Calendario
Info da proba

Porto do Son

29/06/2014 9:30 - 15:30
Regulamento Andaina da Costa do Son - Porto do Son

Día: 29 de xuño de 2014
Hora: 09:30 h.
Hora límite: 15:30 h.
Distancia: 25 km.
Saída e chegada: Camping Fraga Balada - Xuño (Porto do Son)
Organiza: Arousa Natureza e Ocio
Información e plazo inscricións: Arousa Natureza e Ocio (plazo: 3 de xuño ao 26 de xuño do 2014)
Custo da inscrición: 6 €
Páxina web oficial: www.arousa.com
E-mail: contacto@arousa.com

###################################

Presentamos un roteiro de sendeirismo que terá como punto de partida e chegada a parroquia sonense de Xuño, donde o Camping Fraga Balada servirá de base poñendo os seus servizos a disposición dos participantes.

O roteiro levarache a descubrir a Ponte Medieval de Rio Sieira, a Costa do Barrento, o máxico Santuario de Nadelas, as praias de Queiruga, O Dique, Arealonga, ata chegar aos Castros de Baroña, para logo voltar por Queiruga pasando pola ermita de Santa Lucía, o Tempo de Santo Estevo, e continuar descubrindo os petroglifos da Pedra dos Cervos, antes de chegar á capela de Pedra Furada, e voltar de novo pola Ponte de Rio Sieira.

Como complemente ofrécese a posibilidade de facer a ruta na modalidade de Canitrekking, que se fixa as 9:00 h. como horario de saída.

Dispondrase de un avituallamento intermedio e outro final nas instalacións do Camping Fraga Balada, como colofón a un día de actividade ao aire libre e en compañía dos demais participantes.