Calendario
Info da proba

Cambados

05/07/2015 10:30 - 13:30
Regulamento
VI Carreira Popular Concello de Cambados

Data: domingo 5 de xullo de 2015.
Hora: 10:30 horas.
Lugar: Cambados.
Distancia: 10.000 metros homologados pola RFEA.
Organiza: Concello de Cambados e Club Atletismo Cambados.
Inscrición: ata o xoves 2 de Xullo ás 23:00 horas en Eme Sports.
Web: Concello de Cambados

:: Comenta a Carreira de Cambados neste tema do foro ::


A V CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CAMBADOS, organizada pola Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados e o Club Atletismo Cambados, celebrarase o vindeiro Domingo, 5 de Xullo ás 10:30 horas, con saída e chegada na Praza de Fefiñáns. A proba estará suxeita ó seguinte

REGULAMENTO XERAL
Celebrarase unha sola proba de 10.000 metros CON CONTROL DE CHIP, por un circuito urbano cerrado ó tráfico e homologado pola RFEA, con saída e chegada na Praza de Fefiñáns.

CATEGORÍAS HOMES
XM: Xuvenís- Junior: Nacidos nos anos 1996, 1997, 1998 e 1999.
SM: Promesa- Senior: Nacidos nos anos 1995 e anteriores ata veteranos.
VAM: Veteranos A: De 35 a 45 anos cumpridos o día da proba.
VBM: Veteranos B: De 46 a 55 anos cumpridos o día da proba.
VCM: Veteranos C: De 56 anos en diante cumpridos o día da proba.

CATEGORÍAS MULLERES
XF: Xuvenís- Junior: Nacidas nos anos 1996, 1997, 1998 e 1999.
SF: Promesa-Senior: Nacidas nos anos 1995 e anteriores ata veteranas.
VAF: Veteranas A: De 35 a 45 anos cumpridos o día da proba.
VBF: Veteranas B: De 46 anos en diante cumplidos o día da proba.

Toda a proba estará controlada ó longo do percorrido a través dun chip que se entregará a cada corredor e que deberá colocar nas súas zapatillas antes da saída. Os corredores que cheguen á liña de meta sen o seu chip, non serán clasificados e teñen a OBRIGA de devolvelo ó finaliza-la proba. TODOS AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARÁN NAS CLASIFICACIÓNS; TAMPOUCO RECIBIRÁN NINGÚN TIPO DE OBSEQUIO E NON PODERÁN PARTICIPAR EN NINGUNHA PROBA ORGANIZADA POR EMESPORTS. Este chip, finalizada a proba, non ten ninguna utilidade.

Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible NO PEITO para a súa identificación, cometa algunha irregularidade ou non respete as indicacións dadas pola organización, será automáticamente descalificado/a.

A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

Contarase cun servicio de ambulancia, cun médico e cos seguros obrigatorios de reponsabilidade civil e de de accidentes.

Vestiarios e duchas: Habilitarase o Pavillón Municipal de O Pombal dende as 11:00 ás 14:00 horas.

Resultados: www.emesports.es

INSCRIPCIÓNS
DATOS OBRIGATORIOS: NIF, NOME, APELIDOS, DATA DE NACEMENTO, SEXO, LOCALIDADE, MÓVIL, EMAIL, CLUBE (se o ten).

PRAZO: Ata o xoves 2 de xullo, ás 23 horas. A través da páxina web: www.emesports.es

PREZO DA INSCRIPCIÓN: 5 euros

Calquera dúbida relacionada co proceso de inscripción deberedes dirixirvos ó teléfono: 627 366 134

Calquera dúbida relacionada coa organización da proba: Sección de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados ou ó teléfono 607518438 (Alfredo V. Oliveira)

Non se admitirán inscripcións fora de plazo, sen os datos obrigatorios, nin o día da proba.

RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS
Realizarase o día da proba no ARCO DO PAZO DE FEFIÑÁNS (NA MESMA PRAZA), a partir das 8: 30 horas ata media hora antes do inicio da proba.

TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO
Trofeos ós/ás tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría.

PREMIOS EN METÁLICO PARA OS/AS CATRO PRIMEIROS /AS CLASIFICADOS/AS NA PROBA

Homes Mulleres
1º 300 € 1ª 300 €
2º 200 € 2ª 200 €
3º 100 € 3ª 100 €
4º 75 € 4ª 75 €

ENTREGA DE PREMIOS
Poderase esixir o DNI, si a organización o solicitase ó recolle-lo premio.

Os gañadores dos premios en metálico, deberán firmar un recibí unha vez recollan o premio.

A entrega de premios será na Praza de Fefiñáns e comenzará sobre as 11:45 horas (aproximadamente). Tódolos premiados deberán de estar presentes na entrega de premios. De non ser así, entenderase que renuncian ós premios acadados.

A Concellería de Deportes do Concello de Cambados e o Club Atletismo Cambados non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así coma das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.

A organización resérvase o dereito a modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellasen (informando oportunamente), e o non recollido no mesmo resolverase dacordo co Regulamento da RFEA en vigor, sendo as súas decisións inapelables. A participación implica a total aceptación deste regulamento.


:: Comenta a Carreira de Cambados neste tema do foro ::