Lun, 23 Nov 2015, 23:48
Asunto: Re: IV Media Maratón Solidaria Zona Aberta
Hai pouco mais dun mes a prensa bombardeounos coa MM de Valencia: " A MM mais rápida de España e unha das 10 mais rápidas do mundo". 10 atletas que acreditaban menos dunha hora na distancia; unha fortuna en fixos para eses atletas e para premios e miles de participantes nun circuíto para voar. Chegou o día e todo foi unha festa para o atletismo: mellor marca mundial masculina do 2015 e record feminino da proba; os primeiros 10 clasificados tanto masculinos como femininos, africanos.
Onte xuntámonos en Vilagarcía 551 galegos (parece ser que había dous que estaban de paso, pero xa os temos adoptados) para correr a MM máis rápida de Galicia; eramos 551 populares comandados polo "noso" Pedro Nimo, campión de España de maratón, que se pasou media hora animándonos a medio quilómetro de meta, despois de gañar e aínda sen cambiar de roupa ("que grande eres, Pedro"). Deixamos todas as nosas forzas nas rúas da vila; disfrutamos e sufrimos coma nunca; era o menos que podíamos facer, os premios eran moi cuantiosos: o cariño dos organizadores e dos nosos amigos, e un vaso de riquísimo chocolate. Con estes ingredientes son normais os tempos que se fixeron.
Mirade a comparativa:
Corredores que entraron en menos de 1h20':
- Valencia: 2'07%.
- Vilagarcía: 6'35%.
En menos de 1h25':
- Valencia: 4'46%.
- Vilagarcía: 17'6%.
En menos de 1h30':
- Valencia: 8'58%.
- Vilagarcía: 37'38%.
Onde se corre rápido???????
¡¡¡¡¡¡¡¡PRESUMAMOS COMO GALEGOS!!!!!!!!!