Calendario
Info da proba

Maside

30/08/2015 11:00 - 13:30
Regulamento
IX Carreira Popular Concello de Maside
VIII Andaina Concello de Maside

Data: domingo, 30 de agosto de 2015.
Hora: a partires das 9:00 h (andaina).
Lugar: Maside.
Distancia: de 300 a 15.000 m.
Organiza: Concello de Maside.
Inscrición: en Championchip Norte.
Web: Concello de Maside

/ Comenta a Carreira de Maside neste tema do foro

Este ano a organización queremos darvos sorpresas tanto no percorrido, que cambiamos de distancia, como nos premios!!!

Categorías:
- Pitufos: entre 3 e 7 anos (nados en 2008-2009-2010-2011-2012)
- Rapaces: entre 8 e 12 anos (nados en 2007-2006-2005-2004-2003)
- Mozos: entre 13 e 15 anos (nados en 2002-2001-2000)
- Absoluta: de 16 anos en adiante

- Andaina: sen límites de idade.

Percorrido:
- Pitufos: 300mts
- Rapaces: 800 mts
- Mozos: 3.500 mts
- Absoluta e Andaina: 15 km
Percorrido mixto de asfalto e terra.

Horarios:
- Saida Andaina: 9,00 h
- Saida Pitufos: 9,30h
- Saida Rapaces: 10,00 h
- Saida Mozos: 10,30 h
- Saida Absoluta: 11,00 h
Os dorsais poderán recollerse (na Alameda de Maside-liña de saída) ata media hora antes da saida de cada categoría.

Inscricións e prazo:
- Andaina: ata o xoves 27 de agosto a través de www.championchipnorte.com ou no 608 24 22 10 -- Cota de inscrición: 5 €
- Carreira Popular (tódalas categorías): ata o xoves día 27 de agosto a través de www.championchipnorte.com -- Cota de inscrición Categoría Absoluta: 5 € (resto de categorías: gratuito)

Premios:
Haberá trofeos para os seguintes:
- 1º-1ª Categoría Pitufos
- 1º-2º-3º e 1ª-2ª-3ª Categoría Rapaces
- 1º-2º-3º e 1ª-2ª-3ª Categoría Mozos
- 1º-2º-3º e 1ª-2ª-3ª Categoría Absoluta
- 1º ou 1ª Máis Veterano/a
- 1º ou 1ª Local
- 1º-1ª Andaina

Haberá premios económicos en metálico para os seguintes:
- 1º-1ª Clasificado/a Categoría Absoluta: 75 €
- 2º-2ª Clasificado/a Categoría Absoluta: 50 €
- 3º-3ª Clasificado/a Categoría Absoluta: 25 €

Para máis información, dúbidas,... poñerse en contacto co 608 24 22 10 (Yolanda)

VÉMONOS EN MASIDE!!!




/ Comenta a Carreira de Maside neste tema do foro