Calendario
Info da proba

O Pino

07/05/2011 18:00 - 21:00
Regulamento
VIII Carreira Pedestre Concello de O Pino

Data: sábado, 7 de maio de 2011.
Hora:
18:00 h CANICROSS POPULAR 3300 m (1 volta ó circuito alternativo)
18:30 h PREBENXAMÍN 500 m (1 Volta Prebenxamín)
18:40 h BENXAMÍN e ALEVÍN 850 m (1 Volta Pequena)
18:50 h INFANTÍL (M/F) e CADETE FEMENINO 1930 m (1 Volta Mediana)
19:10 h CADETE MASCULINO e XUVENÍS(M/F) 3188 m (1 Volta Grande)
19:30 h JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERANAS/OS A/B/C/D/E 8100 m (1 Volta Grande + 1 P + 1 G + 1 P)
20:45 h ENTREGA DE TROFEOS CASA DA CULTURA
Lugar: Arca-Pedrouzo, concello de O Pino.
Distancia: de 500 a 8.100 m.
Organiza: Concello de O Pino
Inscrición: ata o 5 de maio ás 22:00 h en turesultado.es (ver máis información no regulamento)





... Segue a carreira do Pino 2011 no foro


O Concello de O Pino celebra a 8ª edición da súa Carreira Pedestre Popular o sábado 7 de maio de 2011 na localidade de Arca – Pedrouzo (N-547 Santiago-Lugo, a 20 km de Santiago de Compostela) baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago) e de acordo co seguinte:

REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo, Delegación en Santiago de Compostela.

2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
PREBENXAMÍN: atletas nados no 2004 e posteriores.
BENXAMÍN: atletas nados no 2002 e 2003.
ALEVÍN: atletas nados no 2000 e 2001
INFANTIL: atletas nados no 1998 e 1999.
CADETE: atletas nados no 1996 e 1997.
XUVENIL: atletas nados no 1994 e 1995.
JUNIOR: atletas nados no 1992 e 1993.
PROMESA: atletas nados no 1989, 1990 e 1991.
SENIOR: atletas nados en 1988 ata veteráns.
VETERANOS A: atletas nados entre 1971 e 1976.
VETERANOS B: atletas nados entre 1966 e 1970.
VETERANOS C: atletas nados entre 1961 e 1965.
VETERANOS D: atletas nados entre 1956 e 1960.
VETERANOS E: atletas nados entre 1955 e anteriores.
VETERANAS A: atletas nadas entre 1966 e 1976.
VETERANAS B: atletas nadas entre 1965 e 1956.
VETERANAS C: atletas nadas entre 1955 e anteriores.

3. DISTANCIAS E HORARIOS :
HORA - PROBA - DISTANCIA
18:00 h CANICROSS POPULAR 3300 m (1 volta ó circuito alternativo)
18:30 h PREBENXAMÍN 500 m (1 Volta Prebenxamín)
18:40 h BENXAMÍN e ALEVÍN 850 m (1 Volta Pequena)
18:50 h INFANTÍL (M/F) e CADETE FEMENINO 1930 m (1 Volta Mediana)
19:10 h CADETE MASCULINO e XUVENÍS(M/F) 3188 m (1 Volta Grande)
19:30 h JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERANAS/OS A/B/C/D/E 8100 m (1 Volta Grande + 1 P + 1 G + 1 P)
20:45 h ENTREGA DE TROFEOS CASA DA CULTURA



4. INSCRICIÓNS
› PROBAS ESCOLARES (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil).
Poderán realizalas a través da web www.turesultado.es (apartado "Inscripciones" picar sobre o nome da proba e rellenar os campos de inscrición) ou a través do correo electrónico deportes (arroba) concellodeopino.com. Deberán facer constar os seguintes datos na inscrición: nome e apelidos, data de nacemento, localidade de procedencia, CLUBE e Nº DE LICENCIA FEDERATIVA (se o/a ten (prégase dar este dato se está en posesión da licencia para a cobertura do seguro de accidentes deportivos)).
Teléfono de información: 981 511002.

A inscrición será GRATUITA para as probas escolares.

› CATEGORÍAS DE ADULTOS (junior, promesa, senior e veteráns).
As inscricións realizaranse a través da web www.turesultado.es (apartado "Inscripciones", picar sobre o nome da proba e rellenar os campos de inscrición). O prezo da inscrición será de 3 € que poderán aboar no número de conta de NOVA CAIXA GALICIA 2080 0835 05 0040004560. Deberán indicar no CONCEPTO o NOME E APELIDOS DO ATLETA QUE PARTICIPARÁ NA PROBA.

Para calquer dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán chamar ós teléfonos 946 412 467 / 663 822 224 en horario: 9:00 - 19:00 horas.

› INSCRICIÓN POR CLUBES.
Para a entrar na premiación por clubes deberán inscribirse os atletas individualmente na web www.turesultado.es e remitir un FAX (981 511123) ou correo electrónico (deportes (arroba) concellodeopino.com) cos datos do clube xunto co listado de atletas que participarán na proba selado pola Federación Galega de Atletismo ou Delegación correspondente no seu defecto.

SEN ESTE FAX OU CORREO ELECTRÓNICO NON PODERÁN OPTAR OS PREMIOS POR CLUBES.
Na clasificación por clubes poderán entrar os atletas das categorías JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERÁNS. SE ALGÚN ATLETA DA CATEGORÍA XUVENIL DESEXA PARTICIPAR NA PROBA ABSOLUTA PARA PUNTUAR POLO SEU CLUBE, DEBERÁ REALIZAR A INSCRICIÓN POLA WEB www.turesultado.es, PERO NON PODERÁ TOMAR PARTE NA PROBA DA SÚA CATEGORÍA NIN OPTAR AS SÚAS PREMIACIÓNS.

Admitiranse inscricións ata o o xoves 5 maio as 22 horas. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DÍA DA PROBA. Os dorsais recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita no Centro Sociocultural Luis Seoane (CASA DA CULTURA) ubicada fronte ó polideportivo municipal como plazo límite ata media hora antes do inicio de cada proba.

5. PREMIOS
› Trofeo para os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas (en mulleres e homes).
› Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERANOS/AS A/B/C).
› Trofeo o participante máis xoven e o máis veterano que logre concluir a proba polos seus propios medios e sen axudas externas.
› Trofeo e bono de 1 sesión de masaxe cortesía de FISIOTERAPIA ARCA para os 3 primeiros clasificados homes e mulleres do Concello na carreira absoluta.
› Trofeo para os 3 primeiros equipos clasificados na clasificación final.
› Trofeo para o clube, entidade ou colectivo que aporte máis participantes á proba.
› Camiseta técnica e bebida para tódolos participantes.
› Medallas para tódolos participantes escolares (de prebenxamíns a xuveniles).

Os trofeos non serán acumulativos.

PREMIOS EN METÁLICO
(Só para a Carreira JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERANOS/AS A/B/C)
PREMIOS INDIVIDUAIS
1º Clasificado/a: 500 €
2º Clasificado/a: 300 €
3º Clasificado/a: 200 €
4º Clasificado/a: 125 €
5º Clasificado/a: 75 €
6º Clasificado/a: 50 €

PREMIOS POR CLUBES
1º Equipo Clasificado: 300 €
2º Equipo Clasificado: 200 €
3º Equipo Clasificado: 100 €

A clasificación por clubes será establecida a través dos 4 primeiros corredores en cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 4º compoñente. Os equipos poderán ser mixtos. Para puntuar nesta clasificación é necesario que alo menos 8 corredores do clube logren concluir a carreira.

SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN METÁLICO, que terán que presentar o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo.

Os premios serán aboados a través de transferencia bancaria, para o cal os atletas e equipos gañadores terán que facilitar os datos bancarios e persoais (fotocopia do DNI) unha vez finalizada a carreira.

O 1º clasificado e clasificada da proba absoluta, seralle efectuada unha retención segudo a ley sobre o imposto da renda. Os atletas extranxeiros que opten a este 1º premio terán que presentar de xeito obrigatorio o CERTIFICADO DE RESIDENCIA FISCAL do seu pais e a FOTOCOPIA DO DOCUMENTO NACIONAL DE IDENTIDADE. Sen esta documentación o importe do premio non será aboado.

6. Segundo o ARTIGO 3.4. DO REGULAMENTO das competicións autonómicas de Ruta, Pista ou Campo a Través da REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ATLETISMO: "Por norma general en estas competiciones no podrán participar atletas extranjeros que no tengan licencia por la Federación Autonómica donde se celebre la competición salvo si se cumple alguno de los siguientes supuestos:
? "En Autonomías con frontera terrestre con Portugal o Francia se permitirá la participación de atletas del país vecino siempre y cuando estos atletas no hayan sido internacionales por su país en los últimos 5 años y en una prueba similar".
? "Atletas residentes en la Comunidad Autónoma. Se deberá justificar con permiso de residencia o trabajo".
En todos os casos o organizador poderá requerir a documentación necesaria e reterá o premio mentres non sexa presentada.

7. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en vigor.

8. Haberá Servicio de Duchas nos Polideportivos Municipais de Arca (fronte a SECRETARÍA DE COMPETICIÓN), e no Campo de Fútbol sito a carón da SAIDA das probas.


... Segue a carreira do Pino 2011 no foro