Lun, 12 Nov 2018, 18:59
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas
Diario de adestramento // Domingo 11 de novembro // Día 22
Ola xente.
Onte domingo tocaba tirada longa. No seu momento decidín, como preparación para a media maratón Memorial Adolfo Ros, facer o percorrido da volta á ría de Ferrol cruzando As Pías, xa que era unha boa forma de coñecer parte do percorrido de esa carreira, ademais de servirme para irme adaptando ás longas distancias.
O feito de facelo en domingo é, mais ca nada, polo tema do tráfico, habendo moitos menos coches polas zonas de paso (As Pías....A Gándara....Fene...) que calquera día laboral por semana.
Tamén é certo que, ben porque o tempo non acompañaba, ou polo que sexa, onte había na estrada mais coches do que soe ser habitual para un domingo....ou alo menos iso foi o que me pareceu a min.
Tras un non-quentamento, xa que empezaban a caer gotas de chuvia empecei o traxecto.
Cada vez teño mais claro a conveniencia de correr tendo en conta as pulsacións que sacas dunha banda do peito, e non por ritmo de carreira.
Noto que a 168-170 como máximo vou realmente ben, sen demasiados problemas. Pode dicirse que ese valor de pulsacións é o que me permite lograr o máximo rendemento sen afogarme no cansazo.
Se non chego a esas pulsacións e quédome en, por exemplo 160, porei correr sen problemas, si, pero a unha velocidade notablemente inferior, e si me paso a, por exemplo 173 pulsacións xa me vexo que me costa un mundo respirar, quedando esa parte unicamente para os metros finais nun último sprint antes de chegar á meta.
Entón, todo o meu traballo céntrase en lograr manterme a maior parte posible de tempo nesa zoa, na que o corazón é capaz de bombear o osixeno necesario para que os músculos traballen.
Todo iso procurando sempre adaptarse ás circunstancias do terreo.
Non se trata de correr a 4:20 nin a 4:o-que-sexa, senón de correr de forma que nos manteñamos no noso punto no que podemos dar o maior rendemento.
Un exemplo: pasei polas Pías a ritmo de 4:00. Noutras circunstancias, tras ver ese ritmo no reloxo pensaría en moderar ese ritmo o antes posible, xa que aínda quedaban uns kms. para chegar á casa. Pero non. Nese momento iba a unhas 168 pulsacións, polo que decidín manter o ritmo. Claro, logo ve esa subida pola Gándara ata a rotonda de Babío, e aí non queda outra que reducir o ritmo, xa que de seguir igual, as pulsacións dispararíanseme ata niveis moi altos, provocando que tivese que parar.
Pero, ¿canto reducir?, ¿a 4:40....a 4:50....?, pois non, reducir de tal forma que as pulsacións sigan neses niveis entre 166 e 170, no meu caso.
Tamén teño que dicir que no reloxo non marcara os límites por pulsacións que se poden poñer nas sesións de adestramento que creas e, a veces, pasábame, sobre todo por debaixo.
Noto que, ao final, algo fundamental nas carreiras e a concentración, concentración no que estás a facer en todo momento. Por iso deixei de correr con cascos é música.
Pero si non estás centrado na carreira, os pequenos detalles poden botar ao traste o traballo a facer.
Pasoume varias veces, por exemplo diante do Concello de Narón que, por mor do tráfico, da xente cruzando polas aceiras, semáforos...total, que cando pasei diante de Ink iba a 158 pulsacións...e claro, empecei a acelerar de novo para volver a levalas a ese rango de 166-170.
Non se trataba de pensar que estaba correndo a 4:50 e quería correr a 4:20, non. O que pensei foi que estaba correndo dunha maneira que non estaba aproveitando todo o que podía dar neses momentos.
Logo veñen outras subidas como a Piñeiros no que novamente terás que reducir o ritmo para conseguir cadrar ese valor de pulsacións, pero sempre na certeza de que estarás dando todo o que podes dar nese momento.
Será moito, será pouco, iso xa vai a depender de moitos outros factores, pero creo que é a mellor forma de encarar unha carreira deste tipo.
Xa digo que eu non conseguín facelo todo o longo do percorrido, 16 km., pero si mais do que estaba sendo capaz ata o de agora.
Era a miña terceira volta á ría. A primeira foi en 4:39, a segunda en 4:31 e esta en 4:25.
Se quero baixar de hora e media na media maratón teño que ser capaz de aproximarme a ese 4:20. E serei capaz ou non en función do que poida manterme no meu máximo rendemento e do que ese rendemento sexa capaz de ofrecerme a día de hoxe, que noto que é mais que hai uns meses, e conto que poida seguir mellorando có paso do tempo e os adestramentos, acompañados, eso si, dunha alimentación axeitada.
En Strava:
-Volta á Ría:
www.strava.com/activit...1959218269
Seguímonos lendo.
"Máis lonxe, máis rápido, máis feliz".