Calendario
Info da proba

Pontecesures

27/12/2014 16:30 - 18:45
Regulamento
XV Carreira Popular de Pontecesures

Sábado 27 de decembro de 2014
Praza do Coche de Pedra (Pontecesures)
A partir das 16:30 horas

O Concello de Pontecesures organiza a XV edición da súa carreira popular na localidade de Pontecesures o sábado 27 de setembro a partir das 16:30 horas.

REGULAMENTO

1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuices (Federación Galega de Atletismo).

2. Categorías dos participantes e horario das probas:

CATEGORIAS E HORARIOS

HORA CATEGORIA ANOS NAC DISTANCIA
18:15 h PITUFOS/AS 2010 e posteriores 200 m
16:30 h PREBENXAMIN 2008/2009 500 m
16:45 h BENXAMIN 2006/2007 850 m
16:50 h ALEVIN 2004/2005 850 m
17:00 h INFANTIL-CADETE 2002/2003 - 2000/2001 1.700 m
17:20 h XUVENIL/JUNIOR De 1996 a 1999 4 Kms aprox 17:20 h
17:20 h PROMESA/SENIOR De 1981 a 1995 4 Kms aprox
17:20 h VETERANOS/AS A De 1970 a 1980 4 Kms aprox
17:20 h VETERANOS/AS B 1969 e anteriores 4 Kms aprox

ENTREGA DE PREMIOS AS 19:00 HORAS

A SAIDA DE TODAS AS PROBAS REALIZARASE DESDE
A PRAZA DO COCHE DE PEDRA (PONTECESURES)

3. INSCRICIONS

 A inscrición da proba absoluta (de xuvenil/junior a veteranos) poderá realizarse nas webs www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago con data límite o mércores 24 de decembro ás 22 horas*.



 A inscrición das carreiras escolares (de pitufo a cadete) farase tamén a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago (data límite: mércores 24 de decembro ás 22 horas).

Deberán rellenar o formulario cos datos requeridos e finalizar o proceso de inscrición (poderán consultar o listado provisional de inscritos en ditas webs).

PREZOS DA INSCRICION

 CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a cadetes incluídos): GRATUITA

 PROBA ABSOLUTA (de xuvenil/junior a veterán): 5 €

* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago das páxinas web www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago.

Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co teléfono 981 291 799 (Federación Galega de Atletismo), ou no em@il FGAsantiago@gmail.com.

Teléfonos de información xeral da proba:

986 564 410 / 986 564 403 / 986 557 125 (Concello de Pontecesures)

Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da proba.

4. PREMIOS E AGASALLOS

Camiseta para os atletas chegados a meta na proba absoluta. Repartiranse tamén camisetas de regalo para os atletas das categorías escolares.

Trofeos ós 3 primeiros/as clasificados/as da xeral (4 km aprox.) (premios NON acumulativos).

Medallas ós/ás 3 primeiros/as de cada categoría establecida no regulamento da proba, agás na categoría pitufo onde non haberá clasificación (entregarase medalla a todos os participantes).

Trofeo o/a participante máis veterano/a que logre concluir a proba.


5. A entrega de dorsais terá como tempo límite 30 minutos antes de cada proba e realizarase no Centro Social de Pontecesures, a carón da saída das probas. Os dorsais colocaranse nun lugar visible na parte anterior do corpo, preferentemente na zona do peito, respectándose a publicidade existente neles. Na proba absoluta os atletas correrán cun chip que irá situado na parte traseira do dorsal.

6. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes e tamén a entrada ao circuíto de toda persoa allea á carreira.

7. A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento. A participación nas probas suporá a total aceptación deste Regulamento.

8. Haberá servizo de duchas no Pavillón Polideportivo Municipal de Pontecesures.

9. Todo o non recollido no presente regulamento rexirase pola normativa de probas en ruta da FGA e da RFEA en vigor.