Mar, 25 Abr 2017, 8:53
Asunto: Re: Diario de eumealto
Martes 18
6.62 kms a 5'16''
Aumentamos levemente a distancia, melloramos ostensiblemente o ritmo combinando asfalto e terra. Un tanto fundido no último km e medio, pero sen molestias.
Despóis do entreno tiña cita coa fisio. Atopoume bastante ben inda que non me deu luz verde total para entrenar. Me suxeriu que nas próximas 3 sesións deixe 2 días de descanso entre cada unha. Terei que facerlle caso.
Venres 21
7.38 kms a 5'13''
Con este mes de parón perdín un pouco os hábitos de "runner" e un deles foi acordarme de cargar o pulsómetro regularmente, así que me atopei no comezo do entrenamento coa batería case esgotada. Cronometei a sesión co móvil e corrin por sensacións, 1km de terra e o resto asfalto. Sain bastante tarde e facía fresquiño, o cal propiciou que me atopase cómodo e saiu un ritmo aceptable.
Luns 24
8.47 kms a 5'12''
Entramos en distancias xa algo aceptables. Comecei suave e fun aumentando a partir do 1º km. 100% asfalto, moi ben de sensacións en todo momento, incluso quedándome forzas para facer o último km a 4'56'' por terreo chan. As molestias non están nen se lles esperan