Mér, 01 Mai 2019, 17:14
Asunto: Re: Quedada pre-carrera de Arteixo (01/05/2019)
Pois eu ao final non fun da quedada, xa que si a carreira, chega a ser de pago non me acercaría a correr hoxe ata Arteixo, xa que teño máis dunha hora de traxecto.
Cóntovos o que me pasou, o luns sain a correr, fixen 12'5 Kms. sen ningún problema, pero o martes cando me despertei doiame o sóleo onde tiven a recente rotura, fixen estiramentos, puxenlle frío, pero ao facer determinados movementos seguiame molestando bastante. Ao andar nada, so ao baixar escaleiras.
Hoxe cando espertei, noteime mellor, tiña as cousas preparadas, así que vestinme e saín a trotar 2 Kms ao ladiño da casa para probarme, e sorpresa, nengunha molestia correndo.
Así que xa un pouco xusto de tempo tirei para Arteixo, e encima confundínme na autoestrada (vindo de Carballo), e cheguei caseque ata a Coruña.
Así que estaba collendo o dorsal 25' antes do comenzo da carreira.
E comentar que fixen a carreira sen nengún contratempo, saindo de moi atrás moi despazo e indo de menos a máis.
Ca idea de que a máis mínima molestia parar, e agora estou como a mañán,