Calendario
Info da proba

Padrón

05/04/2014 17:00 - 20:00
Regulamento Data: sábado, 5 de abril de 2014.
Hora: a partir das 17:00 h probas adultos. Campeonato de España 18:30 h. Escolares a partir das 11:30 horas
Lugar: Concello de Padrón.
Distancia: de 200 a 10.000 m.
Organiza: Concellería de Deportes de Padrón.
Inscrición: Ver punto 4 do regulamento.



XII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PADRÓN. CAMPIONATO DE ESPAÑA DE 10 KM EN RUTA ABSOLUTO E VETERANOS. TERRAS DE IRIA

A Concellería de Deportes de Padrón coa colaboración dos Concellos de Dodro e Rois, organizan o sábado 5 de abril a partir das 11:30 horas, a XII Carreira Popular Concello de Padrón que será a súa vez Campionato de España Absoluto e das categorias Junior, Promesa e veteranos de 10 km en Ruta 2014.
As probas absolutas do Campionato de España e a Carreira Popular disputaranse sobre unha distancia de 10 km homologados pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA). As probas levaranse a cabo na localidade de Padrón (A Coruña) e estarán baixo o control técnico das Federacións Española (RFEA) e Galega de Atletismo (FGA). As probas estarán suxeitas o seguinte:

REGULAMENTO

1. Poderán participar atletas federados e non federados na carreira popular. O control da carreira estará a cargo dos Comités Galego e Nacional de Xuíces.

2. CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN:
Para a XII Carreira Popular Concello de Padrón as categorías de competición serán as seguintes:

CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
PITUFO Atletas nados no 2010 e posteriores*
PREBENXAMÍN Atletas nados nos anos 2007, 2008 e 2009*
BENXAMIN atletas nados no 2005 e 2006
ALEVIN atletas nados no 2003 e 2004
INFANTIL atletas nados no 2001 e 2002
CADETE atletas nados no 1999 e 2000
XUVENIL atletas nados no 1997 e 1998
JUNIOR atletas nados no 1995 e 1996
PROMESA atletas nados no 1992, 1993 e 1994
SENIOR atletas nados entre 1991 e 1980
VETERANOS A atletas nados entre 1969 e 1979
VETERANOS B atletas nados entre 1959 e 1968
VETERANOS C atletas nados en 1958 e anteriores
VETERANAS A atletas nadas entre 1969 e 1979
VETERANAS B atletas nadas en 1968 e anteriores
* As categorías Pitufo e Prebenxamín non son categorías federadas

Para o Campionato de España de 10 km en ruta tomaranse como referencia as categorías contempladas no regulamento da RFEA para probas en ruta que se publicarán de xeito previo á proba na circular do campionato na web www.rfea.es.

3. DISTANCIAS E HORARIO
O percorrido da proba absoluta estará homologado pola RFEA e as marcas entrarán a formar parte do ranking galego e nacional da distancia de 10 km en ruta. A SAÍDA DAS PROBAS ESTARÁ SITUADA NO CAMPO DO SOUTO. Na proba absoluta haberá caixóns de saída dependendo das marcas realizadas na distancia (só en probas homologadas).
AS PROBAS ESCOLARES DISPUTARANSE POLA MAÑÁ.

HORA CATEGORÍA DISTANCIA
11:30 h PITUFOS 200 m aprox.
11:40 h PREBENXAMÍN 500 m aprox.
11:50 h BENXAMÍN 800 m aprox.
12:00 h ALEVÍN 1000 m aprox.
12:15 h INFANTIL – CADETE 3500 m aprox.
13:00 h ENTREGA DE PREMIOS PROBAS ESCOLARES (CAMPO DO SOUTO)
17:00 h CARREIRA POPULAR XUVENIL 5 km homologados pola RFEA
(1 volta circuíto Grande)
17:00 h CARREIRA POPULAR
JUNIOR / PROMESA /
SENIOR e VETERÁN 10 km homologados pola RFEA
(2 voltas circuíto Grande)
18:30 h CAMPEONATO DE ESPAÑA DE 10 KM EN RUTA
19:45 h ENTREGA DE PREMIOS CARREIRA POPULAR E CAMPEONATO
DE ESPAÑA (CAMPO DO SOUTO)

O percorrido da proba absoluta estará indicado, controlado e sinalizado cada kilómetro. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ao longo do percorrido.

4. INSCRICIONS
 ADULTOS (de xuvenil a veteráns): ata o mércores 2 de abril ás 22:00 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición). Deberán indicar a marca en 10 km homologados na presente tempada ou na anterior.
Os atletas con licencia rfea federativa que desexen tomar parte no campionato de españa 10 km en ruta deberán realizar a súa inscrición a través do sistema online da Federación Española de Atletismo (http://isis.rfea.es/sirfea2).

 ESCOLARES (ata cadetes): ata o mércores 2 de abril de 2014 ás 22:00 horas a través da plataforma online nas webs www.fgatletismo.es/santiago e www.atletismogalego.org onde deberán indicar os datos da inscrición requeridos.
Teléfono de información: 627 008 584 en horario de 9 a 14 horas.

Non se aceptarán inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sin todos os datos obrigatorios, os cales serán: nome e apelidos, data de nacemento, teléfono e correo electrónico de contacto (se o ten), localidade de procedencia, provincia, colexio ou clube co que participa e número de licencia federativa ou seguro escolar (se a/o ten).

> O PREZO da inscrición da carreira popular (a proba absoluta estará controlada a través dun CHIP) será o seguinte:
- CATEGORIAS ESCOLARES: GRATUITA
- CATEGORÍAS XUVENIL E POSTERIORES: 5,00 €

OS PARTICIPANTES NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE 10 KM EM RUTA ABSOLUTO E DE VETERANOS PODERÁN ESTAR SUXEITOS A ALGUNHA COTA DE INSCRICIÓN DA Real Federación Española de Atletismo. NON SERÁ COTA DA ORGANIZACIÓN DA PROBA.
A pre-inscricion non se completará se non se fai o pago no momento de inscribirse na web www.emesports.es. Haberá un límite de 1000 inscritos na proba popular absoluta.
Calqueira dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono: 627 008 584 en horario de 9 a 14 horas.

5. RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS
Realizarase o día da proba no AUDITORIO MUNICIPAL a carón do Centro Social (Campo do Souto) en horario de 09:30 a 13:00 h tanto para as probas escolares como as de adultos (recomendable); tamén poderán recollerse dende as 15 horas ata media hora antes do inicio de cada proba das da xornada de tarde.
O dorsal outorgado pola organización deberá levarse colocado na parte dianteira do corpo, en toda a súa extensión e de xeito visible. Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal será descualificado.
CONTROL CON CHIP: A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba.

TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA PROBA..

DESCALIFICACIÓNS: Todo corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será descualificado a criterio do Xuiz Árbitro da Competición. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS O XUÍZ ÁRBITRO DA COMPETICIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.

6. TROFEOS, PREMIOS e AGASALLOS
Na XII Carreira Popular Concello de Padrón, outorgaranse os seguintes premios:
› PROBAS ESCOLARES
- Trofeos aos 3 primeiros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo.
- Agasallos según disponibilidade e ata fin de existencias.
› PROBA ABSOLUTA. CARREIRA POPULAR.
- Trofeo aos 3 primeros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo.
- Trofeo especial aos 3 primer@s da clasificación xeral Masculina e Feminina da carreira popular.
› CAMPEONATO DE ESPAÑA DE 10 KM EM RUTA
- Entegaranse as premiacións determinadas na circular do Campionato que poderán consultar em www.rfea.es.
Entregarase unha camiseta conmemorativa da proba a cada participante, tanto escolar como absoluta, ata fin de existencias. Pendente de confirmar agasallos puntuais por firmas colaboradoras.
PREMIOS EN METÁLICO DO CAMPIONATO DE ESPAÑA
Outorgaranse premios en metálico aos 5 primeiros/as clasificados do Campionato de España de 10 km en ruta
› 1º/ª Clasificado/a: 350 €
› 2º/ª Clasificado/a: 200 €
› 3º/ª Clasificado/a: 125 €
› 4º/ª Clasificado/a: 75 €
Outorgaranse premios en metálico aos 4 primeiros/as clasificados da Carreira Popular
› 1º/ª Clasificado/a: 250 €
› 2º/ª Clasificado/a: 125 €
› 3º/ª Clasificado/a: 75 €
› 4º/ª Clasificado/a: 25 €

PREMIOS ESPECIAIS DA CARREIRA POPULAR
- Trofeo o/a 1º/ª Corredor/a local da proba absoluta.
- Trofeo Participación, o colexio/clube con máis corredores inscritos que finalizen a proba.
- Trofeo Benxamín, o corredor/a de menor idade.
- Trofeo Superveterán o corredor home con maior idade que finalize a carreira popular.
- Trofeo Superveterana á corredora con maior idade que finalize a carreira popular.
- 3 invitacións para 2 persoas ó Aquaform do Balneario de Cuntis ós 3 primeros/as
clasificados/as da carreira popular absoluta.
- 3 cestas de productos EROSKI valoradas en 60, 30 y 20 euros ós 3 primeros/as clasificados/as da carreira popular absoluta e do campeonato de España de 10 km en ruta.

O PAGAMENTO DOS PREMIOS EN METÁLICO REALIZARASE UNHA VEZ QUE REMATEN AS PROBAS E ANTES DA ENTREGA DE PREMIOS. (EXPORASE COA MAIOR BREVIDADE POSIBLE UN LISTADO DE CLASIFICACIÓNS PROVISIONAL). PARA PODER PERCIBIR O PREMIO SERÁ OBRIGATORIO A PRESENTACIÓN DO DNI OU DOCUMENTO ACREDITATIVO DA IDENTIDADE.

Haberá Servicio de Duchas nos Polideportivos do Souto (só para homes) e do Grupo Escolar (para homes e mulleres). O horario de apertura de ambos será de 11:00 a 13:30 pola mañán e de 15:30 h–19:30 h pola tarde.

Poderán consultar os resultados oficiais e toda a información relativa ás probas nas webs:
- www.rfea.es
- www.carreirasgalegas.com
- www.atletismogalego.org
- www.fgatletismo.es/santiago/
- www.emesports.es
- www.correrengalicia.org