Lun, 29 Xan 2018, 12:43
Asunto: Re: Trail Series 2018 - TRAIL DE SAN ISIDRO (A Pobra) 18/2/2
E xa temos abertas as inscricións para o seguinte trail do circuito: Trail de San Isidro.
www.trailseries.run
Distancia: 12,5 km.
Desnivel: 730 m+
Horario: 11:00 h.
Tempo límite: 2:15 horas
Saida: A Pobra do Caramiñal-San Isidro de Posmarcos
O Trail de San Isidro, destaca sempre entre o resto das probas do circuto por dúas cousas: por ser o máis técnico e duro de todo o circuito, e polo calor e ánimo que dan os veciños da parroquia de Posmarcos, esperando a cada corredor a carón da meta dando un ambiente propio dunha gran proba de montaña.
Voltamos a pasar por eses paraxes que deixan pegada na retina d@s participantes; e voltamos a subir ao alto do Salgueiro, nesta ocasión na "trepada" máis longa de todo o circuito, e que para dosificar o esforzo lévanos a acortar un pouco a distancia e xeito que se manteña o equilibro co resto das probas.
E para que non perdades costumbre: voltamos a sair pola Corredoira das Prejuntas (ainda non sabes cal é?; pois "prejunta" pola sorpresa que sempre nos garda).