Calendario
Info da proba

Vilalba

18/05/2013 16:00 - 18:00
Regulamento
IV Carreira Popular Letras Galegas, Vilalba

Data: sábado, 18 de maio de 2013.
Hora:
Categorías escolares: 16 horas
Categorías adultos: 17 horas
Lugar: saída e meta na Praza da Constitución de Vilalba.
Distancia: de 450 a 8.235 m.
Organiza: Concello de Vilalba.
Inscrición: -



:: Participa no foro de carreiras populares ::


1. REGULAMENTO
Non estará permitido o acompañamento dos participanes mediante o uso de vehículos de axuda. O non cumplimento desta norma implicará a descalificación dos participantes acompañados

O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.

Na proba absoluta será obligatorio o uso do chip de cronometraxe suministrado pola organización excepto para os propietarios de chip amarelo que poden utilizar o seu.

Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.

A organización da proba reservarase o dereito de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

2. CARREIRA ASBOLUTA
Os corredores/as nados no 1996 ou anteriormente, sen límite de idade.

2.1. INSCRICIÓNS CARREIRA ABSOLUTA:
Inscricións on-line na páxina web: www.championchipnorte.com

Inscricións presenciais a partir do martes 30 de abril na Oficina de Deportes do Concello de Vilalba en horario de 9 a 13:30 horas.

Peche de inscricións o mércores 15 de maio ás 13:30 horas.

COTA DE INSCRICIÓN: 5 € (+ 1 € os participantes non propietarios do chip)

NON SE ACEPTAN INSCRICIÓNS POR TELÉFONO OU FAX

Para poder inscribirse tanto on-line como presencialmente serán obligatorios os seguintes datos:
- NOME
- APELIDOS
- SEXO: M F
- DATA DE NACEMENTO
- DNI
- CLUBE (se pertence a algún)
- LOCALIDADE
- PROVINCIA
- MÓBIL

A organización reservarase o dereito de non inscribir a aquelas persoas que non cubran correctamente os datos requeridos e, polo tanto, impedirlles a participación na proba.

2.2. PERCORRIDO:
A saída e meta serán na Praza da Constitución. O recorrido consistirá en dar tres voltas, nun circuito pechado, cunha distancia total de 8.235 m. (2.745 m. cada volta), polas seguintes rúas:
Rúa de Galicia, Avenida Cidade de Lugo, Rúa da Feira, Rúa Pintor López Guntín, Avenida Terra Chá, Rúa de Muras, Rúa Campo de Puente, Rúa Basanta Silva, o paso por estas rúas faráse 3 veces.

2.3. ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (18 de maio) nos mostradores da organización sitos na Praza da Constitución dende as 14:00 ata as 16:30 horas.

2.4. PREMIOS DAS CARREIRAS ABSOLUTAS MASCULINA E FEMININA.
1º/1ª CLASIFICADO/A________________100 € + Trofeo
2º/2ª CLASIFICADO/A________________75 € + Trofeo
3º/3ª CLASIFICADO/A________________50 € + Trofeo

2.5. PREMIOS ESPECIAIS DA CARREIRA ABSOLUTA
1º/1ª CLASIFICADO/A veciño/a do termo municipal_______Trofeo

PARTICIPANTE DE MAIOR IDADE da proba absoluta_____Trofeo
Todos os premios son acumulables.
Avituallamento final para todos/as os/as participantes que rematen a proba, na zona habilitada pola organización.

2.6. INFORMACIÓN DE INTERESE
- Aparcadoiros: os participantes disporán dunha zona de estacionamento no Campo da Feira (cuadrante b3 no plano), na Rúa de Abadín (b3) e na Rúa de Guitiriz (b3).

- Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo de gardarroupa habilitado pola organización

- Duchas: unha vez rematada a proba estarán á disposición dos participantes as duchas dos vestiarios 5 e 6 do Pavillón Municipal de Deportes situado no Campo da Feira (b3) a 400
metros da zona de meta.

2.7. INFORMACIÓN E RESULTADOS
Na páxina web oficial da proba: www.vilalba.org/carreirapopular/
www.championchipnorte.com

3. CARREIRA CATEGORÍAS MENORES
Categorías masculinas e femininas
Categoría +5___________nados/as entre 2004 e 2008
Categoría +10__________nados/as entre 2003 e 2001
Categoría +13__________nados/as entre 1997 e 2000

3.1. INSCRICIÓNS CARREIRA MENORES
Na web www.vilalba.org/carreirapopular/, a partir do luns 29 de abril e co mestre/a, profesor/a de educación física dos centros educativos de Vilalba.

Inscricións presenciais a partir do martes 30 de abril na Oficina de Deportes do Concello de Vilalba en horario de 9 a 13:30 horas.

Peche de inscricións o mércores 15 de maio ás 13:30 horas. Inscrición gratuita.

NON SE ACEPTAN INSCRICIÓNS POR TELÉFONO OU FAX

Para poder inscribirse tanto on-line como presencialmente serán obligatorios os seguintes datos:
- NOME
- APELIDOS
- SEXO: M F
- DATA DE NACEMENTO
- DNI
- CLUBE (se pertence a algún)
- LOCALIDADE
- PROVINCIA
- MÓBIL
- CATEGORÍA: +5 +10 +13

A organización reservarase o dereito de non inscribir a aquelas persoas que non cubran correctamente os datos requeridos e, polo tanto, impedirlles a participación na proba.

3.2. PERCORRIDO:
CATEGORÍA +5____________450 metros.
CATEGORÍA +10___________850 metros.
CATEGORÍA +13___________1600 metros.

CATEGORÍA +5: Saída na Praza da Constitución, rúa de Galicia, rúa Xosé María Chao Ledo e volta á meta pola rúa dos Pepes.
CATEGORÍA +10: Saída na Praza da Constitución, rúa da Pravia, rúa Campo de Puente e volta á meta pola rúa Basanta Silva.
CATEGORÍA +13: saída na Praza da Constitución, rúa da Pravia, rúa Campo de Puente, rúa de Muras, rúa de Foz e volta á meta pola rúa Basanta Silva.

3.3. ENTREGA DE CHIPS E DORSAIS
Os dorsais entregaranse o día da proba (18 de maio) nos mostradores da organización sitos na Praza da Constitución dende as 14:00 ata as 15:30 horas.

3.4. PREMIOS
Trofeo para o primeiro/a, segundo/a e terceiro/a de cada categoría.

Obsequio e avituallamento final para todos os que rematen a proba.

3.5. INFORMACIÓN E RESULTADOS
Na páxina web oficial da proba: www.vilalba.org/carreirapopular/
www.championchipnorte.com

4. MAPA CONCELLO DE VILALBA
Na seguinte páxina, poden consultar as rúas pola que discurrirán as distintas probas así como onde están situados os aparcadoiros e as duchas.


:: Participa no foro de carreiras populares ::