainda que antes terán que superar rampas dun desnivel de ata o 33%, situando a pendiente media positiva nun 8,0 % e a negativa nun 9,2%

Con respecto ao recorrido, pódense diferenciar dúas partes bastante diferenciadas, un primeiro tramo, casi chan e asumible técnicamente, para aventurarnos pola porta de entrada dun cortalumes que nos vai levar hacia a zona máis alta e con camiños máis abruptos, donde haberá que demostrar pericia técnica sorteando nunha senda na que a paisaxe será sencilla e espectacular, abríndose a Ría de Arousa aos nosos pes.

Dende a organización tamén se coidou moito o trazado do percorrido, para que pase por lugares emblemáticos da zona, como a Capela da Guadalupe, distintos cruceiros, a ponte das Taras, e pola garganta do río Pedras (na zona coñecida coma de Entrerrios). Destacar non sóa riqueza monumental do percorrido senon tamén a paisaxística xa que dende o punto máis alto (360 m de altitude), apreciarase todo o val de San Isidro abríndose á ría de Arousa na desembocadura do rio Pedras.

Mantemos a clasificación en dúas categorías de SENIOR e VETERÁN, tanto masculina coma feminina, entrando na primeira delas (SENIOR) os menores de 45 anos, e na segunda (VETERÁN) os maiores; para as féminas o corte establécese nos 40 anos. E haberá un trofeo especial ao mérito deportivo para aquel corredor e corredora que entren pechando o pelotón (dentro do tempo máximo establecido para a proba).

O Trail de San Isidro forma parte da segunda das probas do Arousa-Revolutrion Trail Series 2016, e lembrade que temos premios especiais para os gañadores, e unha prenda técnica para tod@s os que desexedes formalizar a inscrición para participar nas catro probas, e que se vos entregará cando retiredes o dorsal na primeira delas. Ademais os participantes que rematen as catro probas terá un premio finisher. Esperamos que vos guste esta iniciativa na que se incorpora coma novidade a posibilidade de participar en todas as probas coma equipos de dúas persoas.