Calendario
Info da proba

Vigo

27/03/2011 11:30 - 13:30
Regulamento
10 Km Cidade Universitaria Vigo

Data: domingo, 27 de marzo de 2011.
Hora: 11:30 h.
Lugar: Campus Lagoas-Marcosende, Vigo.
Distancia: 10.000 m.
Organiza: Servizo de Deportes da Universidade de Vigo
Inscrición: O prazo de inscrición remata ás 14.00 h. do martes 22 de marzo. Non se admitirán inscricións fóra de prazo.
Web: Servicio de Deportes, Universidade de Vigo





... Segue os 10 km do CUVI no foro


REGULAMENTO
1. O Servizo de Deportes da Universidade de Vigo, en colaboración coa Delegación da Federación Galega de Atletismo en Vigo e o Comesaña Sporting Club, organiza o próximo día 27 de marzo a proba 10 Km Cidade Universitaria 2011 no Campus Universitario Lagoas-Marcosende. O control e dirección da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Delegación da Federación Galega de Atletismo en Vigo.

2. Esta proba formará parte do Circuíto de Carreiras Populares de Vigo e do Circuíto Universitario de Carreira en Ruta das Universidades de Galicia

3. A carreira terá saída ás 11.30 h e constará de tres voltas a un percorrido que transcorre entre os viais interiores do Campus e o acceso á Cidade Deportiva do Círculo Mercantil e Industrial de Vigo para completar unha distancia aproximada de 10.000 m.

4. A inscrición é libre para todos os nacidos en 1993 ou anos anteriores e deberá efectuarse exclusivamente no sitio web: www.deportes.uvigo.es.
Os atletas federados están obrigados a facer constar ademais de nome, apelidos e data de nacemento, o nome do club e o número de licenza federativa.
No caso dos universitarios, estes haberán de sinalar na inscrición a Universidade, o campus e o centro ao que pertencen, e deberán indicar se son alumnos, PDI ou PAS.

O prazo de inscrición remata ás 14.00 h. do martes 22 de marzo. Non se admitirán inscricións fóra de prazo.

5. A cota de inscrición será de 3 € para os membros da comunidade universitaria e de 5 € para o resto de participantes.

6. Outorgaranse premios e trofeos aos tres primeiros clasificados de cada sexo na clasificación xeral e trofeos aos primeiros nas seguintes categorías establecidas por cada sexo: Júnior : nacidos nos anos 1992 e 1993. Promesa: nacidos nos anos 1989, 1990 e 1991.
Sénior : nacidos en 1988 e anteriores, ata veteranos Veteranos A: 40 a 49 anos cumpridos no día da competición. Veteranos B : 50 anos ou mais cumpridos no día da competición. Universitarios: membros da comunidade universitaria (alumnos, PDI, PAS).

7. Os premios, a excepción dos universitarios, non serán acumulables. No caso de coincidir entregarase só o correspondente á clasificación absoluta. Cada premio non entregado por esta causa, e os seguintes da mesma clasificación, pasarán a corresponder aos clasificados na posición inmediatamente posterior á previamente asignada.

8. Todos os dorsais dos atletas serán entregados polo organizador no momento da confirmación, que se realizará como mínimo media hora antes do comezo da carreira, na secretaría situada na Praza Miralles, debendo os atletas respectar a publicidade impresa.

9. As reclamacións sobre a competición deberán ser presentadas de acordo coas normas establecidas no Regulamento Internacional da IAAF.

10. A Universidade de Vigo e os seus colaboradores non se fan responsables dos posibles danos que con motivo da competición poidan sufrir os participantes ou ocasionar a outros, sen prexuízo dos dereitos que lle puidesen corresponder ante a compañía aseguradora correspondente.

11. O non previsto neste Regulamento resolverase de acordo co Regulamento Internacional da IAAF e as normas da RFEA vixentes.

12. A soa inscrición nestes 10 Km Cidade Universitaria implica a total aceptación do preceptuado no presente Regulamento.



... Segue os 10 km do CUVI no foro