Calendario
Info da proba

Rábade

21/01/2012 16:30 - 18:30
Regulamento
IX Memorial Eduardo Fernández Villamarín, Rábade

Data: sábado, 21 de xaneiro.
Hora: 16:30 h (rapaces), 17:00 h (adultos)
Lugar: Praza de España.
Distancia: 80, 600, 1.200, e 1.800 m (rapaces), 7.000 m (adultos).
Organiza: Concello de Rábade.
Inscrición: ata media hora antes da saída (rapaces); entre o 9 e o 19 de Xaneiro (adultos)



REGULAMENTO
Art. 1.- A saída será na Praza de España ás 16:30 h para os rapaces e as 17:00 h para a categoría absoluta e a chegada situarase na mesma praza.

Art. 2.- O percorrido será de 7 Quilómetros e discorrerá dando dúas voltas a través das seguintes rúas: Praza de España, Alcalde Angel Penas, Lope de Vega, , Jesús Arias, Santa María, Gabriela Nieto, Dr Fleming, Avenida Galicia, Rosalía de Castro, Rúa do Ferrocarril, Avenida de Galicia, Fernando Arias e Praza de España.

Art. 3.- A clasificación será absoluta masculina, absoluta feminina e por categorías.

Art. 4.- Está prohibido o uso de vehículos de axuda.

Art. 5.-O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade ou chegue á meta sen o seu dorsal será descalificado.

Art. 6.- As inscricións da categoría de rapaces formalizaranse a partir do 2 de xaneiro , de 10 a 14 horas no Concello, teléfono: 982 390 062, fax: 982 390 411 ou en asociocultural@rabade.org, e pecharase media hora antes da carreira. As inscricións para a categoría adulta realizaranse a partir do 9 de xaneiro e ata o xoves 19 de xaneiro na páxina web: www.championchipnorte.com.

Art. 7.- Na proba absoluta será obligatoria a utilización do chip de cronometraxe suministrado pola organización excepto para os propietarios do chip amarelo que poden utiliza-lo seu.

Art. 8.- Establécense as seguintes categorías:

CARREIRAS DE RAPACES:
CATEGORÍA MINI: Nad@s en anos posteriores o 2007 (non competitiva) 80 metros
CATEGORÍA A: Nad@s entre 2004-2007 (Primeira carreira). 600 metros
CATEGORÍA B: Nado@s entre 2000-2003 (Segunda carreira).1.200 metros
CATEGORÍA C: Nad@s 1996-1999 ( Terceira carreira).1.800 metros

HOMES MULLERES
D) Nados entre 1977/ 1995 D) Nadas entre 1977/ 1995
E) Nados entre 1967/ 1976 E) Nadas entre 1967/ 1976
F) Nados no 1966 e anteriores F) Nadas no 1966 e anteriores

Art. 9.- PREMIOS.
CLASIFICACIÓN ABSOLUTA MASCULINA CLASIFICACIÓN ABSOLUTA FEMININA
1....................................400 € 1 ...................................... 400 €
2....................................250 € 2 ...................................... 250 €
3....................................150 € 3 ...................................... 150 €
4....................................100 € 4 ...................................... 100 €
5....................................100 € 5 ...................................... 100 €

CLASIFICACIÓN CARREIRAS DE RAPACES
VALE de 50 € para o primeir@ de cada categoría a canxear en Deportes Élide (Lugo)
Trofeo @s tres primeir@s clasificad@s de cada categoría
Haberá un agasallo para tódolos participantes

Art. 10.- Dado o carácter popular da proba non se admitirán reclamacións

Art. 11.-Haberá servizo de duchas para @s participantes que o desexen no Pavillón Municipal.

Art. 12.- A entrega de premios e trofeos realizarase ó remate da carreira.

Art. 13.- A comisión organizadora non se fai responsable dos danos morais ou materiais que así mesmo ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, nin dos que poidan recibir eles por parte de persoas ou cousas, sen perxuicio dos dereitos que lles puideran corresponder ante a compañía aseguradora correspondente.

Art. 14.- Tódolos participantes, polo feito de toma-la saída, aceptan o presente regulamento. No caso de dúbida prevalecerá sempre o criterio da organización.