Calendario
Info da proba

Mesía

02/08/2015 10:30 - 13:00
Regulamento
V Carreira Popular Concello de Mesía
+ Minicarreira Popular

Data: domingo, 2 de agosto de 2015.
Hora:
10:30 Minicarreira 6 km
10:45 Carreira popular de 12 km
11:45 Carreiras menores comenzando cadetes e rematando cos pitufos.
Lugar: Campo de fútbol de Visantoña, parroquia Visantoña, Concello Mesía.
Distancia: de 200 a 12.000 m.
Organiza: Concello de Mesía.
Inscrición: ata o 31 de xullo ás 20:00 h no correo mjgrobas (arr) hotmail.com


:: Comenta a Carreira de Mesía no foro ::


Recollida de dorsais para todas as carreiras de 9:00-10:00.

Características:

1. Inscrición gratuíta no correo mjgrobas@hotmail.com aportando datos completos: nome, apelidos, data de nacemento, dni, clube, procedencia e que carreira se elixe (minicarreira ou carreira popular).

2. Alternancia no circuito de terra e asfalto.

3. Avituallamiento na carreira de 12kms. Na minicarreira ó chegar á meta.

4. Froita e auga ó remate da carreira e tamén haberá pinchos e sorteo agasallos.

5. Trofeos ós 1ºs de cada categoría e medallas para os segundos e terceiros.
Trofeo ó atleta máis veterán, independientemente sexa masculino ou feminino.

6. Categorías e distancias tanto en homes coma en mulleres.
Pitufos de 0 a 5 anos, 200metros.
Benxamíns de 6 a 9 anos, 800 metros (unha volta á logoa)
Alevíns de 10 a 13 anos, 1600 metros (dúas voltas á lagoa).
Cadetes de 14 a 17 anos, 3000 metros (circuito dunha volta).

Senior de 18 a 34 anos, 12 kms.
Veteráns A , de 35 a 44 anos. 12 kms.
Veteráns B, de 45 a 54 anos, 12 kms.
Veteráns C, de 55 a 64 anos, 12 kms.
Veteráns D de 65 en adiante, 12 kms.

7. Categorías e distancias da MINICARREIRA tanto en homes coma en mulleres.
Sénior de 18 a 34 anos.
Veteráns A de 35 a 49 anos.
Veteráns B de 50 en adiante.

Dúbidas: María José 630 078 506

Data límite de inscrición o 31 xullo ás 20:00 horas non admitíndose inscricións o día da carreira.

:: Comenta a Carreira de Mesía no foro ::