Calendario
Info da proba

Padrón

23/04/2011 11:20 - 13:35
Regulamento
XXXII Carreira de Pascoa de Padrón

Data: sábado, 23 de abril de 2011.
Hora: a partir das 11:20 h.
Lugar: Padrón.
Distancia: de 100 a 13.300 m.
Organiza: Concellería de Deportes do Concello de Padrón
Inscrición: ata o 20 de abril en Championchip Norte
Categorías escolares e máis info sobre a inscrición no regulamento





... Segue a carreira de Pascoa de Padrón no foro

A XXXII CARREIRA POPULAR DE PASCOA organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Padrón, celebrarase o vindeiro Sábado 23 de Abril de 2011 a partir das 11:00 horas, con saída e chegada na Praza de Macías. A proba estará suxeita ao seguinte

REGULAMENTO XERAL

PROBAS: Celebraranse 4 probas CON CONTROL DE CHIP (incluídas as escolares, agás 1ª proba de pitufos) con percorridos e horarios diferentes según as categorías:

PROBAS ESCOLARES: Ata cadetes.
11:20 H - 100 metros.
Pitufos: 2007 e posteriores.
Rúa Longa-Praza Macías.

11:30 H - 500 metros.
Prebenxamíns: 2006-2005-2004, Benxamíns: 2003-2002
Praza Macías-Rúa Longa-Rosalía de Castro-Sol-Juan Rodríguez-Rúa Longa-Praza Macías.

11:40 H - 2.000 metros.
Alevíns: 2001-2000, Infantís: 1999-1998, Cadetes: 1997-1996
Praza Macías-Rúa Longa-Calle Dolores-Ponte de Iria (ida e volta)

PROBA ABSOLUTA (PROBA PERTENECENTE AO GRAN SLAM CHAMPIONCHIP)
12:00 H - 13,3 Km Saída/Chegada na Praza de Macías. - Percorrido: Extramundi, pistas de Lamas, pistas de Seira.
Categorías masculinas - XM: Xuvenís-Junior-Promesa: 1995-1989, SM: Senior: 1988-1975, VAM: Veterán A: 1974-65, VBM: Veterán B: 1964-1955 e VCM: Veterán C: 1954 e anteriores
Categorías femininas - XF: Subvenís-Junior-Promesa: 1995-1989, SF: Senior: 1988-1975, VAF: Veterana A: 1974-1967 e VBF: Veterana B: 1966 e anteriores

TODA-LAS PROBAS (excepto a categoría PITUFOS) estarán controladas TODO o percorrido a través dun chip que se entregará a cada corredor e que deberá colocar nas súas zapatillas antes da saída. Os corredores que cheguen á líña de meta sen o seu chip non serán clasificados e teñen a OBRIGA de devolve-lo ó finaliza-la proba. TODOS AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARAN NAS CLASIFICACIONS; TAMPOUCO RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO E NON PODERÁN PARTICIPAR EN NINGUNHA PROBA ORGANIZADA POR CHAMPIONCHIP. Este Chip, finalizada a proba, non ten ningunha utilidade.

Todo corredor/a (DE CALQUIERA PROBA) que non entre en líña de meta co dorsal ben visible NO PEITO para a sua identificación, cometa algunha irregularidade, ou non respete as indicacións dadas pola organización, será automaticamente descalificado/a.

Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados por kilómetro.

A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

Vestiarios e duchas: habilitaranse 2 pavillóns; Pavillón do Souto (so para homes) e Pavillón Grupo Escolar (para homes e mulleres): 11:00 – 14:00 h.
Resultados: www.championchipnorte.com, www.correrengalicia.org.

INSCRICIÓNS:
PROBAS ESCOLARES:
Ata o Mércores 20 de Abril ás 14:00 horas na dirección de correo deportes (arroba) concellodepadron.es ou no teléfono 627.00.85.84 en horario de 10 a 14. Non se aceptarán as inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sin todolos datos obrigatorios, sendo os datos obrigatorios os seguintes: Nome e Apelidos, Data de Nacemento, Sexo, Teléfono de contacto, Correo electónico de contacto (se o ten), Localidade, Provincia, Colexio ou Clube co que participa.

PROBA ABSOLUTA: A través da páxina web: www.championchipnorte.com.
- DATOS OBRIGATORIOS: NIF CON LETRA, NOME, APELIDOS, DATA NACEMENTO, SEXO, LOCALIDADE, MOVIL E CLUBE (se o ten)

PRAZO da inscrición: Ata o Mércores 20 de Abril ás 14:00 horas.

PREZO ESCOLARES: GRATUITA
ADULTOS: Propietarios Chip Amarelo Championchip: 2 €
Corredores sen Chip amarelo Championchip: 3 € ou opción de comprar un chip amarelo válido en todo o mundo.

NOTA: A PRE-INSCRICIÓN NON SE COMPLETARÁ SE NON SE FAI O PAGO NO MOMENTO DE INSCRIBIRSE EN WWW.CHAMPIONCHIPNORTE.COM

Para calqueira dúbida relacionada co proceso de inscrición deberedes dirixirvos ó teléfono: 982.81.68.84 (Championchip); 627.00.85.84 - 699.92.69.83 (Organización).

Non se admitirán inscricións fora de prazo, sen os datos obrigatorios, nin o día da proba

RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS: Realizarase o día da proba no PAVILLÓN POLIDEPORTIVO GRUPO ESCOLAR (Pavillón Novo), a partir das 10:00 horas ata media hora antes do inicio de cada proba.

TROFEOS, PREMIOS E AGASALLOS:
- Medallas e Agasallos según disponibilidade e ata fin de existencias.
- PROBAS ESCOLARES: Trofeo aos 3 primeros/as corredores/as de cada categoría establecida por idade e sexo.

- PROBA ABSOLUTA: Pendente confirmar agasallos puntuais doados por firmas colaboradoras.
* Trofeo aos 3 primeros/as corredores/as de cada categoría establecida por idade e sexo.
* TROFEO ESPECIAL DE PASCOA aos 3 primeros/as clasificados/as da proba absoluta.

- PREMIOS ESPECIAIS
* 1º/ª Corredor/a local: Trofeo + Carné Deportivo gratis ano 2011/12.
* Trofeo Participación (colexio/clube con máis corredores inscritos que finalizasen a proba), Trofeo Benxamín (corredor/a menor idade), Superveterán (corredor maior idade) e Superveterana (corredora maior idade).

ENTREGA DE PREMIOS:
A entrega de premios será ó finaliza-la derradeira proba (13:15 h aproximadamente) na Praza de Macías. Poderase esixir o DNI se a organización o solicitase ó recolle-lo premio.

En caso de mal tempo realizarase no PAVILLÓN POLIDEPORTIVO GRUPO ESCOLAR (Pavillón Novo), informando oportunamente con antelación.
- A Concellería de Deportes do Concello de Padrón non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así coma das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.

- Dado o carácter deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espírito e comportamento deportivo de todo-los participantes. A organización resérvase o dereito a modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellasen (informando oportunamente), e o non recollido no mesmo resolverase según o criterio técnico da mesma, sendo as suas decisións inapelables. A participación implica a total aceptación deste regulamento.


... Segue a carreira de Pascoa de Padrón no foro