Mar, 09 Ago 2005, 17:16
Asunto: CARREIRAS PREFERIDAS, E.... DIVERSAS
Para mín, por múltiples motivos: historia, organización, ambiente nas rúas, e apego persoal, a carreira máis especial de Galicia é a Popular do San Martiño en Ourense. Nesta liña de pedestres deixan en mín un bó recordo histórico, e tento ir sempre, a Pedestre de Compostela de Outubro e a Volta a Muralla de Lugo no Nadal.
En carreiras singulares, hai moitas con especial atractivo: o cariño dos amigos do Gam de Meaño, o percorrido pola praia do Memorial Mario Puentes (este ano con problemas de organización na entrega de dorsais, avituallamenteo, e entrega de trofeos), a de Leiro (quizais a mellor de Galicia organizada nun pobo), e para barrer algo para a terra, a Nocturna de Celanova (ainda con só unha edición, pode consolidarse).
En canto a mediaas, a Vig-Bay, ainda que a organización me pareza un pouco elitista e pretendan asumir a condición de representantes supremos da Media Maratón a nivel autonómico, o percorrido é tan fermoso que resulta imprescindible. Non está mal tampouco a media de Pontevedra, coa fin nun estadio clásico - o da Xuventude-.
Nas carreiras pasa coma coas comidas, coas músicas, cos paises, ... a excelencia está na diversidade.