Calendario
Info da proba

Ribeira - Ultra Trail

15/06/2013 7:00 - 21:00
Regulamento I Ultra Trail do Barbanza

Hora: 07:00 h. (9.00 h. Ruta B - 35 km.)
Saida e chegada: Ribeira (A Coruña) - Camping Ría de Arosa 2
Organiza: Concello de Riveira e Arousa Natureza e Ocio
Distancia: 68 km. –ou- 35 km.
Web e inscricións: www.arousa.com
Email: contacto @ arousa.com
Telf. de contacto: 638 811 000

[Incluída no Circuíto de Montaña 2012-13]

PRESENTACIÓN
Organizada polo Concello de Riveira e Arousa Natureza e Ocio a Ultratrail do Barbanza pretende ofertar ó participante non só kilómetros de ruta, senon paraxes de extrema beleza. Porque o Barbanza é mais que praias, illas, lagoas e marismas. O Barbanza é sobre todo unha serra, encumbrada por un monte que lle da nome: Monte Barbanza.

Pretendemos levarvos non só a esa cumbre, senon ás dúas vertientes da serra: a da ría de Muros-Noia; e a da ría de Arousa. Aportando outra visión e outra fisonomía ó concepto que a xente ten das rías.

A ruta transitará por sitios tan emblematicos coma o alto dos Forcados, a Fervenza da Madalena, o Grallal, Iroite, as mamoas e dólmenes do Barbanza (incluindo a Casota do Páramo e moitas da ruta das mamoas), o Monte Barbanza, a Calzada Romana de Vitres, e a Ponte e ruinas da Misarela. Todo esto nunha única xornada. Unha ruta de 68 km. capaz de impresionar a cada kilómetro e á vez facer querer atoparte con algo novo. A oferta é inigualable, podendo percorrer toda a historia da bisbarra nun só día: dende os monumentos naturais que estaban ahí antes que o home (Forcados, Fervenza da Madalena), pasando polas primeiras pegadas que estes deixaron (mamoas e dólmenes), para continuar cos asentamentos das primeiras civilizacións (calzada romana de Vitres), e rematar na idade media (Ponte da Misarela e ruinas do mosteiro).

Con saída e chegada no Camping Ría de Arosa 2, o enclave pertencente ó concello de Riveira (A Coruña) ofrece ó participante e ós seus acompañantes unha chea de posibilidades grazas á situación estratéxica desta vila barbanzana que sirve de porta á ría de Arousa. A costa e as praias ca pesca e o marisqueo son as puntas de lanza dunha cidade por descubrir. Non te perdas os seus enclaves paisaxísticos, os museos, a gastronomía, os monumentos, e o Parque Natural do Vilar.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS
A Ultratrail do Barbanza está composta de dúas rutas cos seguintes detalles técnicos:
Ruta A: 68 km. - 2400 m/desnivel+ - tempo máximo 14 h.
Ruta B: 35 km. - 1400 m/desnivel+ - tempo máximo 08 h.

REGULAMENTO, MAPAS, PERFIL, E INSCRICIÓNS: www.arousa.com