Foros ›
Autor
Mensaxe
xoseavion

Maratoniano
Maratoniano
22/06/09
0 Carreiras
262 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 23 Xuñ 2009, 8:00
Asunto: A miña Crónica

Saúdos aos foreiros!!!
Son novo no foro e este ano é o primeiro que me adico a ir ás carreiras. Comecei coa Pedestre de Santiago, con 35 anos, 1,74 m e 82 Kg. Gustoume, e tras Ourense, Media de Ferrol, San Xiao, Rábade, Porriño, Vig-Bay, Betanzos e Cambados decido pechar a miña primeira tempada na Coruña e intentar baixar de 1h30 (xa con 78 Kg), cousa que nunca conseguira a pesar de quedame ás portas na Vig-Bay e en Betanzos.
Situeime adiante na saída, polo que na primeira volta vin como me pasaba moita xente, pero conseguín non cebarme e seguir co meu ritmo que segundo o podómetro era bo (4:05-4:10/Km) que aínda quedaba moita carreira. No paso pola primeira volta, o crono era de 28:55 (todo perfecto). Encarei a segunda volta co obxectivo de seguir machacando quilómetros por debaixo de 4:15, que é o tempo que te leva a baixar de 1h30 min, e vin como comezaba a recoller a algunha xente que me pasara na primeira volta e que xa ía indo madura. No paso pola segunda volta, o tempo era de 58:53 e as sensacións boas; podía soñar con baixar de 1h28. Ata o quilómetro 16 seguín igual, machacando quilómetros a bo ritmo, o meu tempo era de 1h07, tiña forzas e se seguía igual o soño de 1h28 estaba cerca, xa que tiña 21 min para facer os 5 últimos quilómetros. Desafortunadamente, xa no último longo, sobre o Km 17 flaquei e perdin ritmo, que agora comezaba a ser de 4:25. Neste tramo adiantoume algunha xente, pero non mais da que eu adiantei, síntoma de que o cansanzo era para todos. Ao final 1h28:46 Satisfecho , NOVA MARCA PERSOAL.
O ano que ven, a seguir baixando tempo e a ver se atopo un clube ou compañeiros para adestrar por Ribeira que me poidan aconsellar, axudar a planificar, métodos de entrenamento, e esas cousas que se fan para seguir mellorando.
Saúdos, levo uns meses seguíndovos no foro e agora me animo a participar. Por certo, coleime na foto dos foreiros (algún se preguntaría que quen era aquel tipo acoplado Moi feliz )





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos