Calendario
Info da proba

Arteixo

01/05/2015 11:30 - 13:30
Regulamento XVIII CARREIRA POPULAR
CONCELLO DE ARTEIXO

HORARIO:
10.30 h Pre-atletismo 210 metros
10.45 h Benxamíns-Alevíns 960 metros aprox.
11.00 h Infantil-Cadete-Xuvenil 3.600 metros aprox.
11.25 h Categoría Especial
11.30 h Senior en diante 12.000 metros aprox.
LUGAR DE SAÍDA: Pazo dos Deportes



CATEGORIAS:
• Seniors (Masculino e feminino) Desde os nados en 1990 ata os 34 anos. Os atletas junior e
promesa considéranse senior nesta proba.
• Benxamín: nacidos 2006-2007 Homes e mulleres
• Alevín: nacidos 2004-2005 Homes e mulleres
• Infantil: nacidos 2002-2003 Homes e mulleres
• Cadetes: nacidos 2000-2001 Homes e mulleres
• Xuvenil: nacidos 1998-1999 Homes e mulleres
• Veteranos: A: 35 a 50 anos inclusive Homes e mulleres
• Veteranos B: 51 a 64 anos inclusive Homes e mulleres
• Veteranos C: 65 anos en diante Homes e mulleres
• Persoas con discapacidade

A CARREIRA É TOTALMENTE GRATUÍTA. O Concello de Arteixo e o Club Atletismo Arteixo organizan a
XVIII Carreira Popular Concello de Arteixo na que poderán tomar parte todas aquelas persoas
interesadas. A distancia será de 12.000 metros aproximadamente. Cada quilómetro do percorrido
estará sinalizado. Haberá avituallamentos no quilómetro 6 do percorrido e ao finalizar a proba. O
percorrido das distintas categorías será o seguinte:
Carreira de pre-benxamíns:
• Hora: 10.30 h. Distancia 210 metros
• Nados anos 2008-2009-2010-2011-2012-2013-2014-2015
eglamento Carreira Popular Concello de Arteixo 2
• As inscricións faranse na páxina web www.championchipnorte.com, ao igual que o resto de
atletas
• Todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa

CIRCUÍTO A (Benxamíns-Alevíns)
• Hora: 10.45 horas Distancia: 960 metros aprox.
• Percorrido: Avda. Arsenio Iglesias ata Glorieta e volta.

CIRCUÍTO B (Infantís-Cadetes-Xuvenís)
• Hora: 11.00 horas Distancia: 3.600 metros aprox.
• Percorrido: Tres voltas ao seguinte circuíto, saída do Pavillón, Avda. Arsenio Iglesias, Paseo
Fluvial ata entrada na parte posterior da piscina municipal.

CIRCUÍTO C (Senior en diante)
• HORA: 11.30 horas Distancia: 12.000 metros aprox.
• Percorrido: Avda. Arsenio Iglesias, Ponte dos Brozos, Paseo Fluvial, A Ponte do Va, O Cancelo,
O Igrexario, Manoi, Os Laranxos, O Val, Mins, Allán, Erbedins, Marciñado, O Foxo, A Ponte do
Va, Paseo Fluvial, Ponte dos Brozos, Avda. Arsenio Iglesias e chegada ao Pazo dos Deportes

Carreira de persoas con discapacidade:
• Hora: 11.25 h. Distancia 200 metros aprox
• As inscricións faranse na páxina web www.championchipnorte.com, ao igual que o resto de
atletas
• Todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa
INSCRICIÓNS:
• Poderanse formalizar gratuitamente e EXLUSIVAMENTE EN: www.championchipnorte.com
• MOI IMPORTANTE: A data tope de recepción de inscricións será o LUNS 27 DE ABRIL, ás
24.00 horas non admitíndose baixo ningún concepto ningunha inscrición posterior a
devandita data, nin por suposto o mesmo día da competición.


RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS:
• O día anterior da proba, na Piscina Municipal de Arteixo, en horario de 11.00 a 13.30 e de
16.00 a 19.30 horas.
• O mesmo día da proba no Pazo dos Deportes ata 1 HORA antes do inicio de cada
competición. Recoméndase chegar con antelación suficiente para evitar colas de última hora.

CONTROL DE CHEGADA: A cronometraxe correrá a cargo da Empresa Champion Chip Norte

TROFEOS E PREMIOS:
• Recibirán trofeo os 3 primeiros atletas absolutos clasificados da proba, tanto en homes como
mulleres.
• Os 3 primeiros clasificados en categoría benxamín-alevín, tanto en homes como mulleres
recibirán trofeo.
• Os 3 primeiros atletas clasificados de cada unha das categorías na categoría Infantil-Cadetexuvenil,
tanto homes como mulleres recibirán trofeo.
• Os 3 primeiros clasificados en cada categoría de veteranos, tanto en homes como en
mulleres, recibirán trofeo.
• Trofeo ao corredor/a de maior idade que termine a proba.
• Trofeo ao primeiro/a atleta clasificado/a do Concello de Arteixo, ben que resida no municipio
ou ben sexa natural do mesmo.Para optar a este premio deberá facer constar na inscrición
esta circunstancia (será imprescindible). Para recibir o trofeo deberá acreditar a súa residencia
ou nacemento en Arteixo.
• Poderase esixir o DNI para a entrega de trofeos.
• Farase entrega dos mesmos ao finalizar a proba.
• Os gañadores dos trofeos deberán estar presentes na entrega dos mesmos.
• Todos o nenos e nenas participantes recibirán unha medalla conmemorativa
eglamento Carreira Popular Concello de Arteixo 3
• Todas as persoas con discapacidade que participen na súa categoría recibirán unha medalla
conmemorativa
• Haberá sorteo de agasallos ao remate da proba

• As inscricións estarán limitadas a 2.000 participantes no cómputo de todas as categorías
• A organización poderá obsequiar con un agasallo a cada participante.
• A organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a se mesmo ou a
outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así como das neglixencias ou
imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.
• A organización resérvase o dereito de admisión de aquelas persoas inhabilitadas ou
imputadas por causas que afecten ao espírito deportivo da proba (doping, violencia...)
• Dado o carácter deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións, esperando o
mellor espírito e comportamento deportivo de todos os participantes. A organización
resérvase o dereito de modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellasen,
avisando na medida do posible. O non recollido no mesmo resolverase segundo o criterio da
mesma, sendo as súas decisións inapelables. A participación leva a total aceptación do
regulamento desta proba.
• O atleta terá a obriga de levar o dorsal claramente visible na camiseta de competición no
momento de disputa da carreira.
• Soamente se permite aos membros da organización a utilización de vehículos para o
seguimento da proba, estando rigorosamente prohibido o acompañamento dos participantes
mediante o uso de vehículos de axuda, sendo motivo de descalificación.
• A organización conta cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes, así como
ambulancia e médico na carreira. Durante a carreira, persoal sanitario seguirá o
desenvolvemento da mesma, para poder actuar no caso de que se precise os seus servizos.
• A proba contará co apoio de Protección Civil e Policía Local de Arteixo, así como de
voluntarios do club atletismo Coruña Comarca, Club Atletismo Arteixo, Club Natación Arteixo,
ACD Suevos CF, AD Arteixo, AD Jarnachas, Peña Autocross Arteixo e Club Patín Brigantium.
• Facilitarase servizo de duchas, que estarán situadas no Pazo dos Deportes
• Haberá un “coche escoba” para todos aqueles corredores que non estean en condicións de
finalizar a proba
• Os resultados publicaranse nas webs do Concello de Arteixo, así como nas distintas webs de
ámbito deportivo que así o estimen oportuno e que se lles facilitarán a través do club.