Calendario
Info da proba

Cross Compostela

15/02/2014 10:30 - 13:30
Regulamento
III Cross Compostela Concello de Santiago
Campionato Provincial de Campo a Través Escolar

Data: sábado, 15 de febreiro de 2014.
Hora: a partires das 10:30 h. - Cross popular 13:00 h.
Lugar: Circuito de Salgueiriños.
Distancia: de 700 a 5.000 metros.
Organiza: Concello de Santiago de Compostela e Federación Galega de Atletismo (Santiago).
Inscrición: Ver no regulamento.
Web: Delegación en Santiago da FGA



:: Comenta o Cross Compostela neste tema do foro ::

O Excmo. Concello de Santiago de Compostela a través do seu Departamento de Deportes organiza, xunto coa Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago), o sábado 15 de febreiro de 2014 no circuito de Salgueiriños o III CROSS DE COMPOSTELA que será a súa vez CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR.

As probas estarán baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices e segundo o seguinte:

REGULAMENTO
1. Poderán participar todos os atletas das seguintes categorías (homes e mulleres):
- Xuvenil atletas nados/as nos anos 1997 e 1998
- Junior atletas nados/as nos anos 1996 e 1995
- Promesa atletas nados/as nos anos 1992, 1993 e 1994
- Senior atletas nados/as entre 1991 e 1978
- Veteranos A atletas nados/as entre 1977 e 1967
- Veteranos B atletas nados/as en 1966 e anteriores

2. Poderán participar todos os atletas das citadas categorías que sexan ou non FEDERADOS no III Cross de Compostela. No Campionato Provincial de Campo a Través Escolar só poderán participar os atletas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete clasificados nas fases anteriores celebradas na provincia de A Coruña.

3. DISTANCIAS APROXIMADAS E HORARIOS
III Cross de Compostela / Campionato Provincial de Campo a Través Escolar
HORA CATEGORÍA SEXO DISTANCIA
10:30 h Benxamín Femenino F 700 m aprox.
10:40 h Benxamín Masculino M 700 m aprox.
10:50 h Alevín Femenino F 1200 m aprox.
11:10 h Alevín Masculino M 1600 m aprox.
11:30 h Infantil Femenino F 1600 m aprox.
11:50 h Infantil Masculino M 2000 m aprox.
12:10 h Cadete Femenino F 2500 m aprox.
12:30 h Cadete Masculino M 4000 m aprox.
13:00 h CROSS POPULAR M/F 5000 m aprox.
13:30 h Entrega de Premios

4. As inscricións das categorías xuvenil, junior, promesa, senior e veteranos poderanse facer a través do formulario online presente nas webs www.fgatletismo.es/santiago e www.carreirasgalegas.com con prazo límite o mércores 12 de febreiro ás 23 horas. Deberán reflexar os datos requeridos no formulario de inscrición online.

5. O prezo de inscrición do cross popular será de 3 € que se poderán aboar a través da pasarela de pago presenta nas páxinas web anteriormente mencionadas.

6. As inscricións do Campionato Provincial de Campo a Través Escolar realizarase segundo a normativa reflexada en www.deportegalego.com.

7. Haberá servizo de duchas e vestiarios no polideportivo do Instituto Xelmírez I (a 200 metros da zona de competición) e no polideportivo municipal de Vite.

8. PREMIOS
CROSS DE COMPOSTELA (Cross Popular)
Medalla os 3 primeiros atletas clasificados a nivel individual de cada categoría establecida no presente regulamento, sendo estas xuvenil, junior, promesa, senior e veteráns A e B tanto en homes como en mulleres.

9. Os atletas deberán utilizar o dorsal outorgado pola organización de forma totalmente visible, en toda a súa superficie, colocado na parte de diante. O incumplimento desta norma será motivo de descalificación.

10. Todo o non disposto no presente regulamento resolverase de acordo coas normas da I.A.A.F.


:: Comenta o Cross Compostela neste tema do foro ::