Calendario
Info da proba

Boiro

14/12/2014 11:00 - 13:00
Regulamento
X Carreira Popular Mar de Boiro
8º Memorial Pepe Buceta

Data: domingo, 14 de decembro de 2014.
Hora: de 11:00 h. a 12:30 h.
Lugar: Praza de Galicia, Boiro.
Distancia:
Carreira mini (ata seis anos): 200 metros.
Carreira curta (escolares): 2.500 metros.
Carreira longa (xeral): 10.000 metros.
Organiza: Departamento de Deportes. Concello de Boiro.
Patrocina: Concello de Boiro.
Inscrición: Carreira longa na web de Championchip Norte.
Carreiras mini e escolares: no Departamento de Deportes.
Web: Concello de Boiro



:: Comenta a Carreira Mar de Boiro no foro ::


Contacto
Casa da Cultura “Ramón Martínez López” (parque da Cachada).
Teléfono: 981 848 425 / e-mail: deportes@boiro.org.
Persoa de contacto: Geno Rodríguez Fernández.

Inscricións
Carreira longa: na Web de Championchip (www.championchipnorte.com).

Carreiras mini e escolares: no Departamento de Deportes. Casa da Cultura “Ramón Martínez López”. Parque da Cachada. Avda Constitución nº 30. 15930 Boiro. A Coruña. Persoalmente. Teléfono (981 84 84 25). Correo electrónico (deportes@boiro.org).
- Aceptaranse inscricións ata o xoves 11 de decembro (ata as 14:00 h. no Departamento de Deportes e ata as 0:00 h. na web de Championchip).
- O día da proba, só se farán modificacións ou rectificacións das inscricións.
- As inscrición son gratuítas para as carreiras mini e escolares. Para a carreira longa (emprégase chip) a inscrición é de 4 euros para os propietarios de chip de Championchip e de 5 euros para os non propietarios.
- O depositario das cotas de inscrición será a empresa ChampionchipNorte. Ao remate do evento, a empresa depositaria deberá ingresarlle ao Concello de Boiro a totalidade da cantidade recadada.

Recollida de dorsais, Chips, saída, boxes e meta:
Na carpa que a organización terá na Praza de Galicia (fronte ao edificio do concello), a partir das 09:00 h. e ata as 10:15 h.
Aquí estarán situados tamén os boxes, avituallamento e a zona de entrega de trofeos. Ao lado da praza estarán situadas tamén a liña de saída e chegada.

Premios
- Trofeos para os 3 primeiros clasificados en tódalas categorías, excepto para a carreira mini.
- Agasallo aos 3 primeros corredores de Boiro da categoría xeral, masculino e feminino.
- Agasallo aos 500 primeiros corredores da categoría xeral que se inscriban na proba.
- Medallas para todos os participantes das carreiras curta e mini.
- Non haberá premios económicos.

Percorrido
Carreira mini. Ata 6 anos (200 metros).
Saída conxunta de todos os rapaces/zas de ata 6 anos (incluído) a 200 metros da liña de meta, ao comenzo da rúa peonil. O horario da saída será ás 10:40 h. Os pais que corran cos rapaces farano ao final do pelotón, para non entorpecer aos cativos máis rápidos. Deste xeito, os inscritos na carreira longa poderán correr cos fillos na carreira mini antes da súa proba.


Carreira curta. Escolares (2.500 metros).
Saída 5 minutos despois da categoría absoluta, na rúa Principal, fronte ó edificio do concello. Baixada pola rúa Principal ata o cruce da Avda. Constitución (despois do cruce da Avda. Compostela). Collemos a esquerda pola Avda. Constitución, pasamos a rotonda do cruce ca Avda. Compostela e seguimos subindo toda a Avda. Constitución, pasando os semáforos e chegando á rotonda do cruce de Abanqueiro. Volta á rotonda, subida ata a rúa Estatuto de Galicia e baixada todo recto ata entrar na meta na rúa peonil, na parte de atrás do edificio do concello. A saída será ás 11:05 h.


Carreira longa. Categoría xeral (10.000 metros).
Saída na rúa Principal, fronte ao edificio do concello. Baixada pola rúa principal ata o cruce da Avda. Constitución (despois do cruce da Avda. Compostela). Collemos á esquerda pola Avda. Constitución ata a rotonda da Avda. Compostela, torcendo á dereita en dirección a Praia Xardín. Ao final da Avda. Compostela torcemos á esquerda, entrando no paseo marítimo. Percorrido por todo o paseo marítimo ata o final do mesmo, no Saltiño. Sáese á Avda. Barraña e a 50 metros xa se colle o cruce á esquerda para subir pola Pedra da Bouza ata a Rotonda da Sestelo. Séguese pola estrada ata Triñáns e ao final torcemos á esquerda en dirección a Abanqueiro. O percorrido polas estreitas rúas de Triñáns lévanos ata a rotonda do cruce que vai para a praia de Mañóns, torcendo a dereita e dirixíndonos ata esta praia. De Mañóns seguimos a estrada ata o cruce preto da Charca de Abanqueiro. Ao final da Charca, collemos á esquerda para subir toda a recta do campo de fútbol de Abanqueiro ata chegar a Exipto, continuando recto pola estrada que pasa por Brión e, ao pasar San, torcemos á dereita en dirección á Boliña, ata chegar ao cruce ca Avda. Constitución. Aquí collemos á dereita en dirección á rotonda de Espiñeira, onde se fará un cambio de sentido (sen chegar a bordear a rotonda) para volver a baixar pola Avda. Constitución, torcemos á dereita no primeiro cruce para baixar pola rúa Estatuto de Galicia (onde está o Mercadona) todo recto ata entrar na meta na rúa peonil, na parte de atrás do edificio do concello. A saída será ás 11:00 h.

Regulamento categoría xeral

1. O Departamento de Deportes do Concello de Boiro será o organizador da X Carreira Popular “Mar de Boiro” – 8º. Memorial Pepe Buceta.

2. O Concello de Boiro, a comisión organizadora e os seus colaboradores non se fan responsables dos posibles danos morais, físicos ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas lles ocasionen os participantes nesta proba deportiva, nin outros que con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra mutualidade.

3. Tódolos participantes, polo feito de toma-la saída, aceptan as presentes bases e regulamento que, en caso de dúbida, decidirá o comité organizador.

4. O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu cumprimento.

5. Os atletas participarán cos dorsais tal e como son asignados pola organización, estando prohibido cortalo ou doblalo, debendo quedar ben visible o número e a publicidade.

6. Utilizarase o CHIP da empresa “Championchip” como xeito de CRONOMETRAXE ELECTRÓNICO. Este chip entregaráselle ao corredor, xunto co dorsal, ata 45 minutos antes do comenzo da proba. Hai que colocalo na zapatilla, enganchándoo co cordón. Se o chip vai colocado por riba da coxa (bolsillo, man, brazalete...) córrese o risco de que non funcione correctamente.

Ao rematar a carreira, hai que quitalo e entregarllo aos encargados de recoller os chips, situados no corredor da meta.
É OBRIGATORIO DEVOLVER O CHIP. Caso contrario, o prezo do chip estraviado cargaráselle ao corredor en cuestión.

7. Todo corredor que non realice o percorrido completo, que chegue á meta sen dorsal ou ao entender dos xuices da organización cometa algunha irregularidade, será descalificado.

8. A saída será ás 11:00 h. na rúa Principal, fronte ao edificio do concello. A chegada será na parte de atrás deste edificio, na rúa peonil.

9. Os participantes deberán situarse na saída 5 minutos antes do comezo da proba, dividindo 2 grupos: adiante, da categoría cadete cara adiante e, a 25 metros por atrás aproximadamente, as categorías de escolares: benxamín, alevín e infantil. Daranse dúas saídas: primeiro a categoría xeral e logo, a categoría de escolares.

10. A organización establece as seguintes categorías segundo o ano de nacemento:
- Benxamín Masc. e Fem.: nados/das en 2006 e 2007
- Alevín Masc. e Fem.: nados/das en 2004 e 2005
- Infantil Masc. e Fem.: nados/das en 2002 e 2003
- Cadete Masc. e Fem.: nados/das en 2000 e 2001
- Juvenil Masc. e Fem.: nados/das en 1998 e 1999
- Junior Masc. e Fem.: nados/das en 1996 e 1997
- Promesa Masc. e Fem.: nados/das en 1993, 1994 e 1995
- Senior Homes e Mulleres: nados entre 1992 e 1979 (ambos incluídos)
- Veteranos/as A: homes e mulleres nados entre 1978 e 1969 (ambos incluídos)
- Veteranos/as B: homes e mulleres nados entre 1968 e 1959 (ambos incluídos)
- Veteranos/as C: homes e mulleres nados en 1958 e anos anteriores

11. As categorías e o circuíto estarán expostos na Praza de Galicia, na saída da carreira. A Carreira mini será para os máis cativos (ata 6 anos); a carreira curta para as categorías benxamín, alevín e infantil, sendo a carreira longa para o resto das categorías.

12. A organización establecerá puntos de control ao longo de todo o percorrido.

13. O percorrido estará sinalizado en cada kilómetro, así como a recta final de meta e a súa lonxitude.

14. A organización contará coa axuda dos organismos oficiais municipais competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido.

15. Os corredores serán acompañados por coches da organización. Un coche oficial abrirá a carreira e un microbús irá pechando, facendo funcións de “coche escoba”.

16. O acompañamento aos corredores por xente allea á organización ou por vehículos non autorizados será motivo de descalificación.

17. O control de chegada pecharase 45 minutos despois de que entre na meta o primeiro corredor clasificado.

18. As inscricións realizaranse nos lugares que se indican nas bases xerais.

19. A clasificación será absoluta e por categorías.

20. A organización premiará cun trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría e aos tres gañadores absolutos (tanto masculino coma feminino). Ademais, outorgaranse os seguintes premios:

Tres primeiros corredores e tres primeiras corredoras de Boiro en cruzar a liña de meta na categoría xeral. Participante con máis idade. Medallas para todos os participantes das carreiras mini e curta.

21. Os trofeos poderán ser acumulativos.

22. A entrega de trofeos será ás 12:15 h. na Praza de Galicia, fronte ao edificio do concello.

23. Para as duchas e vestiarios poderán utilizarse as do pavillón do Complexo Deportivo da Cachada, situado ao lado da Piscina Municipal e a escasos 300 metros do lugar da saída da carreira.

24. As reclamacións, se as houbera, faranse na carpa da organización, tendo como hora límite as 12:00 h.

25. Ante calquera circunstancia non comentada nestas bases e regulamento, a organización tomará as decisións oportunas.

26. Polo ben de todos, rógase aos participantes, acompañantes e demais público que presencie a proba, un comportamento exemplar cara aos compañeiros, público, organización e a proba en xeral.


Regulamento categoría escolares
1. Entrarán nesta categoría tódolos corredores nados entre os anos 2002 e 2007 (ambos incluídos), coincidindo coas categorías infantil, alevín e benxamín.
2. Esta categoría percorrerá o circuíto curto, de 2.500 metros.
3. Está permitido que os pais ou adultos corran acompañando aos nenos.
4. Cada centro escolar poderá inscribir a tódolos rapaces/zas que desexe. O prazo de inscrición rematará o 11 de decembro de 2014.
5. A proba de escolares, salvo no especificado neste regulamento, rexerase polas bases e regulamento xeral da X Carreira Popular “Mar de Boiro”, 8º Memorial Pepe Buceta.


Regulamento carreira mini
1. Entrarán nesta categoría tódolos corredores nados no ano 2008 e posteriores.
2. Esta categoría percorrerá o circuíto mini, de 200 metros aproximadamente.
3. Está permitido que os pais ou adultos corran acompañando aos nenos, pero farano ao final do pelotón, para non entorpecer aos cativos máis rápidos.
4. A proba de escolares, salvo no especificado neste regulamento, rexerase polas bases e regulamento xeral da X Carreira Popular “Mar de Boiro”, 8º Memorial Pepe Buceta.




:: Comenta a Carreira Mar de Boiro no foro ::