Foros ›
IV CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE VEDRA
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
vedra

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/11/06
0 Carreiras
93 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 29 Out 2009, 21:45
Asunto: IV CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE VEDRA

Despois de 2 anos e parón, tras as catro primeiras edicións celebradas en 2003, 2004, 2005 e 2006 e froito do acordo de colaboración acadado entre o Club Olímpico de Vedra e o concello de Vedra, volve a haber carreira pedestre.


V CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE VEDRA
Carballeira de O Souto, San Fins de Sales, Vedra
Dmingo 22 de novembro de 2009

Organizan concello de vedra e club olímpico de vedra

11:00 Carreira absoluta distancia 7500 metros
Categorías
V3 veterano III masculina, nados en 1953 e anteriores
V2 veterano II masculina, nados entre 1963 e 1954
V1 veterano masculina, nados entre 1973 e 1964
VF veterana feminina, nadas en 1973 e anteriores
SM senior masculina, nados entre 1987 ata 1974
SF senior feminina, nadas entre 1987 ata 1974
PM promesa masculina, nados en 1988, 1989 e 1990
PF promesa feminina, nadas en 1988, 1989 e 1990
JM promesa masculina, nados en 1991 e 1992
JF junior feminina, nadas en 1991 e 1992

12:00 carreira prebenxamín 100 metros
Masculina e feminina nad@s en 2003 e posteriores

12:10 carreira benxamín 800 metros
Masculina e feminina nad@s en 2001 e 2002

12:35 carreira alevín infantil 1600 metros
IM infantil masculina nados en 1997 e 1998
IF infanitl feminina nadas en 1997 e 1998
AM alevín masculina nados en 1998 e 2000
AF alevín feminina nadas en 1999 e 2000

12:45 carreira cadete xuvenil 2400 metros
XM xuvenil masculina nados en 1993 e 1994
XF xuvenil feminina nadas en 1993 e 1994
CM cadete masculina nados en 1995 e 1996
CF cadete feminina nadas en 1995 e 1996


inscripcións ata as 14:00 horas do venres 20 de novembro no enderezo electrónico olímpicodevedra@hotmail.com, facendo constar NOME E APELIDOS, Nº DNI, CLUB, LOCALIDADE E DATA DE NACEMENTO. Os clubes que desexen recoller tódolos seus dorsais nun único sobre deberán facelo constar no momento da inscripción.

A retirada de dorsais farase efectiva no posto habilitado ó efecto no lugar da saida.

a entrega de trofeos terá lugar as 13:30 horas

haberá trofeos para os tres primeiros clasificados absolutos masculinos e femininos, e para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada categoría.

non haberá premios en metálico.

información olímpicodevedra@hotmail.com
vedra

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/11/06
0 Carreiras
93 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 29 Out 2009, 21:47
Asunto: Re: IV CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE VEDRA

administrador por favor retira este tema pois colousenos mal a edición.
nirvioso

Foreiro infantil
Foreiro infantil
15/06/09
0 Carreiras
81 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 31 Out 2009, 12:18
Asunto: Re: IV CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE VEDRA

Vivo en Lestedo e alí estarei. Fai un ano que viñen a vivir aquí e ten uns lugares maravillosos para correr, eu se non saio un dia ven sexa en bici ou correndo xa teño mono.
Seria interesante facer un circuito como o que fan en ribeira, e unindose tanto Vedra como Boqueixon ou Touro.
Dou ideas e ofrezcome para enseñar rutas, a SUBIDA O PICO SACRO POR DUAS CARAS ISO SI QUE É CARREIRA, seria un circuito de 11 ou 12 km.
Hai outro que sería pasando por vedra, boqueixon e touro dus 16 km, e incluso unha media maraton polos tres concellos.( semellante a FERREIRUA)
So son ideas un saudo.
ivanno

Maratoniano
Maratoniano
14/12/08
139 Carreiras
887 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 09 Nov 2009, 21:46
Asunto: Re: IV CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE VEDRA

Eu alí estarei tamén se Deus quere.

nirvioso o da subida ó Pico Sacro é unha boa idea. Eu anotaríame sen dubidalo Guiño





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos