Calendario
Info da proba

Moraña

19/07/2015 10:00 - 12:00
Regulamento III Carreira Carneiro ó Espeto en Moraña

Amigos atletas, o día 19 de xullo cecebraremos a III Carreira Carneiro ó Espeto en Moraña.

INSCRICIÓNS ABERTAS DENDE O DÍA 1 DE XUÑO

CATEGORÍAS (masculina e feminina):
Pitufos: Nacidos a partir do ano 2010
Prebenxamíns: Nacidos nos anos 2009-2008
Benxamíns: Nacidos nos anos 2007-2006
Alevíns: Nacidos nos anos 2005-2004
Infantís: Nacidos nos anos 2003-2002
Cadetes: Nacidos nos anos 2001-2000
Xuvenís: Nacidos nos anos 1999-1998
Absoluta: Senior: de 18 a 34 anos
Absoluta: Veteranos
Masculina Feminina
V=A= 35 a 39 V=A= 35 a 39
V=B=40 a 44 V=B=40 a 44
V=C=45 a 49 V=C=45 a 49
V=D=50 a 54 V=D=50 en adiante
V=E=55 a 59
V=F=60en adiante

CATEGORÍA HORA SAÍDA DISTANCIA
Infantís / Cadetes 10:30 h 4 km
Xuvenís / Absoluta 11:00 h 10 km
Alevíns 12:15 h 2 Km.
Benxamíns 12:30 h 1.400 m
Prebenxamíns 12:45 h 1.000 m
Pitufos 13:00 h 250 m
PREMIOS: Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados/as da absoluta e de cada categoría. Haberá trofeo para o corredor e corredora de máis idade, e camisetas técnicas e avituallamento para os participantes na liña de chegada. Haberá premios en metálico para os tres primeiros da absoluta e os tres primeiros clasificados do resto de cada categoría.( Excluindo as categorías escolares)
*Tamén teremos pinchos para todos os participantes a partir das 12:30h.

INSCRICIÓNS: As categorías de Pitufos a Alevíns inscribiranse no correo electrónico clubatletismomorana@gmail.com ata o xoves 16 ás 14:00 h. Farán constar: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo, DNI e teléfono.Nestas categorías admitiranse inscricións na liña de saída ata unha hora antes da saída.
Para as carreiras absoluta, xuvenil, cadete e infantil as inscricións faranse na páxina www.emesports.es. Os atletas locais deberán especificalo na inscrición. Os atletas federados deberán poñer a que club pertencen.

Prezo inscrición: 5 €
Nas categorías de cadete e infantil: 1 €
Nas categorías de alevín a pitufo: gratis

Haberá duchas no Pavillón Deportivo
Prégase a os atletas de todas as categorías entreguen un kilo de comida non perecedeira no lugar de entrega de dorsais.


REGULAMENTO III CARREIRA CARNEIRO Ó ESPETO 2015
MORAÑA
1.- O Club de Atletismo +9 Moraña, en colaboración co Concello de Moraña, a Deputación de Pontevedra e La Caixa, organiza a Carreira Carneiro ó Espeto 2015, que terá lugar o domingo 19 de xullo a partir das 10:30 horas, estando situadas a saída e a meta na Rúa 5 de Santa Lucía (Moraña).
2.- A carreira é aberta á participación de calquera persoa, sen necesidade de ter licenza federativa.
3.- O percorrido será un circuíto semiurbano ó que se darán dúas voltas ata completar 10 km. As distancias a percorrer adaptaranse ás idades de cada categoría.
O circuíto será o seguinte: Rúa 5, Mos, Rúa 1, Rúa 12, Rúa Dr. Batallán, Rúa 3, Buelo, Rúa 7, Rúa 6, Rúa 5.
4.- Ás 10:30 será a primeira carreira.
A entrega de premios será a partir das 13:15 h.
5.- Categorías (masculina e feminina):
Pitufos: Nacidos a partir do ano 2010
Prebenxamíns: Nacidos nos anos 2009-2008
Benxamíns: Nacidos nos anos 2007-2006
Alevíns: Nacidos nos anos 2005-2004
Infantís: Nacidos nos anos 2003-2002
Cadetes: Nacidos nos anos 2001-2000
Xuvenís: Nacidos nos anos 1999-1998
Absoluta: Elite: de 18 a 34 anos
Veteranos A: masculino: de 35 a 39 anos
feminino: de 35 a 39 anos
Veteranos B: masculino: de 40 a 44 anos
feminino: de 40 a 44 anos
Veteranos C: masculino: de 45 a 49 anos
feminino: de 45 a 49 anos
Veteranos D: masculino: de 50 a 54 anos
feminino: de 50 anos en adiante
Veteranos E: masculino: de 55 a 59 anos
Veteranos F: masculino: de 60 anos en diante.
CATEGORÍA HORA SAÍDA DISTANCIA
Infantís / Cadetes 10:30 h 4 km
Xuvenís / Absoluta 11:00 h 10 km
Alevíns 12:15 h 2 Km
Benxamíns 12:30 h 1.400 m.
Prebenxamíns 12:45 h 1.000 m
Pitufos 13:00 h 250 m
6.- Premios: Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría e da absoluta. Haberá trofeo para o corredor e corredora de máis idade, e camisetas técnicas e avituallamento para os participantes na liña de chegada.
Haberá premios en metálico para os tres primeiros clasificados de cada categoría da absoluta.
ABSOL. SENIOR VET. A VET. B VET. C VET. D VET. E VET. F XUVENIL
MAS/FE MAS/FE MAS/FE MAS/FE MAS/FE MAS/FE MASC. MASC. MAS/FE
1º 100€ 30€ 30€ 30€ 30€ 30€ 30€ 30€ 30€
2º 75€ 20€ 20€ 20€ 20€ 20€ 20€ 20€ 20€
3º 50 € 10 € 10 € 10 € 10 € 10 € 10 € 10 € 10 €

Estos premios non son acumulativos: Só se entregará o de maior cuantía. Para recollelo, terá que presentarse o interesado/a provisto de DNI.
O primeiro premio da absoluta masculino e feminino, ademáis do premio en metálico e o trofeo, entregaráselles un bono dunha cea para dúas persoas.
7.- Inscricións: As categorías de Pitufos a Alevíns inscribiranse no correo electrónico clubatletismomorana@gmail.com ata o xoves 16 ás 14:00 h. Farán constar: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo, DNI e teléfono.
Nestas categorías admitiranse inscricións na liña de saída ata unha hora antes da saída.
Para as carreiras absoluta, xuvenil, cadete e infantil as inscricións faranse na páxina www.emesports.es Os atletas locais deberán especificalo na inscrición. Os atletas federados deberán poñer a que club pertencen.
Prezo inscrición: 5 €
Categorías cadete e infantil: 1 €
Categorías de pitufo a alevín: gratuíta
8.- Os atletas deberán estar na liña de saída 10 minutos antes do comezo da carreira.
9.- Será motivo de descalificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo que estime a Organización.
10.- A Organización non se fará cargo dos obxectos de valor extraviados polos corredores.
11.- A participación supón a total aceptación deste regulamento. Todo corredor, polo feito de tomar a saída, acepta tanto o presente regulamento coma as decisións que tome a Organización en caso de dúbidas.
12.- Haberá duchas no Pavillón Municipal de Deportes, a 600 metros da liña de meta.
13.- Prégase aos atletas de todas as categorías entreguen un kilo de comida non perecedeira no lugar de entrega de dorsais.
14.- A ORGANIZACIÓN DA CARREIRA A PARTIR DAS 12:30 H SERVIRÁ PINCHOS PARA TODOS OS ATLETAS PARTICIPANTES.