Calendario
Info da proba

Mugardos

27/12/2015 11:00 - 23:30
Regulamento XI Carreira de fin de ano 2015 Mugardos-Ares-Mugardos

Data: 27 de Decembro.
Hora: 11:00h.
Lugar: Saída en fronte do concello, meta onda o pavillón do Cristo.
Distancia: 10km non homologados.
Organiza: Concellos de Mugardos e Ares e a Federación Galega de Atletismo.
Inscrición: en Carreiras Galegas.


NORMATIVA DA PROBA:
“ XI Carreira de fin de ano 2015 Mugardos-Ares-Mugardos”.
Organizan: Concellos de Mugardos e Ares e a Federación Galega de Atletismo
 DATA: 27 DE DECEMBRO DE 2015. Proba incluída no calendario da FGA
 HORARIO: Saída ás 11 da mañá da Casa do Concello de Mugardos.
 LUGAR: Pavillón polideportivo do Cristo concello de Mugardos.
 DISTANCIA A PERCORRER: 10 km.(non homologados)
 IDADE: Ter cumpridos 16 anos na data da proba.
 CLASIFICACIÓN: A clasificación e a cronometraxe será electrónica e apoiada polo Comité galego de xuíces.
 INSCRICIÓNS : Ate o 22 de decembro na pasarela http://www.carreirasgalegas.com realizando un pago de 3 € . Número máximo de prazas 500.
Retirada de dorsais no mesmo Pavillón polideportivo do Cristo de 9:00 a 10:45 o día da proba. A retirada do dorsal será a confirmación da asistencia á proba.
 PERCORRIDO:Mugardos-Ares-Mugardos.
Ás 10’50 horas concentración previa a saída da proba na Avenida de Galicia diante do Concello de Mugardos, dende a saída faise un percorrido polo casco urbano, rúa María, avd. de Galicia, rúa Castelao, logo tomar a Rúa dos Corzás dirección Ares (Ac130), entrase na vila de Ares pola Avd. de Mugardos ate o Paseo marítimo onde se xira á esquerda, neste punto haberá un avituallamento líquido, séguese o paseo marítimo ate que se chega á Avd. Saavedra Meneses que se percorre ate o cruce do Mazote onde se xira á esquerda cara esta rúa. Ao rematar a Rúa do Mazote acadamos de novo a Avd de Mugardos dirección Mugardos pola Ac 130 ate o Cruce dos Catro camiños en Mugardos onde se entra á rúa do Cristo para rematar a proba fronte ao Polideportivo municipal de Mugardos.
Tempo máximo de control da chegada 55’ logo da saída. Avituallamento sólido e líquido para todas as persoas participantes ao chegar á meta. Por cuestións alleas á organización como obras públicas ou privadas poderá haber pequenas variacións no circuíto descrito. Durante toda a carreira o tráfico estará restrinxido e todos os cruces controlados por policía e protección civil debendo os participantes atender as súas indicacións.
O tempo estimado da proba é de entre 30 min e 55 min.
Ao remate da carreira farase unha clasificación xeral por tempos nunha categoría única. Todas as persoas participantes que rematen a proba participaran no sorteo de 10 cestas do Nadal.
As dúbidas e interpretación das normas serán resoltas segundo a normativa en vigor da FGA para probas de estas características.
A cobertura do seguro de accidentes deportivos non cubre patoloxías nin lesións anteriores ou alleas á proba sendo responsabilidade de cada participante a cobertura das mesmas así como o de estar nas condicións físicas axeitadas para realizar a proba.
Todo o non previsto neste regulamento resolverase conforme ás normas da F.G.A., R.F.E.A e I.A.A.F, por esta orde.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediantea súainscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seusdereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.