Calendario
Info da proba

Ferrol

08/05/2011 11:30 - 13:30
Regulamento
Carreira por Europa, Volta a Ferrol

Data: domingo, 8 de maio de 2011.
Hora: 11:30 h.
Lugar: A saída e a chegada serán no Cantón de Molíns e Praza da Constitución, Ferrol.
Distancia: más o menos 5.500 m.
Organiza: atronato Municipal de Deportes e o Plan Urban do Concello de Ferrol
Inscrición: ata o 5 de maio ás 18:00 h.


... Participa no foro de carreiras populares

A "CARREIRA POR EUROPA"-VOLTA A FERROL organizada polo Patronato Municipal de Deportes e o Plan Urban do Concello de Ferrol, co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo, celebrarase o domingo día 8 de maio de 2011, a partir das 11:30 horas da mañá.

A proba está suxeita ás seguintes normas:
1.- A saída e a chegada serán no Cantón de Molíns e Praza da Constitución.

2.- A proba discorrerá por un circuíto pechado de acordo co plano deseñado, e vinculado ao proxecto Urban.

3.- A organización contará coa axuda dos organismos municipais, que cortarán totalmente o tráfico no circuíto e o regularán nas súas inmediacións.

4.- A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuízes que establecerá os correspondentes controis ao longo do circuito.

5.- O control de chegada pechará 20 minutos despois de que entre en meta o primeiro clasificado.

6.- Todo participante que chegue á meta sen o seu correspondente dorsal, ou elimine do mesmo a publicidade, será descualificado.

7.- Establécense as seguintes:
CATEGORÍAS
- Xuvenís mulleres e homes ....... Nados/as nos anos 1994 e 1995
- Junior mulleres e homes .......... Nados/as nos anos 1992 e 1993
- Promesa mulleres e homes ...... Nados/as nos anos 89, 90 e 91
- Sénior mulleres e homes ......... Nados do 88 en diante.
- Veteranas mulleres e homes ..... 35 anos cumpridos.
- Minusválidos en cadeira de rodas ... Mulleres
- Minusválidos en cadeira de rodas ... Homes

Os nacidos nos anos 1974 e 1975 deberán dar a data completa (día-mes-ano)

INSCRICIÓNS
8.- As inscricións poderanse efectuar a partir do día 18 de abril ata o día 5 de maio, ás 18:00 horas, na seguinte dirección: www.championchipnorte.com
O día da proba non se formalizarán inscricións. Os dorsais entregaranse media hora antes do comenzo da proba.

9.- A organización premiará os tres primeiros clasificados de cada categoría. A entrega dos trofeos realizarase ás 12:30 horas.

10.- O horario de saída será ás 11:30, e a distancia, duns 5500 mts., aproximadamente.

11.- Dado o espírito estrictamente deportivo e popular desta proba, non se admitirán reclamacións.

12.- Os participantes nesta carreira, ceden a cesión de imaxes que se tomen durante a mesma, con fins de promoción da práctica deportiva, nos termos establecidos nos Arts. 17 e seguintes do RD Lexislativo 1/1996, de 12 de abril, do TR da Lei da Propiedade Intelectual. A organización, garanten en todo caso, o dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, segundo o previsto na LO 1/1996 de 15 de xaneiro.

13.- A organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a sí mesmo ou a outras persoas ocasionen os participantes nesta proba.

14.- A organización poderá modificar o presente regulamento sen previo aviso. Así mesmo resérvase a facultade de decidir sobre calquera circunstancia ou aspecto non contemplado neste regulamento.


... Participa no foro de carreiras populares