Calendario
Info da proba

A Coruña

26/06/2010 18:00 - 20:30
Regulamento
III Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma

Data: sábado, 26 de xuño de 2010
Hora: 18:00 h
Lugar: San Pedro de Visma, A Coruña
Distancia: de 100 a 5.500 m
Organiza: Asociación Loureiro de Visma
Inscrición:
Federacion Galega de Atletismo - secgeneral (arroba) fgatletismo.com
Na sede da Asociación de Veciños de San Pedro de Visma, cubrindo os datos no tríptico da carreira, ou enviando fax do boletín ó 981 272 425.

No Pazo de Deportes de Riazor, entregando o boletín de inscrición cuberto
Na Federación Galega de Atletismo, entregando o boletín de inscrición cuberto ou enviando fax do boletín ó 981 292 056.

TODAS AS INCRIPCIÓNS DEBERÁN FACER CONSTAR OBRIGATORIAMENTE OS SEGUINTES DATOS:
- Nome, apelidos, nº DNI ou pasaporte, data e lugar de nacemento, sexo, teléfono de contacto, número de licenza FGA (se é federado)

NON SE ADMITIRÁ NINGUNA INSCRIPCIÓN SIN ALGÚN DESTES DATOS.

DATA E LUGAR DE RECOLLIDA DE DORSAIS:
O mesmo día da carreira, na zona habilitada coma secretaría.

A secretaria pra entrega dos dorsais e a saida da carreira de 5.500 metros sera no Parque de Bens, mantendose o percorrido polo parque como o dos derradeiros anos o igual que a zona de chegada no centro Civico

Servicios Médicos.
A organización contará con servizos de médico e ambulancia con persoal sanitario, dende unha hora antes do inicio da competición ata media hora despois da mesma. Asegurando o traslado e tratamento ou intervención nunha clínica de calquera deportista lesionado.

INFORMACIÓN:
AAVV. San Pedro de Visma (10:00 a 14:00 e 16:30 a 21:00)
Teléfono y Fax : 981 272 425
asociacionloureirodevisma (arroba) yahoo.es
Concello da Coruña. www.coruna.es/deportes

Federación Galega de Atletismo. Tlfn: 981291683
Mail: secgeneral (arroba) fgatletismo.com
www.atletismogalego.org
www.riazoratletismo.com

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

A 3ª Baixada Popular de cros é unha carreira popular a pe, de índole competitivo e caráter eminentemente lúdico, aberta a todas as persoas que o dexesen, de cualquer idade, xénero e condición física, co fin de resaltar os beneficios que a práctica sa dunha actividade física proporciona.

Zona de Saídas e meta. Nas inmediacións do Centro Cívico de San Pedro de Visma.

Percorrido. Pechado ó tráfico, dunha volta de 5.500 metros aproximadamente.

Distancias. Mulleres e homes correrán xuntos.
Biberóns: 100 metros
Benxamín e Alevín: 300 metros
Infantil: 600 metros
Resto de categorías: 5500 metros.

Horario e categorías (ano nacemento).
11:00 h. CADETE (1994-95), XUVENIL (1992-93), JUNIOR (1990-91), SENIOR, (1989 ata veteráns), VETERÁNS A (1969-51), VETERÁNS B (1950 e antr.).
11:45 h. BENXAMÍN(200-01),ALEVÍN(1998-99), INFANTIL(1996-97).
11:55 h. BIBERÓN (2002 e post)

Os participantes deberán situarse na zona de saída 5 minutos antes do comezo da súa proba, por detrás da liña de saída.

Clasificacións. Por categorías.
Premios. Mulleres e homes.
1ª Clasificad@: Trofeo .
2ª Clasificad@: Medalla .
3ª Clasificad@: Medalla .
Trofeo ó corredor máis novo
Trofeo ó corredor máis veterán
Trofeo á entidade que aporte máis corredores.

Entrega de premios.
Terá lugar ás 12:30 horas aprox.no escenario habilitado para tal fin nas inmediacións da zona de saída.

Servizo de duchas.
No Centro Cívico de San Pedro de Visma.

Ocupación da Vía Pública.
Cumprimento das actuais normativas de Seguridade Vial do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contratación dun Seguro de Responsabilidade Civil e un Seguro de Accidentes para os participantes.

Está prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda (bicicletas, patíns). A non observancia desta norma implicará a
descalificación dos deportistas acompañados.

Control de Resultados.
A carreira estará controlada ó longo de todo o percorrido polo Comité Galego de Xuíces que rexistrarán tempos de chegada.

O control de chegada non se pechará ata que cheguen a meta todos os participantes.

Camisetas e agasallos.
Os participantes que crucen a liña de meta, recibirán unha camiseta conmemorativa da carreira, ata esgotar existencias. As categorías de menores tamén recibirán outros agasallos ó rematar a carreira.

Reclamacións.
As reclamacións poderanse facer directamente ó xuíz árbitro da competición. Todo o non disposto neste regulamento resolverase polo da Federación Galega de Atletismo.





- - Participa no foro de carreiras populares