Calendario
Info da proba

Oleiros

23/08/2008 16:00 - 18:00
Regulamento
XIX Triatlón Concello de Oleiros

Data: sábado, 23 de Agosto de 2008
Hora: 16:00 h
Lugar: Parque A Lagoa de Mera, no Concello de Oleiros
Distancia: 750 m de natación + 23 km en bicicleta + 5 km carreira a pé
Organiza: Concello de Oleiros
Inscrición:
As inscricións serán gratuítas e faranse a partir do luns 11 de agosto ata as 12:00h do martes 19 de agosto, no Centro Municipal da Fábrica, en Perillo, na rúa do Inglés s/n, en horario de luns a venres de 10:00 h a 14:00 h (Tel.: 981 636 598, Fax: 981 639 592, correo electrónico: afabrica (arroba) oleiros (punto) org) achegando os datos: DNI, nome, apelidos, data de nacemento, teléfono, clube e categoría.

As personas que fagan licenza dun día deberán achegar ademais a fotocopia do DNI.
Web: Federación Gallega de Triatlón


Participación:
Neste triatlón poderán participar:
Todos os deportistas federados na F.G. de Triatlón.
Aquelas persoas que fagan licencia dun día (achegando ademais unha fotocopia do DNI).
A efectos de control organizativo o número máximo de participantes será de 120. Admitindo a inscrición por orde de chegada.

Data e horario da carreira:
Sábado 23 de agosto de 2008
Saída ás 16:00 h desde o Parque A Lagoa de Mera, no Concello de Oleiros
Entrega de dorsais de 14:00 h a 15.30 h
Control do material de 15:00 h a 15:40 h.

Colaboran:
Federación Galega de Triatlón
Protección Civil Concello de Oleiros
Policía Local Concello de Oleiros
Deputación da Coruña