Calendario
Info da proba

Palas de Rei - Melide

28/06/2014 18:30 - 21:30
Regulamento II Media Maratón Os 21 do Camiño - JIM SPORTS

www.os21docamino.com

http://correrengalicia.org/index.php?name=Forums&file=viewtopic&t=14351&start=30


1. O Clube Atletismo Cerne organiza a “Os 21 do Camiño, media maratón Jim Sports”, que se disputará o vindeiro 28 Xuño as 18:30 horas entre as localidades de Palas de Rei e Melide.

2. A carreira terá saída da praza de Palas de Rei dando unhas voltas polo pobo, para despois coller o camiño de Santiago ata a localidade de Melide, onde tamén se darán unhas voltas para completar os 21,097 metros. Polo tanto é unha combinación entre terra e asfalto, sendo a maior parte da carreira por terra.

3. Dadas as características da carreira ( maior parte terra), esta media maratón non está homologada.

4. Poderán participar todos aqueles corredores que o desexen que cumpran o requisito de ter cumpridos os 18 anos o día de celebración do evento.

5. A competición estará cronometrada pola empresa championchipnorte, e cada corredor deberá levar un chip electrónico que lle proporcionará a organización. En caso de non posuílo, alugarao por un euro. Ao finalizar a proba deberao devolver.

6. Os participantes terán varios puntos de avituallamento líquido e sólido durante o percorrido , así como outro a chegada a meta. Os avituallamentos estarán colocados onde a organización o estime conveniente.

7. A carreira discorrerá na súa maior parte polo camiño de Santiago, patrimonio da humanidade, por iso facemos un chamamento polo sentidiño e a colaboración dos participantes, para que procuren arroxar as botellas nas zonas próximas aos avituallamentos (haberá contedores) co fin de deixar o recorrido tan limpo como o atopamos antes do evento.

8. Os participantes recibirán unha bolsa de corredor con regalos, dorsais e chip.

9. Os tres primeiros clasificados masculinos e femininos en categoria xeral e o primeiro corredor local masculino e feminino en chegar recibirán premio económico:

1º clasificado masculino: 300 euros 1ª clasificada feminina: 300 euros
2º clasificado masculino: 150 euros 2ª clasificada feminina: 150 euros
3º clasificado masculino 100 euros 3ª clasificada feminina: 100 euros

O primeiro corredor local (empadroado en Terra de Melide ou na comarca da Ulloa) tanto masculino como feminino recibirán a cantidade de 60 euros, este premio non é acumulable ao de categoría xeral.

10. Estableceranse as seguintes categorías de competición, habendo trofeos para cada categoría:

XUVENIL/JUNIOR atletas nados/as entre 1992 y 1996.
PROMESA/SENIOR Dende o 91 e anteriores ata veteranos.
VETERANO/A A De 35 a 44 cumpridos o dia da proba.
VETERANO/A B De 45 a 54 cumpridos o dia da proba.
VETERANO/A C Mais de 55 anos.XERAL todas as categorías.

11. A organización poñerá servizo de autobuses para os corredores que previamente o soliciten (requisito imprescindible). Saída de Melide do Cantón de San Roque dende as 17:00 horas e cada 15 minutos cara Palas de Rei. O finalizar o evento tamén se disporá de transporte de regreso a Palas saída cada 30 minutos ata as 22 horas. Imprescindible apuntarse antes.

12. A inscrición no evento é a través de www.championchipnorte.com, onde solicitan o servizo de autobuses, o préstamo de chip, para os que non son propietarios de chip amarelo cobrarase 1 euro a maiores, a talla de camiseta e pantalón, onde se efectúa o pago de inscrición na carreira.
-15 euros ata o 18 de Xuño
-20 euros dende o 19 de Xuño ata o 25 de xuño. Pasada esa data non se poderá inscribir mais xente.

13. O evento esta limitado a 700 persoas. Unha vez que se acade este límite non se poderán inscribir máis.

14. Tamén se disporá dun servizo de transporte de mochilas, servizo gardarroupa e duchas en ambos concellos.

15. A carreira discorrerá en gran parte polo trazado peonil do Camiño de Santiago, cruzando a estrada en escasas ocasións. A organización poñerá medios para controlar o paso dos participantes. Os participantes deberán atender as normas de circulación en caso de atoparse con camiñantes durante a proba.

16. O tempo máximo de realización da proba é de 3 horas dende a saída, polo tanto ata as 21:30 horas. A partir de aí retíranse os controis tanto persoais como electrónicos e o participante continuará pola súa conta.

17. Cada corredor disporá dun seguro de accidentes ais coma un de responsabilidade civil nominal contratado pola organización.

18. Contarase cun servizo gratuíto de fisioterapia o rematar o evento, así como dun servizo de ambulancias medicalizado durante o transcurso do evento.

19. Os dorsais recolleranse o día da proba dende as 16:30 ata as 18:00 horas na praza de Palas. Deberase presentar o DNI e para recoller o de outra persoa deberase acudir con fotocopia do DNI de esta. Salvo causas de suspensión da proba non se terá dereito a devolución do importe unha vez inscrito aínda que o corredor non poida participar.

20. Non serán admitidos corredores que non estean inscritos ou corran sen dorsal e chip,impedindo que teñan aceso a carreira en defensa dos dereitos dos que regulamentariamente están inscritos.

21. Cada corredor acepta as normas da proba polo mero feito de inscribirse e tamén participa baixo a súa enteira responsabilidade, afirma ter un nivel de condición física suficiente para afrontar a proba e que pasou os pertinentes recoñecementos de saúde.
A organización e empresas colaboradoras non se fan responsables de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falla de forma física do participante.
O participante exime de toda responsabilidade a organización que puidera derivar da súa participación no evento (Exemplo perdida de obxectos persoais, roubo, lesión, atropelos, agresións...)


CARREIRA DE NENOS

1. As carreiras de nenos terán lugar en Melide.
2. A recollida de dorsais será na zona de meta media hora antes de cada carreira.
3. Non haberá servizo de autobuses para a carreira de nenos.
4. Haberá tres categorías:

PITUFOS (nados entre 2007 e 2009) 16:45 horas 200 m aprox.
BENXAMÍN E ALEVÍN (nados entre o 2003 e 2006) 17:00 horas 500 m aprox.
INFANTIL E CADETE (nados entre 1999 e 2002) 17:15 horas 1000 m. aprox.

-Os participantes terán avituallamento a chegada a meta, así como detalle conmemorativo.