Calendario
Info da proba

O Porriño

08/05/2011 10:00 - 13:00
Regulamento
VI Carreira As Agüiñas, O Porriño

Data: domingo, 8 de maio de 2011.
Hora: a partir das 10:00 h.
Lugar: Polígono Industrial de A Granxa, O Porriño.
Distancia: de 150 a 6.770 m.
Organiza: Club Atletismo Porriño.
Inscrición: ata o 3 de maio na web do Club Atletismo Porriño.
Web: Club Atletismo Porriño





... Participa no foro de carreiras populares





REGULAMENTO DA VI CARREIRA AS AGÜIÑAS - O PORRIÑO

1-O Club Atletismo Porriño coa colaboración do Excmo. Concello de O Porriño, organiza a "VI CARREIRA AS AGÜIÑAS", que se celebrará o día 8 de maio de 2010, a partires das 10:00 horas, no Polígono Industrial de A Granxa, no Concello de O Porriño.

2-Poderán participar tódalas persoas estén ou non federadas, aqueles que non teñan Licencia Federativa ou seguro deportivo (escolares) están cubertos polo seguro do que dispón a organización. Poderán participar tamén atletas portugueses.

3-As inscricións faranse a través da páxina web do club, na pestana da carreira das Agüiñas ata o día 3 de maio. As inscricións son de balde, non admitíndose inscricións fora de prazo nin no mesmo día da proba.

4-A organización no se responsabiliza dos danos morais ou físicos ocasionados na participación da proba.

5-Todo atleta, polo simple feito de participar, acepta todo o reflexado neste regulamento.

6-Os dorsais serán entregados pola organización ata media hora antes do comezo de cada proba na secretaría, que estará ubicada nas instalacións de atletismo sitas no mesmo Polígono Industrial de A Granxa, no Concello de O Porriño.

7- Entregaranse trofeos ós 5 primeiros na categoría de menores, e ós tres primeiros a partir de xuvenís, incluídos estes, en ambos sexos. A entrega de trofeos realizarase unha vez finalizadas tódalas carreiras.

8-Ós gañadores da carreira absoluta, home e muller, e independentemente da categoría na que corran, recibirán un xamón. Unha vez finalizada a entrega de trofeos, sortearase UNHA BICICLETA entre os atletas das categorías menores. Para poder recolle-lo premio, será condición sine qua non a presencia física do atleta en cuestión, sorteándose de novo o agasallo caso de non estar presente.

9-A proba estará controlada por xuíces da Federación Galega de Atletismo da Delegación de Vigo. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. Se son desestimadas por este poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros ao Xurado de Apelación. Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

10- Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.

11- Os atletas deben situarse na Cámara de Chamadas, para control de dorsais, como máximo 10 minutos antes do inicio de cada proba, puidendo ser descualificados de non cumprir esta norma. Pola megafonía da Organización iránse dando oportunas indicacións ó respecto.

12- Orde de saída e horarios
CATEGORÍA...ANOS NACEMENTO...DISTANCIA...HORA

CADETE HOMES...96-97...2.578 m...10:00 h.
CADETE MULLERES...96-97...2.014 m...10:15 h.
INFANTIL HOMES...98-99...2.014 m...10:25 h.
INFANTIL MULLERES...98-99...1.634 m...10:35 h.
ALEVIN HOMES...00-01...1.634 m...10:45 h.
ALEVIN MULLERES...00-01...1.284 m...10:55 h.
BENXAMÍN MULLERES...02-03...730 m...11:05 h.
BENXAMÍN HOMES...02-03...730 m...11:15 h.
XUVENIL...94-95...6.770 m...11:30 h.
XUNIOR...92-93...6.770 m...11:30 h.
PROMESA...89-90-91...6.770 m...11:30 h.
SENIOR/88-Ata os 35 anos (sen cumprir, ata 08/05/76)...6.770 m...11:30 h.
VETERÁN A...35-39 anos...6.770 m...11:30 h.
VETERÁN B...40-44 anos...6.770 m...11:30 h.
VETERÁN C...45-49 anos...6.770 m...11:30 h.
VETERÁN D...De 50 anos en adiante (Nados a partires 09/05/61)...6.770 m...11:30 h.
PREBENXAMÍN MULLERES...04-05/400 m/12:15 h.
PREBENXAMÍN HOMES...00-05...400 m...12:20 h.
PITUFOS MULLERES...06-07-08...150 m...12:25 h.
PITUFOS HOMES...06-07-08...150 m...12:30


ENTREGA DE TROFEOS E SORTEO DE AGASALLOS: 13:00


... Participa no foro de carreiras populares