Calendario
Info da proba

Ames

20/10/2013 11:00 - 13:30
Regulamento
XIV Carreira Pedestre Concello de Ames

Data: domingo, 20 de outubro de 2013.
Hora: A partir das 11 horas.
- Proba de xuvenil-junior a veteranos -- 11:00 h (7900 m aprox.)
- Proba Pitufo: -- 12:00 h (250 m aprox.)
- Proba Prebenxamín: -- 12:05 h (500 m aprox.)
- Proba Benxamín: -- 12:10 h (500 m aprox.)
- Proba Alevín: -- 12:20 h (1200 m aprox.)
- Proba Infantil - Cadete: -- 12:35 horas (2400 m aprox.)
Lugar: Paseo Fluvial de Bertamiráns.
Distancia: ata 7.900 m. aproximadamente.
Organiza: Concello de Ames e Delegación en Santiago da FGA.
Inscrición: Eme Sports
Web: Concello de Ames





:: Comenta a Carreira de AMES neste tema do foro ::

REGULAMENTO
1. As probas disputaranse na localidade de Bertamiráns. A saída e chegada de cada proba farase no paseo fluvial e o circuíto correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado.

2. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, Delegación de Santiago de Compostela.

3. As inscricións das probas escolares (de chupete a cadete) realizaranse a través da web www.emesports.es enchendo o formulario de inscrición online.

As inscricións de adultos (de xuvenil ata veterano) realizaranse tamén a través da web www.emesports.es.

O prazo de inscrición rematará o mércores 16 de outubro ás 22:00 horas.

PREZOS DA INSCRICIÓN
CATEGORÍAS ESCOLARES (ata cadetes incluídos): gratuíta
PROBA ABSOLUTA (de xuvenil a veteranos): 5 €

Poderase formalizar o pagamento a través da pasarela de pago na propia web.
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin o día da carreira.

4. Os dorsais retiraranse na secretaría da organización situada no Paseo Fluvial de Bertamiráns ata media hora antes da proba correspondente.

5. Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría, masculinos e femininos e tamén os tres primeiros absolutos masculino e feminino. Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.

Non se realizará premiación nin se lle dará trofeos aos participantes das categoría prebenxamín e pitufo. Nestas categorías entregaráselle unha medalla a cada participante.

6. Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de xeito correcto na zona do peito, será automaticamente descualificado/a.

7. Os e as participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo de cada proba.

8. Aos/ás atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade coa presentación do DNI ou pasaporte.

9. Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.

10. O horario das saídas poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en función do número de participantes de cada categoría.

11. Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en vigor.


:: Comenta a Carreira de AMES neste tema do foro ::