Calendario
Info da proba

Tui

01/05/2011 10:30 - 13:00
Regulamento
Carreira Popular San Telmo

Data: Domingo, 01 de maio de 2011.
Hora: a partir das 10:30 h.
Lugar: Paseo da Corredoira - Tui
Distancia: de 200 a 7.000 m.
Organiza: Club Atletismo Tui-Thermalia
Inscrición: ata o 27 de abril en www.atletismotui.es
Categorías dende pitufos ata veteráns, máis información en www.atletismotui.es





Regulamento

1.- O Club Atletismo Tui - Thermalia coa colaboración do Excmo. Concello de Tui, organiza a "Carreira Popular San Telmo", que se celebrará o día 01 de maio de 2011, a partir das 10:30 horas, no Paseo da Corredoira, no Concello de Tui.

2.- Poderán participar todas as persoas estén ou non federadas, aqueles que non teñan Licencia Federativa ou seguro deportivo (escolares) estarán cubertos polo seguro do que dispón a organización. Poderán participar tamén atletas extranxeiros.

3.- As inscricións faranse a través da páxina web do club (www.atletismotui.es), na pestana da carreira ata o día 27 de abril ou presencialmente no “Bar Cafetería El 13” na rúa Casal Aboy, 13 - Tui. As inscricións son de balde, non admitíndose inscricións fora de prazo nin no mesmo día da proba.

4.- A organización no se responsabiliza dos danos morais ou físicos ocasionados na participación da proba.

5.- Todo atleta, polo simple feito de participar, acepta todo o reflexado neste regulamento.

6.- Os dorsais serán entregados pola organización ata media hora antes do comezo da primeira proba no Paseo da Corredoira, no Concello de Tui.

7.- Entregaranse trofeos aos 3 primeiros clasificados en cada categoría, en ambos sexos. Así mesmo tamén serán premiados o primeiro e primeira tudense da categoría absoluta. A entrega de trofeos realizarase unha vez finalizadas todas as carreiras.

8.- A proba estará controlada por persoal da organización.

9.- Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este e falsificar datos persoais.

10.- Os atletas deben situarse na Cámara de Chamadas, para control de dorsais, como máximo 10 minutos antes do inicio de cada proba, puidendo ser descalificados de non cumprir esta norma. Pola megafonía da Organización iránse dando oportunas indicacións ao respecto.

11.- Orde de saída e horarios

Pitufos 06/07/08 200m. 13.00h.
Prebenxamín 04/05 400m. 12.45h.
Benxamín 02/03 600m. 12.30h.
Alevín 00/01 900m. 12.15h.
Infantil 98/99 2.500m. 11.00h.
Cadete 96/97 2.500m. 11.00h.
Xuvenil 94/95 7.000m. 11.15h.
Senior menos do 93 7.000m. 11.15h.
Veterán A 36-44 anos 7.000m. 11.15h.
Veterán B máis de 44 anos 7.000m. 11.15h.