Calendario
Info da proba

Teo

19/04/2015 10:45 - 13:45
Regulamento
CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS 2015 CONCELLO DE TEO



A Concellaría de Deportes do Concello de Teo organiza o domingo 19 de abril de 2015 a partir das 10:45 horas a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2015 - Concello de Teo baixo control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago) e segundo o seguinte:
REGULAMENTO

1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, Delegación en Santiago de Compostela.

2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
PITUFOS: atletas nadas/os nos anos 2010 e posteriores
PREBENXAMÍN: atletas nadas/os nos anos 2008 e 2009
BENXAMÍN: atletas nadas/os nos anos 2006 e 2007
ALEVÍN: atletas nadas/os nos anos 2004 e 2005
INFANTIL: atletas nadas/os nos anos 2002 e 2003
CADETE: atletas nadas/os nos anos 2000 e 2001
XUVENIL: atletas nadas/os entre 1998 e 1999
JUNIOR/PROMESA: atletas nadas/os entre 1993 e 1997
SÉNIOR: atletas nadas/os en 1992 e ata veteranos
VETERANA/O A: atletas nadas/os entre 1970 e 1980
VETERANA/O B: atletas nadas/os entre 1960 e 1969
VETERANA/O C: atletas nadas/os en 1959 e anteriores

3. DISTANCIAS E HORARIOS:
A saída das carreiras será desde o CEIP A Ramallosa. O percorrido da carreira absoluta seguirá un circuíto de 11 km aprox. a partir da categoría júnior/promesa. O horario e distancias das probas serán os seguintes:
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10.45 h PITUFOS 200 m aprox.
10.55 h PREBENXAMÍN 500 m aprox.
(1 volta ó circuíto prebenxamín)
11.05 h BENXAMÍN 1000 m aprox.
(2 voltas ó circuíto prebenxamín)
11.15 h ALEVÍN 1000 m aprox.
(2 voltas ó circuíto prebenxamín)
11.45 h ENTREGA DE PREMIOS CATEGORÍAS PITUFOS, PREBENXAMÍN, BENXAMÍN, ALEVÍN
12.10 h. JÚNIOR/PROMESA/
SÉNIOR e VETERANO 11000 m aprox.
12.20 h INFANTIL – CADETE – XUVENIL 3500 m aprox.
13.30 h ENTREGA DE PREMIOS DO RESTO DE CATEGORÍAS

4. INSCRICIÓNS
 ADULTOS: (júnior/promesa, sénior e veteráns) ata o mércores 15 de abril ás 22:00 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición). Deberán encher os campos no formulario da inscrición da proba.
Todos os participantes que disputen a proba absoluta deberán correr cun CHIP colocado na súa zapatilla, o cal deberán entregar unha vez crucen a liña de meta.
 ESCOLARES (de pitufo a xuvenil) ata o mércores 15 de abril ás 22:00 horas no formulario de inscrición online presente na web www.emesports.es.

Os dorsais recolleranse a partir das 09.30 horas e ata as 10.30 h na secretaría da competición sita no Polideportivo Municipal Ezequiel Mosquera, a carón do Colexio Público da Ramallosa.
Non se entregarán dorsais despois da hora límite (10.30 h).

Non se aceptarán as inscricións fóra de prazo, con datos incompletos ou sen todos os datos obrigatorios. As inscricións de escolares deberán facer constar os seguintes datos na inscrición: nome e apelidos, data de nacemento completa, localidade de procedencia, club e número de licenza federativa ou seguro escolar (se o ten), teléfono de contacto ou correo electrónico.

> O prezo da inscrición (a proba absoluta estará controlada a través dun chip) será o seguinte:
- CATEGORÍAS ESCOLARES (de pitufo a xuvenil): GRATUÍTA
- CATEGORÍA ADULTOS (de júnior/promesa a veteráns): 4,00 €

A pre-inscrición non se completará se non se fai o pago no momento de inscribirse na web www.emesports.es.
Para calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono: 981 815 700 (Departamento de Deportes).

O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATARÁ O MÉRCORES 15 DE ABRIL ÁS 22 HORAS. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DÍA DA PROBA.

Para optar ó premio ó mellor club federado da proba absoluta deberán anotarse os atletas individualmente na web www.emesports.es e remitir un correo á dirección FGAsantiago@gmail.com indicando os datos do club e a listaxe de atletas inscritos.
Para o premio ó centro escolar que achegue máis participantes ás probas, deberán realizar a inscrición do mesmo xeito, inscribindo os atletas individualmente na web www.emesports.es e remitindo un correo electrónico á dirección indicada (FGAsantiago@gmail.com).

5. PREMIOS E AGASALLOS
Haberá premios para:

› Os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas (en mulleres e homes).

› As 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (JÚNIOR/ PROMESA, SÉNIOR e VETERANOS/AS A/B/C).

› O/A participante máis novo/a e o/a máis veterano/a que logre concluír a proba polos seus propios medios e sen axudas externas.

› O primeiro equipo federado clasificado na clasificación final.

› O centro escolar que achegue máis participantes que logren concluír a proba.

› O/A primeiro/a clasificado/a de Teo en cada categoría (deberán reflexar a localidade na inscrición).

› Agasallos para todos os participantes.

› Bebida para todos os participantes.

Os premios non serán acumulativos, excepto os premios ás e ós atletas locais.

A clasificación por clubs da proba absoluta será establecida a través dos 6 primeiros corredores en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 6º compoñente (imprescindible facer a inscrición como club).

6. Todo atleta que entre na liña de meta sen o seu dorsal ou sen que estea debidamente colocado na zona do peito e en toda a súa extensión será automaticamente descalificado.

7. As reclamacións sobre os resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación destes. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da RFEA e FGA en vigor para probas en ruta.

8. Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no Polideportivo Municipal Ezequiel Mosquera e na Piscina Municipal (A Ramallosa).

Mais información nas webs:
› www.concellodeteo.com
› www.fgatletismo.es/santiago
› www.atletismogalego.org
› www.emesports.es
› www.correrengalicia.org