Calendario
Info da proba

Correndo x Ourense - Ponte

20/07/2013 21:00 - 23:00
Regulamento
Carreira da Ponte, Ourense
III Correndo por Ourense

Data: sábado, 20 de xullo de 2013.
Hora: 21:00 h.
Lugar: Saída e meta en Vicente Risco, Ourense.
Distancia: ata 5.250 m.
Organiza: Consello Municipal de Deportes de Ourense
Inscrición: na web da proba. Ler a partir do punto 8 do regulamento.
Web: Consello Municipal de Deportes de Ourense


:: Comenta o CORRENDO POR OURENSE 2013 neste tema do foro ::


REGULAMENTO DO III CIRCUITO DE CARREIRAS DE OURENSE CORRENDO POR OURENSE 2013

REGULAMENTO XERAL
O Consello Municipal de Deportes organiza coa colaboración do Colexio Divino Maestro, do Club Esprintes Ourense, da Delegación Ourensana de Atletismo, do Club Atletismo Ourense, do Club Deportivo Aurum e da Asociación de Veciños Carlasca, o III Circuíto de Carreiras Populares de Ourense "Correndo por Ourense" en diferentes localizacións do Concello de Ourense.

1. O Circuíto "Correndo por Ourense" está integrado por 6 carreiras .
NÚM. DATA HORA NOME
1ª DOMINGO 28/04/2013 12:00 CARREIRA DO VINTEÚN
2ª SÁBADO 25/05/2013 21:00 CARREIRA DO COUTO
3ª SÁBADO 29/06/2013 21:00 CARREIRA NOCTURNA DE CORPUS
4ª SÁBADO 20/07/2013 21:00 CARREIRA DA PONTE
5ª DOMINGO 29/09/2013 12:00 CARREIRA DA ZONA UNIVERSITARIA
6ª DOMINGO 27/10/2013 12:00 CARREIRA DA CARBALLEIRA


2. É preciso participar en 5 carreiras para entrar na clasificación xeral ou, en caso de participar en todas, desestimarase o peor resultado.

3. A puntuación en cada carreira correspóndese co posto alcanzado, de maneira que os que teñan menos puntos serán os primeiros clasificados/as.

4. As categorías son as seguintes:
PITUFOS 2007 E POSTERIORES
BENXAMÍN 2004 / 2005 / 2006
ALEVÍN 2002 / 2003
INFANTIL 2000 / 2001
CADETE 1998 / 1999
JUVENIL 1996 / 1997
JUNIOR 1994 / 1995
PROMESA 1991 / 1992 / 1993
SENIOR 1990 E ANTERIORES ATA VETERANOS
VETERANOS A DE 35 A 44 anos
VETERANOS B DE 45 A 54 anos
VETERANOS C DE 55 A 64 anos
VETERANOS D MAIORES DE 65
ABSOLUTA

Para que os veteranos non varíen de categoría ao longo do Circuíto establécese a data da primeira carreira do Circuíto para o cálculo das idades.

5. Poderán participar atletas federados e non federados.

6. Estas probas pertencen ó calendario da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense).

7. O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado por procedementos automatizados.

8. O prazo para inscribirse no Circuíto PARA TODOS OS PARTICIPANTES comeza o día 8 de abril e remata o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir o luns seguinte a cada proba.

9. A inscrición PARA TODO O CIRCUÍTO ten un custe de 5€ para as categorías: junior, promesa, senior e veteranos, para as demais categorías será gratuíta.

10. A inscrición e o dorsal serán únicos para todo o Circuíto, por tanto, o atleta debe conservar o dorsal en boas condicións. Deste xeito os atletas inscritos nalgunha carreira do Circuíto quedan automáticamente inscritos para todas as restantes.

11. Todos os atletas deben inscribirse obrigatoriamente a través da páxina [www.deportesourense.com] seguindo as instruccións. Lembra que a inscrición é única.

12. CHIP DE CRONOMETRAXE :
a) As categorías xuvenil, junior, promesa, senior e veteranos é imprescindible que teñan un chip amarelo de Championchip en propiedade, por tanto, deberán adquirir o chip (a non ser que xa teñan un en propiedade) por un importe de 15€ (precio especial Correndo por Ourense). Desta cantidade unha parte irá destinada cada ano a axudar a un colectivo social. Este chip será único para todo o Circuíto e só haberá que recollelo na primeira carreira na que participe e xa queda en posesión do seu dono para ser utilizado en todas as demais.

b ) As categorías benxamín, alevín, infantil e cadete :
- poden ter un chip en propiedade (sempre que teñan DNI) seguindo o procedemento das categorías superiores (párrafo anterior) ou ben,
- poden usar o chip de préstamo que proporciona gratuitamente a organización e que recollerá na primeira carreira na que participe e, obrigatoriamente, terá que devolvelo ó rematar o Circuíto. Neste caso deberá chequear a casilla no procedemento de inscrición que indica a anulación do pago do chip en propiedade.

c) A categoría pitufos corren sen chip.

13. Ó finalizar o Correndo por Ourense 2013 os corredores que adquiriron o chip neste circuíto:
a) Poden devolver o chip nas oficinas do Pavillón dos Remedios no prazo de 15 días a partires do luns seguinte da última carreira do Circuíto 2013. Ó remate deste prazo os corredores que devolveron o chip recuperarán 6€ que lle serán devoltos na propia tarxeta coa que se fixo o pago a través tamén da "pasarela de pago" de Championchip.

b ) Poden quedar co chip para futuras edicións do Circuíto ou resto de carreiras controladas por ChampionChip

NOTA: EN NINGÚN CASO SE PODERÁ DEVOLVER UN CHIP QUE NON FOI ADQUIRIDO NESTE CIRCUÍTO

14. A recollida dos chips e dorsais poderase realizar na secretaría da primeira competición na que participen dende 90 minutos ata media hora antes do comezo da primeira proba do día.

15. O chip de cada participante deberá ser colocado nos cordóns das zapatillas antes de dar a saída, os corredores que non o leven non entrarán nas clasificacións.

16. En caso de que o corredor perda o chip propio deberá autoxestionar a través de Championchip a compra doutro chip para seguir participando no Circuíto.

17. Todos os que estén na clasificación xeral por participar en 5 carreiras recibirán agasallos e os 3 primeiros/as de cada categoría recibirán un trofeo.

18. A entrega de trofeos (19h) e agasallos (de 10 a 20h) terá lugar o sábado 16 de novembro na cancha central do Pavillón dos Remedios

19. Na categoría de Pitufos , todos os participantes que cheguen a meta recibirán unha medalla conmemorativa en cada carreira.

20. Para poder recoller os premios e os trofeos deberase xustificar documentalmente o ano de nacemento dos atletas por medio de DNI ou documento legal en vigor.

21. Será motivo de descalificación , entre outros, non levar dorsal ou manipulalo, falsificar datos persoais, a suplantación de identidade...etc.

22. As reclamacións deberán ser feitas ao xuíz árbitro ata 30 minutos despois da publicación oficial dos resultados.

23. A organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira.

24. O feito de participar neste Circuíto implica a aceptación deste regulamento e dá dereito á organización para poder facer uso das imaxes do evento para a súa utilización.

25. Percorridos :

CARREIRA
Pitufos (100-200m)
Benxamín, Alevín (Percorrido A)
Infantil e Cadete (Percorrido b )
Xuvenil, Junior, Promesa, Senior e Veteranos (Percorrido C)

1ª CARREIRA DO VINTEÚN DOMINGO 28/04/2013
Rúa Madre Soledad

SAIDA-META Rúa Madre Soledad, Av. Santiago, Rúa do Vinteún, Río Corzos, Río Mao, Bellao, Av. Santiago, Rúa do Vinteún, Río Corzos, Rúa Madre Soledad. 1.500m

SAIDA-META Rúa Madre Soledad, Av. Santiago, Rúa do Vinteún, Río Corzos, Río Mao, Río Cobas, Río Camba, Av. Santiago, Rúa do Vinteún, Río Corzos, Rúa Madre Soledad. 1 VOLTA, 2.400m

SAIDA-META Rúa Madre Soledad, Av. Santiago, Rúa do Vinteún, Río Corzos, Río Mao, Río Cobas, Río Camba, Av. Santiago, Rúa do Vinteún, Río Corzos, Rúa Madre Soledad. 3 VOLTAS, 6000m

2ª CARREIRA DO COUTO SÁBADO 25/05/2013
Rúa Remedios

SAIDA-META Rúa Remedios, Dalí, Greco, Remedios, Murillo, Ervedelo, Velázquez, Remedios. 1.400m

SAIDA-META Rúa Remedios, Dalí, el Greco, Remedios, Murillo, Ervedelo, Velázquez, Remedios, Prego de Oliver, Ervedelo, Juan de Anges, Remedios. 1 VOLTA, 1.900m

SAIDA-META Rúa Remedios, Dalí, el Greco, Remedios, Murillo, Ervedelo, Velázquez, Remedios, Prego de Oliver, Ervedelo, Juan de Anges, Remedios. 3 VOLTAS, 5.700m

3ª CARREIRA NOCTURNA SÁBADO 29/06/2013
Parque Barbaña

SAIDA-META Parque Barbaña, Paseo Ponte Pedriña marxe esquerda, Rúa Portocarreiro, Paseo Ponte Pedriña marxe dereita, Subida Praza de Abastos, Ponte Rúa Fervedoiro, Rúa Vilavalencia, Camiño do Barbaña e Paseo Ponte Pedriña marxe esquerda. 900m

SAIDA-META Parque Barbaña, Paseo Ponte Pedriña marxe esquerda, Cruce Rúa Portocarreiro, Paseo Ponte Pedriña marxe esquerda, Rúa Antonio Puga, Rúa Ponte Lebrón, Paseo Ponte Pedriña marxe dereita, Cruce Rúa Portocarreiro, Paseo Ponte Pedriña marxe dereita, Subida Praza de Abastos, Ponte Rúa Fervedoiro, Rúa Vilavalencia, Camiño do Barbaña e Paseo Ponte Pedriña marxe esquerda. 1 VOLTA, 2.330m

SAIDA-META Parque Barbaña, Paseo Ponte Pedriña marxe esquerda, Cruce Rúa Portocarreiro, Paseo Ponte Pedriña marxe esquerda, Rúa Antonio Puga, Rúa Ponte Lebrón, Paseo Ponte Pedriña marxe dereita, Cruce Rúa Portocarreiro, Paseo Ponte Pedriña marxe dereita, Subida Praza de Abastos, Ponte Rúa Fervedoiro, Rúa vilavalencia, Camiño do Barbaña e Paseo Ponte Pedriña marxe esquerda. 3 VOLTAS, 6.990m

[b]4ª CARREIRA DA PONTE SÁBADO 20/07/2013

Av. Das Caldas- Vicente Risco

SAIDA-META Vicente Risco – Francisca Herrera – Avenida de Santiago – Basilio Álvarez (ida e volta) – Av. Caldas – Vicente Risco 1.000m

SAIDA-META Vicente Risco (Anexa) - F.ca Herrera - Av. de Santiago - Basilio Álvarez (ida e volta) - Av. Caldas - J.Antonio Moretón - Ribeiriño - Av. Caldas - Mercado - Salustiano Muñoz - Ramón y Cajal - Av. Caldas - Vicente Risco: 1 VOLTA, 1.750m

SAIDA-META Vicente Risco (Anexa) - F.ca Herrera - Av. de Santiago - Basilio Álvarez (ida e volta) - Av. Caldas - J.Antonio Moretón - Ribeiriño - Av. Caldas - Mercado - Salustiano Muñoz - Ramón y Cajal - Av. Caldas – Vic. Risco: 3 VOLTAS, 5.250m

5ª CARREIRA DA ZONA UNIVERSITARIA DOMINGO 29/09/2013
Pista de atletismo da Universidade.

SAIDA-META Pista de atletismo da Universidade 1.000m

SAIDA-META Pista de atletismo - Campus universitario – Mende – Lonia – Campus - Pista de atletismo: 1 VOLTA, 3.200m

SAIDA-META Pista de atletismo - Campus universitario – Mende – Lonia – Campus - Pista de atletismo: 2 VOLTAS, 6.400m

6ª CARREIRA DA CARBALLEIRA DOMINGO 27/10/2013
Praza da Lexión

SAIDA-META Praza da Lexión. 3 VOLTAS, 1.050m

SAIDA-META Praza da Lexión - Castelo Ramiro - Hórreo - Paspallás - Salto do Can - Rula - Castelo Ramiro - Praza da Lexión: 1 VOLTA, 1.900m

SAIDA-META Praza da Lexión - Castelo Ramiro - Hórreo - Paspallás - Salto do Can - Rula - Castelo Ramiro - Praza da Lexión. 3 VOLTAS, 5.700m

Por necesidades organizativas estes percorridos poden ser modificados.

26. Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

27. Os resultados definitivos das carreiras publicaranse en [www.deportesourense.com].

28. O horario das carreiras será o seguinte:


:: Comenta o CORRENDO POR OURENSE 2013 neste tema do foro ::