Calendario
Info da proba

# GMTA 4: II Trail Terras de Burón

10/07/2016 11:00 - 16:00
Regulamento # GMTA 4: II Trail Terras de Burón

Xa temos activada a páxina web.

En 2015 GMTA estreou este percorrido cun perfil diferente dos habituais en carreiras de montaña porque comeza baixando para rematar subindo por paisaxes dunha gran cualidade medioambiental. Este ano quere endurecer o percorrido con algunha montaña máis polas beiras do Suarna.

Tramos de pista moi rápidos, baixadas salvaxes, presas kilométricas polas que descender suavemente, unha seimeira (fervenza) das maiores de Galicia, prados e veigas como nunca vichedes, e formacions rochosas incribles conforman este recorrido espectacular con recunchos máxicos que rescatamos do esquecemento.

Unha carreira lonxe que se compensa coa posibilidade de durmir de balde nun colexio fogar con máis de 100 camas.