Calendario
Info da proba

Ribadavia

18/05/2014 11:30 - 13:30
Regulamento I Carreira Popular de Ribadavia

CARREIRA POPULAR DE RIBADAVIA
REGULAMENTO

ART. 1 O Club Deportivo Aurum coa colaboración da Delegación de Ourense da Federación Galega de Atletismo organiza a I Carreira Popular de Ribadavia, que se celebrará o domingo 18 de maio de 2014 no Concello de Ribadavia.
ART. 2 Poderán participar atletas federados e atletas populares. Realizarase unha clasificación conxunta. Esta proba pertence ó calendario da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA - Delegación de Ourense. O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado por procedementos automatizados.
ART. 3 CATEGORÍAS
PITUFOS 2007 e posteriores PROMESA 1992 / 1993 / 1994
BENXAMÍN 2005 / 2006 SENIOR 1991 e anteriores ata veteráns
ALEVÍN 2003 / 2004 VETERÁN A De 35 a 44 anos
INFANTIL 2001 / 2002 VETERÁN B De 45 a 54 anos
CADETE 1999 / 2000 VETERÁN C De 55 a 64 anos
XUVENIL 1997 / 1998 VETERÁN D Maiores de 65 anos
JUNIOR 1995 / 1996 ABSOLUTA

ART. 4 DISTANCIAS E HORARIOS
HORARIO CATEGORÍA DISTANCIA VOLTAS
11:30 PITUFOS 100 m. Volta na Praza Maior
11:40 BENXAMÍN - ALEVÍN 1.000 m. 2 Voltas pequenas
11:50 INFANTIL - CADETE 2.000 m. 4 Voltas pequenas
12:00 XUV-JUN-PRO-SEN-VET A-B-C-D 8.820 m. 1 Volta grande

ART. 5 LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO
A saída estará situada na Praza Maior de Ribadavia e a carreira discorrerá polas seguintes rúas: Rúa do Progreso - Rúa do Ribeiro - Rúa Veronza - Rúa do Xestal - Área Recreativa da Veronza (carril bici) - Rúa Veronza - Paseo do Avia - Paseo do Miño - Rúa da Aldea - Rúa das Laxas - Rúa Ramal - Estrada Francelos - Rúa San Lázaro - Rúa Redondela - Rúa Extramuros - Rúa Porta Nova de Arriba - Praza Magdalena - Rúa Santiago - Rúa Jerusalén - Rúa Cervantes - Rúa Rodríguez Moure - Rúa Merelles Caula - Praza Maior. (8.820 m. aprox.)
(Ver plano anexo)


ART. 6 INSCRICIÓNS
Dende o 28 de abril de 2014 os atletas federados e populares deberán inscribirse no formulario habilitado ó efecto na web da FGA. A inscrición ten un custe de 5€ que deberan aboar mediante pasarela de pago. Para os atletas das categorías menores de 18 anos, a inscrición será gratuíta. Dispoñen de prazo para as inscrición ata as 20:00 horas do mércores 14 de maio de 2014. Os participantes da categoría PITUFOS, inscribiranse o mesmo día da proba ata 10 minutos antes da saída na Secretaría de Competición (Casa do Concello de Ribadavia).
ART. 7 RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
A retirada de dorsais e chips realizarase no baixo da Casa do Concello de Ribadavia (Praza Maior, 1) entre as 10:00 h. e as 11:30 h. do día de celebración da proba.
ART. 8 AGASALLOS E PREMIOS
Coa retirada do dorsal entregarase unha bolsa do corredor con produtos e un agasallo.
Todos/as participantes da Categoría PITUFOS recibirán unha medalla o rematar a súa participación na proba.
Os gañadores/as das categorías BEN-ALE-INF-CAD-XUV recibirán unha medalla.
Os gañadores/as das categorías JUN-PRO-SEN-VET recibirán unha medalla e Viño do Ribeiro.
Os tres primeiro/as clasificados da categoría ABSOLUTA recibirán un trofeo e Viño do Ribeiro.
ART. 9 Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de Atletismo e da RFEA referente a probas en ruta, poderá ser descualificado. A organización establece un peche de control 60’ despois da chegada do 1º clasificado absoluto da proba.
ART. 10 Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo a organización. Nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participantes. Non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, nin correr acompañados destes en ningún momento.
A organización recomenda ós participantes, pola súa seguridade, que non utilicen durante a carreira dispositivos reprodutores de música con auriculares.
ART. 11 As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
ART. 12 SERVIZOS Na zona de saída e meta sita na Praza Maior de Ribadavia encontrase persoal sanitario, ambulancia e avituallamento. Haberá servizo de duchas no Pavillón Municipal de Ribadavia O Consello. (Ver plano anexo). A proba conta cun seguro de Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos para os participantes.
ART. 13 NORMATIVA Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento da FGA, RFEA e IAAF en vigor.