Foros ›
A que ritmo correr unha media 3 semanas antes da maratón?
Foros de debate / Entrenamientos y técnica
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
xoseavion

Maratoniano
Maratoniano
22/06/09
0 Carreiras
262 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 19 Feb 2013, 12:13
Asunto: A que ritmo correr unha media 3 semanas antes da maratón?

Estou preparando a maratón de Barcelona, que se celebra o vindeiro 17 de marzo. Este domingo 24 de febreiro correrei a media de A Coruña. Vós que pensades sobre o ritmo ao que debería correla? A tope, incluso buscando mmp, ou a un ritmo de maratón?
GasMan

Maratoniano
Maratoniano
1/01/09
152 Carreiras
1147 Mensaxes
A Corveira - Culleredo
Respostar citando Envío Mar, 19 Feb 2013, 14:31
Asunto: Re: A que ritmo correr unha media 3 semanas antes da marató

A tope, a todo lo que des, porque en teoría estás en tu estado óptimo de forma o muy próximo a él. Además, viendo el tiempo de la media podrás ver si estás a punto para tu tiempo objetivo en el maratón o tienes que recalcularlo.

Este es mi consejo, o lo que haría yo, igual gente más sabia te dice lo contrario... Pensando

The race ends, the road never does.
novoa_run

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
26/07/11
0 Carreiras
1264 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 19 Feb 2013, 14:47
Asunto: Re: A que ritmo correr unha media 3 semanas antes da marató

Eu tamén a faría a tope, polo teu nick creo recordar que entrenas habitualmente e tes bos tempos en carreira, tres semanas debían sobrar para recuperarte de todo.
Rama

Foreiro Senior
Foreiro Senior
18/08/09
0 Carreiras
678 Mensaxes
Ponteareas
Respostar citando Envío Mar, 19 Feb 2013, 15:39
Asunto: Re: A que ritmo correr unha media 3 semanas antes da maratón?

Xoseee!

Faina a medio gas (hora vinte) e en Barcelona dúas horas 49.

Saú2 de Rama e moita sorte nos dous lugares
layo

Foreiro infantil
Foreiro infantil
19/03/11
0 Carreiras
70 Mensaxes
Carril
Respostar citando Envío Mar, 19 Feb 2013, 15:55
Asunto: Re: A que ritmo correr unha media 3 semanas antes da maratón?

Creo que a menos de 3' km estaría ben pero non forces máis, je,je,je.
Penso que debes facela en progresión sin vaciarte plenamente xa que te arriscas a unha lesión ou a quedar valeiro durante 4 ou 5 días, si o teu obxectivo é Barcelona podes verte afectado psico ou fisioloxicamente polo MM. O meu consello e que empeces a modo(ritmo de maraton, +-6 km) e si te atopas ben vai progresando e apretes, deste xeito non te desgastarás tanto física nin psicoloxicamente despois aínda terás 10 ou 12 días para seguir entrenado a tope. Sorte si non nos vemos antes.
xoseavion

Maratoniano
Maratoniano
22/06/09
0 Carreiras
262 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 19 Feb 2013, 16:23
Asunto: Re: A que ritmo correr unha media 3 semanas antes da marató

Gasman dixo
Cita:
A tope, a todo lo que des, porque en teoría estás en tu estado óptimo de forma o muy próximo a él.
Ahí das no clavo. Próximo a el, pero para chegar a el é necesaria a descarga e descanso.
Cita:
Faina a medio gas (hora vinte) e en Barcelona dúas horas 49.
Rama, eses son os modestos tempos dos taninos???. Estades moi concentrados na preparación da maratón que non da des sinais de vida. Corredes a Interrunning?. Se é así, non forces demasiado, sobre 36 min estaría ben Ríndose

Agora en serio, o meu plan é, en principio, correr os 15km primeiros a ritmo de maratón, e apretar uns 5"/km ao final (se podo).
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
476 Carreiras
3700 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 19 Feb 2013, 22:58
Asunto: Re: A que ritmo correr unha media 3 semanas antes da maratón?

Eu faria case que a tope, 3 semanas tes tempo dabondo para recuperar, contando, que a partires de ahí hai que ir baixando o entreno.
Tamén depende se vas con intención de baixar a tua marca en Maratón, sendo así, non convén arriscar unha lesión ou outro contratempo.
Eu o ano pasado para a de Coruña, corrín 3 semanas antes a Vig-Bay a tope, a partires do 15 sufrindo para 1h25' (viña de facer 1h23' na do Ribeiro) e dandome que pensar para a maratón.
A semana seguinte corrín a Media de Madrid, moi tranquilo ata o 15, incrementando o ritmo a partir de ahi, para 1h26'.
E na maratón encontreime moi ben, e fun bastante conservador, facendo máis rápido a 2ª media ca 1ª, para 3h06.
Non notei para nada facer duas medias faltando 3 e 2 semanas para a maratón.
Rama

Foreiro Senior
Foreiro Senior
18/08/09
0 Carreiras
678 Mensaxes
Ponteareas
Respostar citando Envío Mar, 19 Feb 2013, 23:51
Asunto: Re: A que ritmo correr unha media 3 semanas antes da maratón?

Ola:
Os Taninos que van ao maratón de Barcelona, estarán na Coruña.
Eu irei a Porriño ( a buscar 36 minutos!!), para seguir cara London o 21 de abril.

En serio, correr con sentidiño, se se pode, e

Sorte

Saú2 de Rama
JillY

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
5/12/10
1 Carreiras
295 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 20 Feb 2013, 0:01
Asunto: Re: A que ritmo correr unha media 3 semanas antes da maratón?

A 3 semanas para el maratón, yo no la haría a tope. Si es cierto que en 3 semanas tienes suficiente para recuperar, pero la semana siguiente a la media (penúltima antes del maratón)suele ser una semana importante de entrenamiento y si quedas algo tocado de la media, esa semana no la aprovecharás del todo bien.
Lo que has puesto de hacer 15 km a ritmo de maratón y el resto en progresión, me parece lo correcto. Así te servirá para memorizar el ritmo de carrera.
xoseavion

Maratoniano
Maratoniano
22/06/09
0 Carreiras
262 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 20 Feb 2013, 8:45
Asunto: Re: A que ritmo correr unha media 3 semanas antes da maratón?

Kurty, grazas por contar a túa experiencia. Resultou moi interesante.
Rama, así que non ves a Barcelona?. Sorte en Londres. E os Taninos que veñen a Coruña, que estratexia de carreira traen?.
Jilly, estamos na mesma onda. Farei o que comentas se ninguén me convence do contrario.
O debate é interesante!
Rama

Foreiro Senior
Foreiro Senior
18/08/09
0 Carreiras
678 Mensaxes
Ponteareas
Respostar citando Envío Mér, 20 Feb 2013, 11:29
Asunto: Re: A que ritmo correr unha media 3 semanas antes da maratón?

Ola:

Penso que os que van a Coruña, sairán a facer un test cara a maratón. Isto é tratar de facer mellor marca persoal, ou alomenos a mellor marca posible en función do seu estado de forma, ou sexa a tope.
Eu farei o mesmo na Vig Bay que queda a 5 semanas, e despois irei á media de Lisboa, unha semana despois cun obxectivo de facer un rodaxe longo, de calidade, pero sobre 1:25 ou 1:27. Todo dependerá de como me quede o corpo despois da Vig Bay.

A miña experiencia é ir a tope na media das 3 semanas anteriores a unha maratón, para dfinir claramente a situación de obxectivos a acadar na maratón.
Despois da media, con 2 días de recuperación, un, o luns con descanso absoluto e posible masaxe de recuperación, e outro, o martes, con rodaxe suave de 50 ou 60 minutos, o mércores penso que xa caberían 5 ou 6 series de 1000 ou similar, a ritmo de 3:50 por exemplo ( no teu caso, e imaxinando o teu obxectivo, tras coñecer os teus tempos anteriores). Isto é o meu parecer e o que persoalmente opino a nivel de planificación na preparación no TEU , sen esquecer que estas verbas non deben modificar nin contradecir a túa planificación xeral previa.

Saú2, sorte e fai o que penses máis axeitado, que acertarás.

Rama
jabato

Maratoniano
Maratoniano
5/12/07
0 Carreiras
513 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 20 Feb 2013, 16:50
Asunto: Re: A que ritmo correr unha media 3 semanas antes da maratón?

Compañeiro eu empezaria a carreira como un vello para terminala como un xoven,non arriesgar a unha lesion e moi importante,eu creo q a mm de coruña venche ben como entrenamento e mais como dixo ahi un compañeiro ir e facer uns progresivos,pero sempre sen arriesgar,conta q vas a unha marathon q xa teras todo pago e,eu o ano pasado unha semana antes da marathon de sevilla foronme os plans todos e por unha lesion perdin me a carreira,saudos.
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8104 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 20 Feb 2013, 20:30
Asunto: Re: A que ritmo correr unha media 3 semanas antes da marató

Eu son partidario de facela a ritmo de maratón. Unha aperta compañeiro!!!!

cronicasdelcarma.blogspot.com/
www.facebook.com/home....6312823999
www.facebook.com/home....0742123559
xoseavion

Maratoniano
Maratoniano
22/06/09
0 Carreiras
262 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 24 Feb 2013, 21:48
Asunto: Re: A que ritmo correr unha media 3 semanas antes da maratón?

Ao final, un moi bo entrenamento. De feito, non tiña pensado forzar tanto, pero na última volta fun a tope. Así sairo, segundo datos do meu GPS (saíronme 21,46 Km).
Primeiras 2 voltas: 14,34 Km, 56:35, 3:57/Km, 160 ppm.
Última volta: 7,12 Km, 26:25, 3:43/Km, 172 ppm.

Tendo en conta que esta semana tiven febre o luns pola noite 38,5ºC, non me queixo para nada. As pulsacións a 3:57/km van moi ven a 160 ppm. A única preocupación é que segundo a distancia oficial, os ritmos baixan uns 4"/Km. O aspecto positivo é que o ritmo fun capaz de incrementalo 14"/Km na última volta, o que indica unha certa facilidade nas 2 voltas primeiras.
Vendo este test, como vedes que me plantexe a maratón en2h50, a 4:00/Km?
Rama

Foreiro Senior
Foreiro Senior
18/08/09
0 Carreiras
678 Mensaxes
Ponteareas
Respostar citando Envío Mar, 26 Feb 2013, 9:14
Asunto: Re: A que ritmo correr unha media 3 semanas antes da maratón?

Ola:

Se non me equivoco Xose, ti tes unha marca en Valencia de 02:53 e pico, o que sigifica que obxectivamente e a priori, podes tentar sub 02:50. Eu se fose tí o tentaría, e se despois non sae, pois a disfrutar da carreira e listo, pero pensando que saíches a por esa marca na que un mesmo cree.
Polo visto na Coruña, poderíamos falar de estar perto da 01:21 se foses máis apresa as 2 primeiras voltas.

Ánimo e a desfrutar de Barcelona

Rama





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos