Calendario
Info da proba

Ponte Caldelas

22/08/2015 19:15 - 21:15
Regulamento
+5 Ponte Caldelas Bandeira Azul

Data: sábado, 22 de agosto de 2015.
Hora: a partires das 19:15 h.
Lugar: saída e meta da Alameda.
Distancia: de 100 a 5.000 metros.
Organiza: Concello de Pontecaldelas e Gestsport Galicia SL
Inscrición: en Cronotec.
Faranse para as categorías Junior, Promesa, Sénior e Veteranos ata as 23:59 horas do MÉRCORES 19 de agosto (O MÉRCORES ANTERIOR AO DÍA DA PROBA) e non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba, que serán na web www.cronotec.es y www.gestsportgalicia.es

Para as categorías inferiores Chupete, Pitufo/a ou Pre-Benxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil faranse durante o SÁBADO día 22 de agosto, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas, na linea de salida

/ Comenta a Carreira de Pontecaldelas neste tema do foro

20:30h CARREIRA ABSOLUTA JUNIOR – PROMESA – SENIOR E VETERÁNS 5.000m aprox.
20:15h Chupete De 00 A 05 2014 – 2009 100m aprox.
20:05h Pitufo/a De 06 A 07 2008 – 2007 300m aprox.
19:50h Benxamín De 08 A 09 2006 – 2005 500m aprox.
Alevín De 10 A 11 2004 – 2003 500m aprox.
19:35h Infantil De 12 A 13 2002 – 2001 1.000m aprox.
19:25h Cadete De 14 A 15 2000 – 1999 1.000m aprox.
19:15h Xuvenil De 16 A 17 1998 – 1997 1.200m aprox.

- - - - - - - - - - - - - - -

PREVIO Á PROBA

1. DATA: O Concello de PONTECALDELAS e GESTSPORT GALICIA SL organizan o SÁBADO 22 de Agosto del 2015, a partir das 20:30 horas, a “+5 BANDEIRA AZUL – PONTECALDELAS 015” , co patrocinio de o Concello de Pontecaldelas

2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS.
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.
MASC. / FEM. Ano Menor / ano Maior Nacemento Distancia
MASC. / FEM. Ano Menor / ano Maior Nacemento Distancia
Chupete De 00 A 05 2015 – 2015 100m aprox.
Pitufo/a De 06 A 07 2010 – 2009 300m aprox.
Benxamín De 08 A 09 2008 – 2007 500m aprox.
Alevín De 10 A 11 2006 – 2005 500m aprox.
Infantil De 12 A 13 2004 – 2003 1.000m aprox.
Cadete De 14 A 15 2002 – 2001 1.000m aprox.
Xuvenil De 16 A 17 1999 – 2000 1.200m aprox.
Junior De 18 a 19 1998 – 1997 5.000m aprox.
Promesa De 20 a 22 1996 – 1995 e 1994 5.000m aprox.
Sénior De 18 A 34 1993 ata 1980* (34 anos) 5.000m aprox.
Veteranos/as 1 De 35 A 39 Cumpridos o día da proba. 5.000m aprox.
Veteranos/as 2 De 40 A 44 Cumpridos o día da proba. 5.000m aprox.
Veteranos/as 3 De 45 A 49 Cumpridos o día da proba. 5.000m aprox.
Veteranos/as 4 De 50 A 54 Cumpridos o día da proba. 5.000m aprox.
Veteranos/as 5 De 55 A 59 Cumpridos o día da proba. 5.000m aprox.
Veteranos/as 6 De 60 A 64 Cumpridos o día da proba. 5.000m aprox.
Veteranos/as 7 De 65 En diante Cumpridos o día da proba. 5.000m aprox.

3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización. A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Exemplos: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito ao Concello de Pontevedra.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Gestsport Galicia. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.

A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.

4. INSCRICIÓNS. Faranse para as categorías Junior, Promesa, Sénior e Veteranos ata as 23:59 horas do MÉRCORES 19 de agosto (O MÉRCORES ANTERIOR AO DÍA DA PROBA) e non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba, que serán na web www.cronotec.es /www.gestsportgalicia.es
Para as categorías inferiores Chupete, Pitufo/a ou Pre-Benxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil faranse:
1.- durante o SÁBADO día 22 de agosto, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas, na linea de salida
Haberá tres (3) tipos de inscrición:
- Para as categorías Junior, Promesa, Sénior e Veteranos, o deportista pagará a cota de 5 € por persoa máis, .
- Para o resto das categorías “menores” a inscrición é de balde.

5. A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS.
Farase na alameda de Ponte Caldelas o sábado día 22/08 de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h

6. ACCIÓN SOCIAL.
Voluntariamente todos os deportistas e persoas da Organización que desexen colaborar cunha acción social, poderán facelo entregando un produto alimenticio non perecedoiro xusto no momento de recoller o seu dorsal que entregaremos no seu nome a unha Institución Social.

DURANTE A XORNADA DA PROBA


7. COMO CHEGAR EN COCHE AO LUGAR DA SAÍDA. A prioridade será achegarse en transporte público, a pé ou en bicicleta.

8. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES.
Todas as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá ambulancia/s e un médico/a para a atención.

9. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto (e pequenas zonas mixtas de terra/herba). Haberá diversos controis de paso obrigatorios.

10. AVITUALLAMENTO
. Durante a proba facilitaráse avituallamento líquido, e ao remate facilitarase o avituallamento sólido e líquido axeitado.

11. HORARIOS E PROBAS:
20:30h CARREIRA ABSOLUTA JUNIOR – PROMESA – SENIOR E VETERÁNS 5.000m aprox.
20:15h Chupete De 00 A 05 2014 – 2009 100m aprox.
20:05h Pitufo/a De 06 A 07 2008 – 2007 300m aprox.
19:50h Benxamín De 08 A 09 2006 – 2005 500m aprox.
Alevín De 10 A 11 2004 – 2003 500m aprox.
19:35h Infantil De 12 A 13 2002 – 2001 1.000m aprox.
19:25h Cadete De 14 A 15 2000 – 1999 1.000m aprox.
19:15h Xuvenil De 16 A 17 1998 – 1997 1.200m aprox.

12. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou o persoal de Organización identificado, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.

13. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe de chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas ou coa sua correspondente cinta de nocello) por todo o percorrido, co propósito de verificar que todos os atletas cobren a totalidade do mesmo. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas na saída e chegada. Os atletas que non teñan todos os rexistros serán descualificados, sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30€ (trinta) euros.

14. REGULAMENTOS. Todo o non previsto polo presente Regulamento estarase ao que indique o Comité Organizador.

15. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandonar o circuíto.

16. GARDARROUPA E DUCHAS.
Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición nas instalacións da zona de saída. Todos as persoas poderán acceder ás duchas e vestiarios

POSTERIOR Á PROBA

17. OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico (Cruz Vermella), servizo de Gardería, Sorteo de regalos...

18. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta: Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en cruzar a liña de meta. Os/as vencedores/as absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación, entregándose o premio da súa categoría particular, ao seguinte clasificado na súa categoría.

19. Haberá premio ao 1º/1ª clasificados/as do Concello de Pontecaldelas(nados ou censados) sendo obrigatorio presentar a documentación axeitada para poder recibir este premio.
CATEGORÍA ABSOLUTA
1º Masculina Feminina => Trofeo
2º Masculina Feminina => Trofeo
3º Masculina Feminina => Trofeo
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría, agás na categoría Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil que recibirán unha medalla todos/as os que rematen a súa carreira.
CATEGORÍA JUNIOR, PROMESA, SENIOR E VETERÁNS
1º Masculina Feminina => Trofeo
2º Masculina Feminina => Trofeo
3º Masculina Feminina => Trofeo

20. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN.
A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 21:45 horas na zona de meta. Os/as atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, non podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes,entenderase que renuncian ao premio.

21. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información a través do Teléfono 986 090 898 ou no correo-e carreras@gestsportgalicia.es

22. PRECORRIDO:
Salida y meta: Alameda
Recorrido: alameda, Po-234 (dirección Balneario con giro y vuelta)/ po-532, cazada (giro), po-532( dirección pontevedra), Po-234 (dirección Balneario con giro y vuelta)/ po-532, cazada (giro), po-532( dirección pontevedra), Po-234 (dirección Balneario con giro y vuelta) y alameda (meta).



/ Comenta a Carreira de Pontecaldelas neste tema do foro