Calendario
Info da proba

Padrón

05/03/2011 16:00 - 18:30
Regulamento
IX Carreira Popular Concello de Padrón

Data: sábado, 5 de marzo de 2011.
Hora: a partir das 16:00 h.
Lugar: Paseo do Espolón, Padrón.
Distancia: de 100 a 10.480 m.
Organiza: Concellería de Deportes do Concello de Padrón.
Inscrición: Límite na proba absoluta 700 persoas.
Non se aceptarán as inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sin todolos datos obrigatorios.
- ADULTOS: ata o Xoves 3 de Marzo ás 12:00 horas na web Championchip Norte (única forma de inscrición). Se non eres usuario, debes de darte de alta no apartado “REXISTRARSE” e seguir as instruccións para formalizar as inscricións que desexes.

ESCOLARES: ata o xoves 3 de Marzo ás 12:00 horas na dirección de correo electrónico deportespadron (arroba) yahoo.es ou no teléfono 627 008584 en horario de 10 a 14 horas.

Non se aceptarán as inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sin todos os datos obrigatorios, sendo os seguintes os datos obrigatorios: Nome e apelidos, data de nacemento, teléfono e correo electónico de contacto (se o ten), localidade de procedencia, provincia, colexio ou clube co que participa e número de licencia federativa ou seguro escolar (se a/o ten).

Categorías escolares : GRATUITA
Propietarios Chip Amarillo Championchip: 2,00 €
Corredores sen Chip amarillo Championchip: 3,00 €





A Concellería de Deportes de Padrón organiza o sábado 5 de marzo de 2011 a partir das 16 horas, a IX edición da súa Carreira Popular na localidade de Padrón e baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago) . As probas estarán baixo o seguinte:

REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo, Delegación en Santiago de Compostela.

2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
PITUFOS: atletas nados no 2007 e posteriores.
PREBENXAMÍN: atletas nados nos anos 2004, 2005 e 2006.
BENXAMÍN: atletas nados nos anos 2003 e 2002.
ALEVÍN: atletas nados nos anos 2001 e 2000.
INFANTIL: atletas nados nos anos 1999 e 1998.
CADETE: atletas nados nos anos 1997 e 1996.
XUVENIL/JUNIOR/PROMESA: atletas nados entre 1995 e 1989.
SENIOR: atletas nados entre 1988 ata veteráns.
VETERÁN A MASCULINO: atletas nados entre 1974 e 1965.
VETERANA A FEMENINO: atletas nadas entre 1976 e 1967.
VETERÁN B MASCULINO: atletas nados entre 1964 e 1955.
VETERANA B FEMENINO: atletas nadas en 1966 e anteriores.
VETERÁN C MASCULINO: atletas nados en 1954 e anteriores.

3. DISTANCIAS E HORARIOS:
O percorrido da carreira seguirá un circuito de 5240 metros aprox. a partir da categoría xuvenil/junior/promesa. O resto de probas realizaranse no paseo do Espolón.
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
16.00 h PITUFOS 100 m
16.10 h PREBENXAMÍN 500 m (1 volta Paseo do Espolón)
16.20 h BENXAMÍN 500 m (1 volta Paseo do Espolón)
16.30 h ALEVÍN 1000 m (2 voltas Paseo do Espolón)
16.40 h INFANTIL – CADETE 3500 m (Paseo Espolón- Inicio paseo Fluvial)
17.30 h. XUVENIL/JUNIOR/PROMESA/SENIOR e VETERÁN 10480 m (2 voltas circuito Grande)
19.00 h ENTREGA DE PREMIOS (AUDITORIO MUNICIPAL)

Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados por kilómetro. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ao longo do percorrido.

PLANO PROBA ABSOLUTA


4. INSCRICIÓNS
ADULTOS: ata o xoves 3 de Marzo ás 12:00 horas na web www.championchipnorte.com (única forma de inscrición). Se non eres usuario, debes de darte de alta no apartado “REXISTRARSE” e seguir as instruccións para formalizar as inscricións que desexes.

ESCOLARES: ata o xoves 3 de Marzo ás 12:00 horas na dirección de correo electrónico deportespadron@yahoo.es ou no teléfono 627 008584 en horario de 10 a 14 horas.

Non se aceptarán as inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sin todos os datos obrigatorios, sendo os seguintes os datos obrigatorios: Nome e apelidos, data de nacemento, teléfono e correo electónico de contacto (se o ten), localidade de procedencia, provincia, colexio ou clube co que participa e número de licencia federativa ou seguro escolar (se a/o ten).

O PREZO da inscrición (a proba absoluta estará controlada a través dun CHIP) será o seguinte:
- CATEGORÍAS ESCOLARES: GRATUITA
- PROPIETARIOS CHIP AMARELO CHAMPIONCHIP: 2,00 €
- CORREDORES SEN CHIP AMARELO CHAMPIONCHIP: 3,00 €

A pre-inscricion non se completará se non se fai o pago no momento de inscribirse na web www.championchipnorte.com. Haberá un límite de 700 inscritos na proba absoluta.

Calqueira dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono: 982 81 6884.
Calqueira dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse os teléfonos 627008584 (horario de mañá) e 699926983 (horario de tarde).

5. RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS
Realizarase o día da proba no AUDITORIO MUNICIPAL, ó carón do Centro Social (Campo do Souto) en horario de 12 a 13 h (recomendable); tamén poderán recollerse dende as 15 h ata media hora antes do inicio de cada proba.

CONTROL CON CHIP: A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal (agás propietarios de chip amarelo) e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba.

TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA PROBA (agás propietarios de chip amarelo). AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARÁN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO.

DESCALIFICACIONS: Todo corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será descalificado a criterio do Xuiz Árbitro da Competición. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS O XUÍZ ÁRBITRO DA COMPETICIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.

6. TROFEOS, PREMIOS e AGASALLOS
› PROBAS ESCOLARES:
- Trofeos aos 3 primeiros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo.
- Agasallos según disponibilidade e ata fin de existencias.

› PROBA ABSOLUTA
- Trofeo aos 3 primeros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo.
- Trofeo especial aos 3 primer@s da clasificación xeral Masculina e Feminina (xuvenil/junior/promesa/senior e veteráns).

Entregarase unha camiseta conmemorativa da proba a cada participante, tanto escolar como absoluto, ata fin de existencias. Pendente de confirmar agasallos puntuais por firmas colaboradores.

PREMIOS EN METÁLICO DA PROBA ABSOLUTA
100 PREMIOS ECONÓMICOS AOS PRIMEIROS CLASIFICADOS MASCULINOS (75) E FEMENINOS (25) + DIPLOMA PERSONALIZADO:

- 75 primeiros postos Masculinos da clasificación absoluta que entren nun tempo inferior a 40:00 do seguinte xeito:
› Postos 1-25: 30 €
› Postos 26-50: 20 €
› Postos 51-75: 10 €

- 25 primeiros postos Femininos da clasificación absoluta que entren nun tempo inferior a 50:00 do seguinte xeito:
› Postos 1-5: 30 €
› Postos 6-15: 20 €
› Postos 16-25: 10 €

PREMIOS ESPECIAIS
- Trofeo + Carnet Deportivo gratis ano 2011 o/a 1º/ª Corredor/a local.
- Trofeo Participación, o colexio/clube con máis corredores inscritos que finalizen a proba.
- Trofeo Benxamín, o corredor/a menor idade.
- Trofeo Superveterán o corredor home con maior idade que finalize a proba.
- Trofeo Superveterana á corredora con maior idade que finalize a proba.
- 3 cestas de productos EROSKI valoradas en 60, 30 y 20 euros ós 3 primeros/as clasificados/as da xeral absoluta.
- 3 invitacións para 2 persoas ó Aquaform do Balneario de Cuntis ós 3 primeros/as clasificados/as ó término da primeira volta e que finalicen entre os 10 primeiros da xeral.

SORTEO
Haberá sorteo de material deportivo e diversos productos doados pólas firmas colaboradoras no auditorio municipal e antes de comenzar a entrega de premios.

O PAGAMENTO DOS PREMIOS EN METÁLICO E ENTREGA DE DIPLOMAS REALIZARASE NO HALL DO AUDITORIO MUNICIPAL, ÁS 18:30 HORAS, ANTES DA ENTREGA DE PREMIOS. (EXPORASE COA MAIOR BREVIDADE POSIBLE UN LISTADO DE CLASIFICACIÓNS PROVISIONAL). PARA PODER PERCIBIR O PREMIO SERÁ OBRIGATORIO A PRESENTACIÓN DO DNI OU DOCUMENTO ACREDITATIVO DA IDENTIDADE.

7. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS
Segundo o ARTIGO 3.4. DO REGULAMENTO das competicións autonómicas de Ruta, Pista ou Campo a Través da REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ATLETISMO: “Por norma general en estas competiciones no podrán participar atletas extranjeros que no tengan licencia por la Federación Autonómica donde se celebre la competición salvo si se cumple alguno de los siguientes supuestos:
? “En Autonomías con frontera terrestre con Portugal o Francia se permitirá la participación de atletas del país vecino siempre y cuando estos atletas no hayan sido internacionales por su país en los últimos 5 años y en una prueba similar”.
? “Atletas residentes en la Comunidad Autónoma. Se deberá justificar con permiso de residencia o trabajo”.
En todos os casos o organizador poderá requerir a documentación necesaria e reterá o premio mentres non sexa presentada.

As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en vigor. A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.

Haberá Servicio de Duchas nos Polideportivos do Souto (só para homes) e do Grupo Escolar (para homes e mulleres). O horario de apertura de ambos será de 15:30 h–19:30 h.

Poderán consultar os resultados oficiais e toda a información relativa ás probas nas webs:
- www.championchipnorte.com
- www.atletismogalego.org
- www.fgatletismo.es/santiago/
- www.correrengalicia.org


- - Participa no foro de carreiras populares