Calendario
Info da proba

Poio

20/06/2015 10:00 - 13:00
Regulamento +8k San Xoan Poio Gran Premio Centro Comercial A Barca

A +8K San Xoan Poio é unha carreira atlética de carácter
popular que terá lugar en Poio o 21 de xuño do 2014.
Preténdese fomentar a participación e involucración
dos residentes en Poio dun xeito atractivo e festivo.
A inscrición será aberta, podendo inscribirse tanto
atletas federados coma os non federados, e persoas
de todas as idades.
Poio é unha vila na que podese encontrar unha
ampla variedade de deportes e actividades para
disfrutar tanto rapaces coma adultos. Desta maneira, a
Carreira da memoria contará con categoria chupete,
xuvenil e categoría absoluta

PREVIO Á PROBA
1. DATA: O Concello de POIO e GESTSPORT GALICIA organizan o sábado 20 de XUÑO de 2015, a partir das 20,00 horas, a “+8k San Xoan Poio 2015 – Gran Premio C.C. A BARCA” , co patrocinio do Centro Comercial A Barca.
2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.
MASC. / FEM. Ano Menor / ano Maior Nacemento Distancia
Chupete De 00 A 05 2015 – 2010 100m aprox.
Pitufo/a De 06 A 07 2008 – 2009 300m aprox.
Benxamín De 08 A 09 2006 – 2007 500m aprox.
Alevín De 10 A 11 2004 – 2005 500m aprox.
Infantil De 12 A 13 2002 – 2003 1.000m aprox.
Cadete De 14 A 15 2000 – 2001 1.000m aprox.
Xuvenil De 16 A 17 1998 – 1999 1.500m aprox.
Junior De 18 a 19 1996 – 1997 8.000m
Promesa De 20 a 22 1994 – 1993 e 1995 8.000m
Sénior De 18 A 34 1992 ata 1980* (34 anos) 8.000m
Veteranos/as 1 De 35 A 44 Cumpridos o día da proba. 8.000m
Veteranos/as 2 De 45 A 54 Cumpridos o día da proba. 8.000m
Veteranos/as 5 De 55 A 64 Cumpridos o día da proba. 8.000m
Veteranos/as 7 De 65 En diante Cumpridos o día da proba. 8.000m
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización. A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Exemplos: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito ao Concello de Pontevedra.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Concello de Pontevedra. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.
4. INSCRICIÓNS. Faranse para as categorías Junior, Promesa, Sénior e Veteranos ata as 23:59 horas do MIERCOLES 17 XUÑO (O MIERCOLES ANTERIOR AO DÍA DA PROBA) e non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba, que serán na web www.cronotec.es o www.gestsportgalicia.es
Para as categorías inferiores Chupete, Pitufo/a ou Pre-Benxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil faranse:
1.-Na web www.cronotec.es gratuitamente
2.- E durante a tarde do venres día 19 de Xuño, de 17:00 a 21:00 no “Centro Comercial A Barca” o mesmo día da carreira, sábado 20 Xuño, dende ás 10.00h ata media hora antes do comezo de cada proba (ata as 20.00 horas), no “Centro Comercial A Barca” facilitando o nome do/a participante e ano de nacemento, así como a autorización familiar correspondente.

Haberá dous (2) tipos de inscrición:
- Para as categorías Junior, Promesa, Sénior e Veteranos, o deportista pagará a cota de 5 € por persoa .
- Para o resto das categorías “menores” a inscrición é de balde.
Para máis información en www.cronotec.es; no momento de recoller o dorsal deberá presentar o D.N.I. A inscrición é persoal e intransferible.
5. A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS. Farase nas instalacións do Centro Comercial A Barca o venres día 20/06 de 17.00h a 21.00h e o sábado 21/06 dende as 10.00 h ata as 19.00 h.
Haberá servizo lanzadera de autobus da zona de recollida de dorsais hacia a Saída 45' antes da mesma.
6. ACCIÓN SOCIAL. Voluntariamente todos os deportistas e persoas da Organización que desexen colaborar cunha acción social, poderán facelo entregando un produto alimenticio non perecedoiro xusto no momento de recoller o seu dorsal que entregaremos no seu nome a unha Institución Social.
DURANTE A XORNADA DA PROBA
7. COMO CHEGAR EN COCHE AO LUGAR DA SAÍDA. A prioridade será achegarse en transporte público, a pé ou en bicicleta; e de non ser así:
Dende Santiago, Vigo e Ourense: Saída da AP-9 de “Pontevedra – Sur , Sanxenxo (pola costa)”. Dirección Sanxenxo está indicado o Centro Comercial A BARCA (meta e recollida de dorsais). Dende alí seguir indicacións pola estrada PO-308 dirección “Sanxenxo pola costa”, ao finalizar o Concello de Poio está indicada a zona de SAÍDA.
8. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES. Todas as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá ambulancia/s e un médico/a para a atención.
9. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto (e pequenas zonas mixtas de terra/herba dos parques de ocio). Haberá diversos controis de paso obrigatorios.
10. AVITUALLAMENTO. Durante a proba facilitaráse avituallamento líquido e ao remate facilitarase o avituallamento sólido e líquido axeitado.
11. HORARIOS E PROBAS:
20:00 CARREIRA ABSOLUTA JUNIOR – PROMESA – SENIOR E VETERÁNS 8.000m
21:00 Chupete De 00 A 05 2015 – 2010 100m aprox.
21:05 Pitufo/a De 06 A 07 2008 – 2009 300m aprox.
21:10 Benxamín De 08 A 09 2006 – 2007 500m aprox.
Alevín De 10 A 11 2004 – 2005 500m aprox.
21:15 Infantil De 12 A 13 2002 – 2003 1.000m aprox.
Cadete De 14 A 15 2000 – 2001 1.000m aprox.
21:25 Xuvenil De 16 A 17 1998 – 1999 1.500m aprox.
12. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou o persoal de Organización identificado, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.
13. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe de chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas ou coa sua correspondente cinta de nocello) por todo o percorrido, co propósito de verificar que todos os atletas cobren a totalidade do mesmo. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas na saída e chegada. Os atletas que non teñan todos os rexistros serán descualificados, sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros.
14. REGULAMENTOS. Todo o non previsto polo presente Regulamento estarase ao que indique o Comité Organizador.
15. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandonar o circuíto.
16. GARDARROUPA E DUCHAS. Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición nas instalacións da zona de saída. Todos as persoas poderán acceder ás duchas e vestiarios habilitados no Pavillón de A Seca na zona de Saída e no pavillón do Liceo casno da Caeira
POSTERIOR Á PROBA
17. OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico (Cruz Vermella), servizo de Gardería, Sorteo de regalos...
18. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta: Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en cruzar a liña de meta. Os/as vencedores/as absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación, entregándose o premio da súa categoría particular, ao seguinte clasificado na súa categoría.
19. Haberá premio ao 1º/1ª clasificados/as do Concello de Poio (nados ou censados) sendo obrigatorio presentar a documentación axeitada para poder recibir este premio.
CATEGORÍA ABSOLUTA
1º Masculina Feminina => Trofeo
2º Masculina Feminina => Trofeo
3º Masculina Feminina => Trofeo
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría, agás na categoría Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil que recibirán unha medalla todos/as os que rematen a súa carreira.

CATEGORÍA JUNIOR, PROMESA, SENIOR E VETERÁNS
1º Masculina Feminina => Trofeo
2º Masculina Feminina => Trofeo
3º Masculina Feminina => Trofeo
20. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN.
A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 21.00 horas na zona de meta. Os/as atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, non podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes,entenderase que renuncian ao premio.
Haberá servizo lanzadera de autobús da zona de recollida de dorsais hacia a Saída, unha vez finalizada a entrega de premios.
21. AUTOCAR LANZADERA
Dende as 18,30 horas a 19,30 existira un servizo de autobus lanzadera dende a meta a salida, debendo presentar dorsal para utilizarrlo e a partir das 21,15 horas dos autocares para acercar os atletas a linea de salida
22.- PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información a través do Teléfono 986 090 898 ou no correo-e carreras@gestsportgalicia.es