Dom, 21 Set 2014, 17:34
Asunto: Re: Diario de Sanmikel
O vernes me tocou descanso por ir o fisio, e o sábado tamén, para evitar sobrecargas.
Domingo, carreira en Moaña (10k). Levo as zapas de sempre.
Quento 2 km e
non noto nin unha sóa molestia, así que vou sair.
Me encontrei con un compañeiro da zona do salnés, que non sabía que corría, pero vamos a ritmos moi distintos.
Antes da carreira un ambiente impresionante aquí en Moaña. Moi bo tempo, moi boa animación, megafonía ... Moi ben en xeral.
Antes da saída me da a impresión que aquí hai moito corredor de clube de atletismo, e creo que vai haber moito nivel. (Xusto na saída está a pista de atletismo)
Me preparo para sair, pero cometo outra vez o erro de saír no medio (non sei se son precavido, ou temeroso de querer ir diante). Así que salgo tendo que esquivar moita xente durante os primeiros 400 metros (esforzo innecesario).
Hai unha lebre cun globo de 4'00''/km, a que adianto neses primeiros 400 metros.
O recorrido ten 4 voltas e é non ten subidas.
Creo que vou a un ritmo un pouco alto, e non creo que poida aguantar así toda a carreira (iso no km 3), pero sigo. Nos xuntamos 5 ou 6 corredores, e fomos xuntos ata o km6. Eu podía haber tirado un pouco máis, pero me mantiven un pouco conservador por medo a non chegar (será por ser novato). No km 6 se rompe o grupo, e eu decido non seguir a 2 que o romperon, prefiro baixar un pouco o ritmo para intentar chegar (por ser conservador).
Quedamos 3 corredores moi preto en fila india, a uns 5-10 segundos un dos outros (eu no medio)
Pero no último km decido aumentar o ritmo, pois o de atrás me parece que apreta, e quero ver como me responden as pernas.
Aumentei bastante o ritmo, pero non collin o de adiante, e o de atrás tampouco me pasou. Aumenteino tanto, que foi o meu kilómetro máis rápido (3'34''), incluso un casi sprint de 300m na pista de atletismo, que para iso está (a miña primeira carreira nunha pista deste tipo
)
Non sei se tanto, pero o de adiante o rematar me dixo, que xa me valeu, que creía que non chegaba para non deixar adiantalo.
Remato a proba en menos de 39' (Ritmo 3'54'' km) A miña mellor marca. Tampouco hai moito que comparar, so levo 3 carreiras.
Pero notei que non tiven rodaxe suficiente esta semán, pois me costaba en chegar o aire, as pernas respondían ben
Remato moi contento a proba, pero había un nivel impresionante.
Me fun superápido para a ducha (estirar e trotar 5 minutos), pois os nenos corrian en nada, pero resulta que
o rematar de ducharme, me empeza a doer o sóleo
Tiven sorte, había fisioterapeutas, e me acerquei ata alí, e sen esperar moito, me deron unha boa sesión, que espero que me valga para algo. (Moi amables e profesionais
)
Mañan para evitar sobrecargas, creoque vai ser o meu día de descando ( ou se non 5 km a trotar xa veremos; para deixar descansar o sóleo. Pois o Domingo toca "MM Maralba".
Remato coa sensación de que non tiña que haber baixado o ritmo no 8 e 9, por precavido e pouca experiencia
Unha fantástica carreira (con un pelín de calor de mais, vin 25º nun cartel da farmacia, e nun do concello) Os comentarios da organización da carreira mellor os deixo no post da carreira). Sen lugar a dúbida para o ano creo que repito aquí.
Última edición por sanmikel o Xov, 23 Out 2014, 19:16; editado 1 vez