Calendario
Info da proba

Friol

19/05/2013 11:00 - 13:30
Regulamento
I Carreira Popular Concello de Friol

Data: domingo, 19 de maio de 2013.
Hora: a partires das 11:00 h.
Lugar: Friol, Lugo.
Distancia: de 100 a 5.000 m.
Organiza: CPI Dr. López Suárez e o Concello de Friol.
Inscrición: Ver no regulamento.
Web: Concello de Friol



:: Participa no foro de carreiras populares ::


REGULAMENTO DA PROBA
- A I Edición da Carreira Popular de Friol está organizada conxuntamente polo CPI Dr. López Suárez e o Concello de Friol.

- Poderán participar na proba todas aqueles que o desexen.

- Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.

- O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.

- Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe subministrado pola organización excepto para os propietarios de chip amarelo que poden utilizalo seu.

- Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do seu nome coma da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e na internet.

- Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

- A organización disporá dos seguros pertinentes segundo a normativa vixente.

- A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

CARREIRAS DE MENORES
Se disputarán a partir das 11:00 da maña no entorno da Colexio da localidade de
Friol . As categorías, as distancias e os horarios de cada uno deles son as seguintes:
Categoría Pitufos: 2008 e posteriores - 100 metros - 11:00
Categoría Prebenxamín: 2006/2007 - 300 metros - 11:05
Categoría Benxamín: 2005/2004 - 700 metros - 11:10
Categoría Alevín: 2003/2002 - 1400 metros - 11:15
Categoría Infantil: 2001/2000 - 1400 metros - 11:25
Categoría Cadete: 1999/1998 - 2100 metros - 11:35

CATEGORÍA ABSOLUTA
Se disputará a partir de las 12:00 da maña no entorno do Colexio da localidade de Friol sobre un circuito de 5 Km.

As categorías, tanto en el apartado masculino como femenino, son as seguientes:
Categoría A: nacidos nos1997, 1996, 1995 e 1994
Categoría B: nacidos entre os anos 1993 e 1984
Categoría C: nacidos entre os anos 1983 e 1979
Categoría D: nacidos entre os anos 1978 e 1974
Categoría E: nacidos entre os anos 1973 e 1969
Categoría F: nacidos entre os anos 1968 e 1964
Categoría G: nacidos entre os anos 1963 e 1959
Categoría H: nacidos entre os anos 1958 e 1954
Categoría I: nacidos entre os anos 1953 e 1949
Categoría J: nacidos no ano 1948 e anteriores

INSCRIPCIÓNS:
Categorías de menores: Se fará a inscripción das categorías de menores na web do
Concello www.concellodefriol.es indicando Nome, apelidos, data de nacemento, sexo
e club se pertenecese a algún. O plazo de inscripción será ata o mércores 15 de Maio ás 14:00 horas

Carreira Absoluta: Inscricións on-line na páxina: www.championchipnorte.com
No caso de que non sexas usuario, debes darte de alta no apartado "REXISTRATE" e
seguir as instrucións para formalizar as inscricións que desexes . O plazo de inscripción remata o xoves 16 de Maio ás 22:00 horas.

A inscripción da carreira terá un coste de 2 € para os propietarios de chip amarillo do chip amarillo de championchip + 1 € de aluguer para os non propietarios

PREMIOS
Categorías de Menores: Os tres primeros de cada categoría levarán un trofeo
conmemorativo da carreira. Asimesmo, a todos os atletas das categorías de menores se lles entregará una medalla conmemorativa do evento

Carrera Absoluta: Trofeos os tres primeros clasificados de cada categoría. Os tres
primeros absolutos (tanto masculino como femenino) levarán un producto típico da
zona.

A todos los participantes se lles entregará una camiseta conmemorativa da carreira

PERCORRIDO:
A carreira terá un percorrido de 5 km e a saída terá lugar diante do Colexio de Friol, na Praza de España. Dende ahí xiraremos a dereita tomando a Avenida de Lugo. Pasada a gasolinera, collemos a carretera de Ousá ata a rotonda, onde se tomará a circunvalación de Friol dirección o pobo. Alí collemos a Rúa Santa Isabel ata enlazar outra vez ca Avenida de Lugo. Unha vez que se chega a altura do Colexio, darase unha volta o mesmo para entrar en meta.

ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE.
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (19 de Maio) na
carpa da organización sita diante do Concello de Friol de 9:30 a 11:00.

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
- Aparcadoiros: os atletas disporán dunha zona de estacionamento na praza do concello e inmediacións do propio Centro Educativo

- Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas nas
instalacións polideportivas do propio Colexio

INFORMACIÓN E RESULTADOS:
Os resultados da carreira popular estarán dispoñibles na páxina web oficial da proba www.championchipnorte.com e na páxina web do Concello de Friol.

CROQUIS DO PERCORRIDO



:: Participa no foro de carreiras populares ::